Índice
AVISOS
  • O 10 de setembro do 2015 estará dispoñible nesta web toda a información sobre os programas educativos 2015-2016

  • Pode contactar connosco na dirección gestionim@edu.coruna.es ou no teléfono 981902327

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Servizo Municipal de Educación

Condicións de participación, destinatarios, incrición e prazo

Fichas de solicitude xeral e específica

Acceso e descarga das fichas
Programas educativos do SME Servizo Municipal de Xuventude Servizo Municipal de Deportes Programas educativos doutros servizos municipais Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Vexo, vexo. "Biodiversidade na Coruña"

Información xeral
Descrición

Os que máis saben, din que só se quere, coida e respecta aquilo que se coñece. Por iso encamiñamos os obxectivos deste Programa de Educación Ambiental a dar a coñecer o noso medio natural máis próximo aos máis novos.

Saber o por que e o como dos diferentes ecosistemas que nos rodean. Identificar algúns dos seres vivos que nos acompañan neste pequeno anaco de terra chamado A Coruña. En definitiva, coñecer un pouco máis aos nosos compañeiros de convivencia, a biodiversidade que se move ao redor de nós.

OBXECTIVOS DO PROGRAMA:

  • Axudar aos escolares a adquirir unha conciencia e unha sensibilización adecuada para o coidado do noso contorno máis próximo e inmediato.
  • Axudar a que consigan as aptitudes necesarias para identificar e resolver aqueles problemas que afecten á conservación dos nosos valores naturais e á biodiversidade dos nosos ecosistemas.
  • Preténdese que os alumnos comprendan, investiguen e aprendan, mediante un contacto directo con:
    • a riqueza e variedade de comunidades vexetais e animais, a súa función e importancia no medio en que vivimos e a súa relación entre elas e en particular connosco.
    • as formacións xeolóxicas máis relevantes do noso contorno, como elementos fundamentais da paisaxe que nos rodea.

Persoas destinatarias

Alumnado de E. Infantil de 4 e 5 anos, 1er ciclo de E. Primaria e de E. Especial.

Período de realización

De marzo a xuño de 2015

Novidades para este curso

O presente Programa Escolar baséase nunha serie de itinerarios interpretativos guiados por diferentes espazos naturais da nosa cidade, complementados con actividades na aula.

  • Actividades na aula. A elixir entre:

a) Audiovisual e obradoiro segundo o itinerario elixido. Duración aproximada: 90 minutos:

  • Monte de San Pedro (e Illas de San Pedro): Audiovisual e obradoiro de monicreques e “teatrillo” relacionado coa biodiversidade deste lugar.
  • Punta Herminia: Audiovisual e construción dun “mural da biodiversidade en Punta Herminia”
  • Lagoa de Eirís: Audiovisual e construción dun “cubo trófico” (ou similar), para comprender o funcionamento das cadeas alimenticias.

b) Audiovisual interactivo “A natureza na cidade”. Duración aproximada: 60 minutos.

c) Xogo “as illas verdes”. Duración aproximada: 60 minutos

  • Itinerarios guiados. Duración aproximada: 90 minutos. Os tres itinerarios guiados propostos, entre os que se poderá optar, cada un coas súas actividades propias son:
    • Monte de San Pedro (e Illas de San Pedro)
    • Punta Herminia
    • Lagoa de Eirís


Vexo, vexo

Destinatarios

E. Infantil de 4 e 5 anos, 1er ciclo de E. Primaria e de E. Especial

Duración

Idade preferente

Actividades

Actividade na aula

(a elixir unha)

Audiovisual e obradoiro correspondente ao itinerario elixido

30 min

E.I. 4 e 5 anos e 1er ciclo E.P.

Audiovisual interactivo: “A natureza na cidade”

60 min

1er ciclo de E.P.

Xogo: “As illas verdes”

60 min

1er ciclo de E.P.

Itinerario guiado

(a elixir un)

Monte San Pedro

90 min

E.I. 4 e 5 anos

Punta Herminia

90 min

1º curso E.P.

Lagoa de Eirís

90 min

2º curso E.P.

Material de Apoio

Manual do Profesor

Manual do Alumno

Secuenciación preferente

De marzo a xuño

Contacto
Información de contacto

Guillermo Leira

Teléfono: 981 18 42 00 extensión 643