Índice
AVISOS
  • O 10 de setembro do 2015 estará dispoñible nesta web toda a información sobre os programas educativos 2015-2016

  • Pode contactar connosco na dirección gestionim@edu.coruna.es ou no teléfono 981902327

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Servizo Municipal de Educación

Condicións de participación, destinatarios, incrición e prazo

Fichas de solicitude xeral e específica

Acceso e descarga das fichas
Programas educativos do SME Servizo Municipal de Xuventude Servizo Municipal de Deportes Programas educativos doutros servizos municipais Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Programa municipal de traballo con familias

DESCRICIÓN

Prestar ás familias e os menores en situación de maior vulnerabilidade e risco social, os apoios necesarios para o desenvolvemento das súas obrigas e tarefas cotiás, previndo o risco ao que se poden ver expostos, realizando accións de apoio e promoción, de complemento á escolarización, así como desenvolvendo actividades de prevención, formación e divulgación.

OBXECTIVOS

  • Ofrecer apoio socioeducativo integral ás familias, como marco de referencia onde se desenvolven as persoas, promovendo a adquisición de competencias e habilidades para o correcto desenvolvemento das súas funcións parenterais e educativas.
  • Identificar e rexistrar as competencias, fortalezas e debilidades de cada membro da unidade familiar.
  • Revisar a asignación de funcións de cada membro da unidade familiar dentro do sistema. Consensuar as modificacións necesarias.
  • Realizar o proxecto socioeducativo familiar, con contidos diferenciados para cada membro da familia que o necesite.
  • Aplicar os recursos dos que dispoñemos, para previr e atender situacións familiares de vulnerabilidade e/ou risco social.
  • Fomentar a autonomía e a integración no ámbito de todas as familias garantindo o respecto aos seus dereitos. Previr e atender situacións de vulnerabilidade e risco social con especial atención aos menores de idade.
  • Identificar coa familia os recursos comunitarios que poidan dar cobertura ás súas necesidades.
  • Elaborar conxuntamente estratexias de acceso e utilización dos recursos comunitarios.
  • Promover a creación de recursos comunitarios de apoio e axuda mutua ás familia
  • Facilitar espazos de encontro e apoio profesional para familias sobre temas de educación, habilidades sociais, saúde, etc.
  • Crear un grupo profesional de debate e formación no que se acheguen, de xeito continuado, novas vías de actuación.

PERSOAS DESTINATARIAS DO PROGRAMA

Familias e menores ao seu cargo con necesidades de apoio socio educativo. Tamén son destinatarios deste proxecto: a comunidade en xeral e, dentro desta, as entidades e profesionais cunha vinculación directa ou indirecta ao traballo con familias (sistema sanitario, educativo, xurídico, asociativo, laboral, servizos especializados...).

ÍNDICE