Índice
AVISOS
  • O 10 de setembro do 2015 estará dispoñible nesta web toda a información sobre os programas educativos 2015-2016

  • Pode contactar connosco na dirección gestionim@edu.coruna.es ou no teléfono 981902327

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Servizo Municipal de Educación

Condicións de participación, destinatarios, incrición e prazo

Fichas de solicitude xeral e específica

Acceso e descarga das fichas
Programas educativos do SME Servizo Municipal de Xuventude Servizo Municipal de Deportes Programas educativos doutros servizos municipais Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Museos Científicos Coruñeses

SEDES

CASA DAS CIENCIAS

Organízase en catro salas adicadas a EXPOSICIONS INTERACTIVAS:

  • Na planta baixa están o Péndulo de Foucault, de 14 metros de altura, que mostra a rotación da terra; e a Incubadora dos poliños na que cada día se ve a eclosión de 10 ovos de galiña.
  • A Sala de experiencias conta cunha oferta de experiencias interactivas coas que explorar fenómenos relacionados coa luz, o movemento, o magnetismo, a percepción...
  • A sala de exposicións temporais acollerá no curso 2014-2015 a titulada Puro swing. A sala estará chea de péndulos con experiencias como a de subir a unha randeeira moi especial, comprender o segredo do botafumeiro, ou descubrir como funcionaban os reloxos antes de que houbese pilas.
  • Palabras da ciencia, na última planta, é unha exposición que axuda a descubrir e reflexionar sobre as noticias que aparecen nos medios de comunicación con módulos interactivos, viñetas, xogos e outros elementos.

PLANETARIO DIXITAL. É unha sala inmersiva con capacidade para 79 persoas, que permite proxectar audiovisuais ou mostrar o ceo de parte do mundo en calquera momento. A oferta inclúe sesións en directo e proxeccións gravadas. Hai programas adaptados a cada idade, mesmo para menores de seis anos.

No curso 2014-2015 estrearase o programa "Ceo profundo", unha espectacular produción sobre os confíns do cosmos e os segredos que aínda esconde.

Nesta sala ofrécense ademáis as seguintes actividades para segundo ciclo de Primaria e Secundaria:

  • Astronomía en directo. Unha sesión de planetario que comeza cunha explicación dos aspectos máis notables do ceo no día da visita, adaptada á idade dos alumnos. A continuación, o planetarista invítaos a compartir as súas dúbidas e curiosidades nunha conversación ilustrada con todos os recursos visuais do planetario digital.
  • OUTROS SERVIZOS: Na Casa das Ciencias os grupos escolares contan con unha consigna.

DOMUS

Está situada na Enseada do Orzán. Conta con case 200 módulos relacionados coa anatomía, inteligencia humana, fisioloxía, xenética, evolución, e outros aspectos que definen ao ser humano como individuo e como especie.

EXPOSICIÓNS

Xogo de neuronas. Pezas da intelixencia humana. Unha rede de neuronas que se construíu coa participación de centos de escolares galegos, un xogo de coordinación que pon a proba as capacidades motoras, unha mesa colaboradora para dar renda solta á capacidade artística, un espazo para relaxarse e gañar unha partida de pimpón mental, un interactivo que mostra o interior do cerebro humano con tecnoloxía de realidade aumentada e moitas outras experiencias dan como resultado unha exposición para explorar a combinación única de intelixencias que caracteriza cada persoa.

TALLERES NA DOMUS:

Laboratorio Aberto
Un espazo para vestir a bata de laboratorio, poñerse os lentes de seguridade e manexar os instrumentos que utilizan os científicos no seu día a día, dende micropipetas a centrifugadoras, pasando por axitadores, básculas, tubos e moito máis.

Ofrécese un experimento para cada nivel de ensino:

1. Educación Secundaria (3º e 4º ESO), Bacharelato e Ciclos Formativos:
- Investiga a vacina do VIH. Experimenta se a vacina para a sida na que traballan os científicos de IrisCaixa podería ser eficaz para protexer á poboación de distintos continentes
- A revolución biotecnolóxica. O alumno transfórmase en biotecnólogo e participa na busca dunha diana para o tratamento contra a aterosclerosis.
- Como se desenvolven os novos fármacos? Para participar na síntese dun novo fármaco que se está a investigar para o Parkinson.

2- Educación Primaria (3º a 6º) e Educación Secundaria (1º e 2º)
- Artistas da prehistoria. Un taller no que converterse nun artista prehistórico e coñecer os materiais, técnicas e temas favoritos dos nosos antepasados.

