Índice
AVISOS
  • O 10 de setembro do 2015 estará dispoñible nesta web toda a información sobre os programas educativos 2015-2016

  • Pode contactar connosco na dirección gestionim@edu.coruna.es ou no teléfono 981902327

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Servizo Municipal de Educación

Condicións de participación, destinatarios, incrición e prazo

Fichas de solicitude xeral e específica

Acceso e descarga das fichas
Programas educativos do SME Servizo Municipal de Xuventude Servizo Municipal de Deportes Programas educativos doutros servizos municipais Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Obradoiros de educación para o consumo da OMIC

Información xeral
Descrición

A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) dispón dunha ampla oferta formativa no eido do consumo.

A través de dinámicas participativas abórdanse diferentes aspectos relacionados coas prácticas diarias co fin de adquirir hábitos de consumo responsables.]

Todas as actividades están dinamizadas por un equipo de educadores/as especializado no eido do consumo responsable e coordinado pola OMIC.

Os diferentes obradoiros están organizados segundo as distintas etapas educativas; deste xeito, os responsables docentes poderán escoller os máis axeitados para o desenvolvemento curricular correspondente.

Ademais, os obradoiros compleméntanse con “Seminarios para Profesores” e “Charlas para nais e pais de alumnos”. Deste xeito toda a comunidade educativa participa no proceso de aprendizaxe en valores de consumo responsable.

1. APRENDER A COMPRAR

1.1. Comprando con lista

1.2. Comprar nunha gran superficie

1.3. Compras por Internet

1.4. De onde veñen as cousas?

1.5. Ir de tendas

1.6. Comercio xusto: se consumes, decides!

2. ALIMENTACIÓN E CONSUMO

2.1. A pirámide dos alimentos

2.2. Alimentación saudable

2.3. Análise das etiquetas dos alimentos

2.4. Froitas e verduras

2.5. Natural e artificial

2.6. Descubrindo os aditivos dos alimentos

3. O CONSUMO NO FOGAR

3.1. Aprendendo economía doméstica

3.2. Produtos do fogar

3.3. Redes sociais (Facebook, Tuenti, Twitter) e servizos de mensaxería instantánea (Whatsapp, Line, Telegram....): seguridade e privacidade.

3.4. Boas prácticas para asegurar a información persoal e os datos dos nosos dispositivos móbiles.

4. PRODUTOS PARA OS MÁIS PEQUENOS

4.1. Analizamos o material escolar

4.2. Construción de xoguetes con material de refugallo

4.3. O vestido e as catro estacións

4.4. Xogar sen xoguetes

5. CONSUMO E MEDIO AMBIENTE

5.1. A compra ecolóxica

5.2. Ecoconsumo

5.3. Don R que R: o xogo dos envases

5.4. As tres erres: redución, reutilización e reciclaxe

5.5. Uso sustentable da auga

5.6. Apaga a luz, acende o planeta

6. CONSUMO E PUBLICIDADE

6.1. Obradoiro: Anuncios e publicidade na prensa e na rúa

6.2. Obradoiro: Anuncios e publicidade na televisión e Internet

6.3. Obradoiro: Os nosos sentidos e o consumo

6.4. Obradoiro: Escaparatismo e merchandising nas tendas

7. DEREITOS DO CONSUMIDOR

7.1. Obradoiro: Arbitraxe de consumo

7.2. Obradoiro: Cales son os nosos dereitos?

7.3. Obradoiro: Reclamando na OMIC

Persoas destinatarias

Alumnado de Educación Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato, Ciclos Formativos e Educación Especial de todos os centros educativos da Coruña.

Período de realización

Curso escolar 2014 - 2015

Condicións do programa

O número máximo de alumnos é de 25 (un aula) en cada obradoiro acompañados por un profesor/a.

Cada obradoiro ten unha duración aproximada de 1 hora e desenvolverase no horario lectivo do centro educativo.

Unha vez que un centro educativo se inscribe co grupo ou grupos nun ou varios obradoiros, poderá planificar as datas dos mesmos de mútuo acordo coa OMIC en función das súas necesidades.

Os obradoiros poden ser realizados nos propios centros educativos ou ben nas instalacións da OMIC da Coruña (R/ Costa da Palloza, 8).

Horario

No horario lectivo dos centros

Custo

Gratuíto

Inscrición centros
Inscrición
Inscrición centros
Contacto
Información de contacto

OMIC. Oficina Municipal de Información ao Consumidor.

Sede: R/ Costa da Palloza, 8. A Coruña 15006

Teléfono: 981 18 98 20

Fax: 981 18 98 21

Correo electrónico: omic@coruna.es

Páxina Web: www.coruna.es/omic

Coordinadora do Programa: Lidia Mª Blanco Iglesias