Índice
AVISOS
  • O 10 de setembro do 2015 estará dispoñible nesta web toda a información sobre os programas educativos 2015-2016

  • Pode contactar connosco na dirección gestionim@edu.coruna.es ou no teléfono 981902327

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Servizo Municipal de Educación

Condicións de participación, destinatarios, incrición e prazo

Fichas de solicitude xeral e específica

Acceso e descarga das fichas
Programas educativos do SME Servizo Municipal de Xuventude Servizo Municipal de Deportes Programas educativos doutros servizos municipais Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Castro de Elviña

Información xeral
Descrición

O Castro de Elviña é un poboado protohistórico situado entre A Zapateira e Elviña, sobre o val de Feáns e Mesoiro, nun outeiro que domina unha área de suave relevo que aínda conserva as trazas do que foi a paisaxe tradicional de outeiros, valgas, vexetación, camiños, cultivos e arquitectura. Dende o cume do castro contémplase toda a cidade da Coruña nunha amplísima vista.

Está declarado Ben de Interese Cultural (BIC), anteriormente Monumento Histórico Artístico (Decreto 1758 /1962 de 5 de xullo). Dende o ano 1947 leváronse a cabo escavacións arqueolóxicas que continúan na actualidade.

Nas sucesivas escavacións arqueolóxicas realizadas, van aparecendo as estruturas de habitación: as murallas cos seus accesos e as construcións domésticas e doutros usos. Ademais recupéranse diversos materiais que, unha vez estudados, aportan datos para o coñecemento da vida no castro e a cronoloxía: fragmentos de cerámica que conformaron diferentes recipientes, ánforas, pedras de muíños, fíbulas e outros elementos metálicos así como as pezas de ourivería do conxunto coñecido como o Tesouro de Elviña, que se expoñen no Museo Arqueolóxico e Histórico “Castelo de San Antón”.

Persoas destinatarias

Alumnado de Educación Primaria, ESO, Bacharelato e FP.

Período de realización

De xaneiro a xuño de 2015, días lectivos de luns a venres, ás 10:00 h. e ás 11:45 h.

Condicións do programa

PROGRAMA NO CASTRO DE ELVIÑA: PERCORRENDO O CASTRO

Visita guiada ao Castro de Elviña, cun percorrido polo contorno e interior do recinto, con explicación e observación das súas características.

  • As visitas son guiadas e duran entre 60-90 minutos.
  • A adxudicación das visitas non inclúe servizo de autobús, excepto para os CEIP da cidade inscritos a través do programa “Coruña Educa".
  • O centro educativo deberá comunicar calquera modificación con 48 horas de antelación
  • As visitas son guiadas por un monitor.
  • Porase á disposición do profesorado, información e unidades didácticas. Nos casos que se solicite, aportarase outra información complementaria.
  • Os visitantes deberán traer roupa e calzado cómodo para poder moverse polo Castro sen dificultade

Horario

  • Setembro e decembro de 2014, días lectivos de luns a venres, ás 10:00 e ás 11:45 h. (fora do programa “Descubrir Coruña”).
  • De xaneiro a xuño de 2015, días lectivos de luns a venres, ás 10 e ás 11:45 h. (segundo dispoñibilidade orzamentaria nas condicións do programa “Descubrir Coruña”).

*Os Centros que teñan actividade durante o verán, pódense acoller ao “Programa de verán de visitas ao Castro”, a desenvolver entre o día 1 de xullo e o 30 de setembro.

Custo

Todas as visitas son gratuítas e con previa inscrición.

Inscrición centros

A través do programa “Coruña de aventura: visitas escolares”, según as propias características do programa ou no Museo Arqueolóxico e Histórico “Castelo de San Antón”

Novidades para este curso

Material didáctico do programa:

  1. Información para o Profesorado.
  2. Material para o 1º y 2º ciclo de Primaria
    1. Unidade 1: Coñecemos o Castro.
  3. Material para o alumnado de 3º ciclo de E. Primaria, ESO, Bacharelato e FP.
    1. Unidade 2: Situación do Castro e características xerais.
    2. Unidade 3: Arquitectura do Castro.
    3. Unidade 4: Do Castro ao Museo (a realizar en combinación co Programa “Un Paseo pola Historia” do Museo Arqueolóxico).

Máis información

Punto de encontro: os autobuses deberán presentarse na parada do bus no vial do Campus de Elviña ao Campus da Zapateira na Universidade de A Coruña. Ou directamente na entrada ao castro, onde a guía recibirá ao grupo.

Centros onde se oferta

Pódense acolle ao programa didáctico do castro de Elviña todo tipo de centros educativos.

Inscrición
Inscrición centros

A través do programa “Coruña de aventura: visitas escolares”, según as propias características do programa ou no Museo Arqueolóxico e Histórico “Castelo de San Antón”

Contacto
Información de contacto
  • Teléfono: 98118 98 50
  • Fax: 98118 98 51
  • Correo electrónico: arqueovisitas@coruna.es
  • Horario xeral de apertura ao público (visitas guiadas para o público):
    • De xullo a setembro: xoves ás 19.00 h. Sábados, domingos e festivos ás 12:00 h.
    • De outubro a xuño: domingos ás 12:00 h.
  • Coordinación Didáctica: Ana Martínez Arenaz e Monserrat Ferro Torres