Índice
AVISOS
  • O 10 de setembro do 2015 estará dispoñible nesta web toda a información sobre os programas educativos 2015-2016

  • Pode contactar connosco na dirección gestionim@edu.coruna.es ou no teléfono 981902327

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Servizo Municipal de Educación

Condicións de participación, destinatarios, incrición e prazo

Fichas de solicitude xeral e específica

Acceso e descarga das fichas
Programas educativos do SME Servizo Municipal de Xuventude Servizo Municipal de Deportes Programas educativos doutros servizos municipais Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

A enerxía que move a miña cidade

Información xeral
Descrición

A enerxía, nas súas distintas manifestacións, é vital para o desenvolvemento das nosas actividades cotiás. A enerxía somática, que obtemos co metabolismo dos alimentos, sería o primeiro elo. A partir de aí, o resto da enerxía obtémola a partir da transformación dos diferentes recursos: centrais térmicas, hidroeléctricas, nucleares, eólicas...

Durante o último século dependemos fundamentalmente dos combustibles fósiles (carbón e petróleo) para o abastecemento de enerxía. Con todo, as crises do petróleo, o progresivo esgotamento dos xacementos de carbón, as repercusións sobre o medio ambiente do seu uso, etc. volveron a vista cara ás denominadas enerxías renovables, que comezan a gañar peso na sociedade (eólica, solar, hidroeléctrica).

Construír un mundo máis sustentable: esta é a filosofía que o Concello da Coruña aplica ás súas instalacións enerxéticas. As súas dependencias municipais producen máis enerxía da que consumen. Isto conséguese coa posta en marcha de novas tecnoloxías que aproveitan para a produción eléctrica tanto o gas natural coma o biogás procedente dos residuos. Novas tecnoloxías, novas aplicacións, que se complementan cun esforzo aforrador e a mellora dos rendementos dos equipos a través de diversas estratexias que inclúen a súa renovación e automatización.

A concienciación dos máis novos representa o noso futuro, é básica para sacar todo o rendemento ás actuacións a favor da eficiencia e aforro enerxético. É necesario que comprendan as novas formas de produción de enerxía e o seu significado para a nosa cidade, que se mentalicen no aforro enerxético.

OBXECTIVOS DO PROGRAMA:

  • Adaptar os nosos hábitos de consumo cara a un aforro enerxético eficaz.
  • Valorar as diferentes formas de produción de enerxía a partir dos recursos naturais e as súas consecuencias ambientais.
  • Distinguir entre enerxías renovables e non renovables.
  • Analizar a situación actual na Coruña dos recursos enerxéticos e a súa evolución.

Persoas destinatarias

Alumnado de E.S.O. Só para centros educativos do municipio.

Período de realización

De outubro de 2014 a xuño de 2015

Novidades para este curso

DESCRICIÓN:

O Programa desenvólvese en tres sesións diferentes:

  • Audiovisual: Proxección comentada na aula con coloquio. Duración aproximada: 60 minutos. A elixir entre: a) “Un mundo de enerxías” b) “As enerxías renovables”.
  • Actividades na aula. Duración aproximada: 60 minutos. Neste caso, poderase elixir entre: a) Xogo de simulación “Eólica si, eólica non” b) “O gran xogo das enerxías”.
  • Visita guiada. Duración aproximada: 90 minutos. “Planta de Coxeración do Antigo Vertedoiro Municipal de Bens”.


A enerxía que move a miña cidade

Destinatarios

E.S.O.

Duración

Idade preferente

Actividades

Audiovisual interactivo (a elixir un)

Un mundo de enerxías

60 min

E.S.O.

As enerxías renovables

60 min

E.S.O.

Actividades na Aula

(a elixir unha)

Xogo de simulación “Eólica sí, eólica non

60 min

3º e 4º de E.S.O.

O gran xogo das enerxías

60 min

1º e 2º de E.S.O.

Visita guiada

Planta de Coxeración do Antigo Vertedoiro Municipal de Bens

90 min

1º, 2º, 3º e 4º E.S.O.

Material de Apoio

Manual do Profesor

Fichas de traballo do Alumno

Secuenciación preferente

De outubro a xuño

Contacto
Información de contacto

Guillermo Leira

Teléfono: 981 18 42 00 extensión 643