3. Educación Primaria(1º e 2º)
- ExploraDomus Escola. A cociña é un laboratorio de ciencia! Un taller para explorar a ciencia máis próxima

Información e reservas dos talleres do Laboratorio Aberto: chamando ao teléfono 981 189 840, ou escribindo a domus@casaciencias.org

Magnavisión 3D

A partir do segundo trimestre deste curso estrearase unha nova película, "Titáns da idade de xeo", unha viaxe aos belos e estraños paisaxes xeados da Terra de hai 10.000 anos. Unha era misteriosa que cobra vida cos tigres dentes de sabre, os preguiceiros xigantes, os mamuts e tamén os seres humanos como protagonistas.

OUTROS SERVIZOS: na Domus os grupos escolares contan cunha consigna e un recinto no que poden comer. Aínda que hai máquinas expendedoras de bocadillos e bebidas frías e quentes, a instalación está pensada para que os grupos tomen a comida que eles mesmos traian. A capacidade deste comedor é de 80 a 90 persoas.

AQUARIUM FINISTERRAE

Un centro de educación ambiental en cuxas salas de exposicións se abordan cuestións como a dinámica das mareas, a flora e fauna dos ecosistemas litorais, o ciclo biolóxico de diferentes especies mariñas, e aspectos culturais e sociais relacionados co mar.

A sala Humboldt foi renovada e presenta a exposición sobre acuicultura "Muuultiplicaos". Nela abórdanse cuestións como as especies que se poden cultivar, a perspectiva ambiental, a nutricional, ou aspectos culturais e sociais. O elemento máis singular desta exposición é unha escultura dunha vaca, a tamaño real, decorada con motivos relacionados coa acuicultura: quere facer un paralelismo entre a revolución que supuxo o desenvolvemento da agricultura no Neolítico e a revolución dos culltivos mariños nos nosos tempos.

Os seus contidos inclúen ademais un tanque giratorio ao que se pode dar voltas para observar diferentes compartimentos onde viven crías de especies de cultivo, como a robaliza, linguado, rodaballo ou lumbrigante, ou un gran tanque dedicado á chamada acuicultura multitrófica, un sistema de produción que busca imitar os ciclos naturais e que inclúe unha diversidade de especies mariñas, de modo que os produtos de refugallo dunhas son reciclados e utilizados por outras como fonte de alimento.
Tilapias, anguías, lagostinos, orellas de mar, carpas e pangas son outras das especies que viven nos acuarios de esta exposición. Xogos interactivos, informáticos, unha lupa para observar mostras de algas e pezas que iustran aspectos destacados da acuicultura completan a mostra.

Actividades para escolares NO AQUARIUM

1. Educación Infantil e Primaria

  • Visitas guiadas. Un educador acompaña os alumnos nun percorrido temático polos diferentes espazos do Aquarium.

2. Educación Secundaria

  • Talleres na Charca das Caricias. Utilizando vídeos, instrumentos científicos e recursos dixitais, un educador presenta aspectos curiosos da bioloxía dos peixes e invertebrados mariños do Aquarium.

3. Bacharelato

  • Charlas na Zona-i. Científicos da Universidade da Coruña expoñen en directo os últimos resultados dos seus proxectos de investigación.

4. Todos os niveis educativos

  • OceanoSfera. Un proxector esférico no que se simulan fenómenos naturais que suceden a escala global. Neste curso proxectaranse programas sobre o efecto do quentamento global e a importancia da auga para a vida no noso planeta.
  • Alimentación de focas. Coincidindo co momento en que se dá de comer ás focas, os educadores do Aquarium imparten charlas sobre as características destes mamíferos mariños e sobre o adestramento veterinario que reciben.
  • Falando con peixes. Luns, mércores e venres. Unha actividade na que os alumnos poden falar en directo cun acuarista que se mergulla no tanque do Nautilus. Nestas charlas trátanse cuestións sobre a bioloxía, acuarioloxía, conservación e mantemento biolóxico da fauna do Nautilus e, sobre todo, respóndese ás preguntas dos estudantes.
  • Visitas á zona técnica. Visitas guiadas para grupos de 10-15 alumnos aos laboratorios, salas de filtración e corentena do Aquarium

OUTROS SERVIZOS: no recinto hai unha tenda de recordos e unha cafetaría con restaurante que ofrece comidas para grupos escolares (teléfono 981 217 682).

ÍNDICE