Índice
AVISOS
  • O 10 de setembro do 2015 estará dispoñible nesta web toda a información sobre os programas educativos 2015-2016

  • Pode contactar connosco na dirección gestionim@edu.coruna.es ou no teléfono 981902327

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Servizo Municipal de Educación

Condicións de participación, destinatarios, incrición e prazo

Fichas de solicitude xeral e específica

Acceso e descarga das fichas
Programas educativos do SME Servizo Municipal de Xuventude Servizo Municipal de Deportes Programas educativos doutros servizos municipais Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Coruña Smart City para mocidade Smart

Información xeral
Descrición

Actividade formativa cuxo obxectivo é dar a coñecer aos escolares que é unha Smart City ou cidade intelixente, por que A Coruña o é e cales son as vantaxes que Coruña Smart City ten para eles.
Partindo dunha introdución ao concepto de Smart City, exporanse aos escolares os retos das cidades do futuro e como diferentes cidades do mundo, as coñecidas como Smart Cities, están a resolvelos a partir de Smart Ideas: ideas sinxelas, innovadoras, baseadas na tecnoloxía e con forte compoñente de eficiencia e sustentabilidade.

O programa Coruña Smart City para mozos Smart está composto por dúas actividades:

  • Actividad formativa: Formación, adaptada a todas as idades, onde se introducirá ao almunado aos sistemas baseados na xeolocalización de elementos sobre o terreo, un campo descoñecido para a maioría deles pero sen dúbida presente nas súas vidas cada día a través de internet e cunhas posibilidades educativas amplas e descoñecidas para moitos. O obxectivo desta acción é explicar o proceso de creación de mapas temáticos da cidade.
  • Concurso School Smart Ideas: Para finalizar a sesión exporase ao alumnado a presentación voluntaria de Smart Ideas que lles gustaría que levasen a cabo na Coruña. Para crear unha Smart Idea terán que imaxinar como lles gustaría que fose a Coruña do futuro e expor un pequeno proxecto dirixido ao ámbito urbano, que teñan un enfoque sustentable e estean apoiadas nas novas tecnoloxías.
Persoas destinatarias

Alumnado de 3º e 4º de ESO

Condicións do programa

As aulas deberán dispor dun proxector de vídeo

Horario

A actividade está exposta para dúas sesións de 50 minutos:

  • Nunha primeira, levarase a cabo unha explicación xenérica das accións e proxectos piloto que se están levando a cabo na Coruña.
  • Nunha segunda, profundizarase sobre as oportunidades e vantaxes que Coruña Smart City ofrece aos mozos coruñeses
Inscrición centros
Máis información

Contido da actividade

  • Introdución ás Smart Cities. Retos das cidades do futuro
  • Que son as Smart Ideas?
  • Coruña Smart City. Proxecto. Vantaxes e formas de uso para os mozos coruñeses
  • Que me aporta Coruña Smart City?
  • Que podo aportar eu a Coruña Smart City?
  • Coruña Smart City. Mapas temáticos en dispositivos móbiles
  • Actividade voluntaria. Concurso de Smart Ideas
Inscrición
Inscrición centros
Contacto
Información de contacto

Patricia García
628 818 372
comunicacion.smart@coruna.es