Índice
AVISOS
  • O 10 de setembro do 2015 estará dispoñible nesta web toda a información sobre os programas educativos 2015-2016

  • Pode contactar connosco na dirección gestionim@edu.coruna.es ou no teléfono 981902327

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Servizo Municipal de Educación

Condicións de participación, destinatarios, incrición e prazo

Fichas de solicitude xeral e específica

Acceso e descarga das fichas
Programas educativos do SME Servizo Municipal de Xuventude Servizo Municipal de Deportes Programas educativos doutros servizos municipais Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Deporte no Centro

Información xeral
Descrición

É un programa integral de actividades físico-deportivas para o alumnado dos centros educativos públicos da cidade. As propostas deportivas realízanse en horario extraescolar, nas propias instalacións dos centros e, para eventos e competicións, nas instalacións deportivas municipais

Persoas destinatarias

Alumnado desde 2º ciclo de Educación Infantil até alumnado de 1º a 6º de Primaria, ESO, Bacharelato e FP de Grado Medio e Superior. Poderán acollerse participantes da contorna do centro, aínda que non estén matriculados en él, sempre que sexa xustificada a sua participación e o Consello Escolar do centro receptor así o aprobe.

- As solicitudes de escolares con N.E.E., serán valoradas polo SME en función da adecuación do programa as súas necesidades e dispoñibilidade de recursos.

Período de realización

Do 1 de outubro de 2014 ao 29 de maio de 2015

Horario

_ De luns a venres, das 16.00 ás 18.00 h. Sesións de dúas horas alternas á semana

_ En actividades especiais* ou competicións, este horario pode verse incrementado nunha hora.

*Actividades especiais

Son aquelas actividades que se realizan puntualmente dentro do programa, para compartir aficións con outros participantes do mesmo:

  • Encontros Lúdicos: Son propostas de actividades psicomotrices para escolares de Educación Infantil, e para os participantes nas actividades de xogos e xogos rítmicos.
  • Encontros Deportivos: Báseanse na realización de partidos para o alumnado da etapa de Educación Primaria e Secundaria que participan nas escolas de predeporte, multideporte, atletismo, actividades de loita e tenis, agrupados por edades e/ou deportes.
  • Exhibicións: Para todos os participantes nas actividades que teñen base musical e/ou coreográfica programaranse exhibicións ou mostras nas que se amose todo o aprendido no curso
Custo

As familias deberán formalizar a súa participación no programa nas fichas de inscrición que lles facilitarán as ANPAS de cada centro e as cotas quedarán domiciliadas (sen cargo dos gastos bancarios de xestión de recibos) en 2 prazos: até decembro de 2014 e de xaneiro a maio de 2015.

FAMILIAS DE COTA TRIMESTRAL

De outubro a decembro de 2014

  • 1 fillo/a: 13€ por cada actividade
  • 2 fillos/as: 10,40€ por cada actividade e fillo/a
  • 3 fillos/as: 9,10€ por cada actividade e fillo/a
  • Máis de 3 fillos/as: 7,80€ por cada actividade e fillo/a

De xaneiro a maio de 2015*

  • 1 fillo/a: 20€ por cada actividade
  • 2 fillos/as: 16€ por cada actividade e fillo/a
  • 3 fillos/as: 14€ por cada actividade e fillo/a
  • Máis de 3 fillos/as: 12€ por cada actividade e fillo/a

* A partires de xaneiro de 2015, as cotas poderían ser actualizadas en función da subida do IPC correspondente ao ano anterior ou na contía que determine o Servizo Municipal de Educación .

As cotas de inscrición inclúen toda a dotación do equipamento, material e transporte necesario para o desenvolvemento das actividades, así como un seguro de accidentes para os participantes.

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 10 de setembro ao 10 de outubro

Inscrición alumnado

No Local da ANPA de cada centro educativo no que se realice a actividade.

1º PRAZO: Do 2 ao 13 de xuño de 2014

2º PRAZO: Do 10 ao 19 de setembro de 2014

A ratio mínima para formar grupo será de 10 e a máxima será de 20 participantes a partir do cal abrirase unha listaxe de agarda.

Para formalizar a inscrición Deporte no Centro deberase entregar a ficha de inscrición debidamente cumprimentada e abonar a cota trimestral correspondente á modalidade de participación solicitada. Unha vez comezado o programa, poderá haber novas altas sempre e cando queden prazas vacantes no grupo de idade que se solicita. As solicitudes faranse na AMPA do propio centro educativo.

Máis información

MODALIDADES DEPORTIVAS

  • Educación Infantil: xogos, xogos rítmicos, prepatinaxe (I) e xogos de taboleiro
  • 1º ciclo de Educación Primaria: EducaDeporte (actividades orientadas ao desenvolvemento das bases psicomotrices para facilitar a práctica deportiva posterior), ritmo, prepatinaxe (II) e prexadrez
  • 2º e 3º ciclo de Educación Primaria: baloncesto (I), fútbol sala (I), tenis (I), balonman(I), minideporte(I), atletismo(I), habilidades de loita(I), golf(I), baile moderno(I), ximnasia rítmica(I), aerobic(I), patinaxe(I), hockey(I), xadrez(I).
  • Propostas para ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior: baloncesto (II), fútbol sala (II), tenis (II), balonman(II), minideporte(II), atletismo(II), habilidades de loita(II), golf(I), baile moderno(II), ximnasia rítmica(II), aerobic(II), patinaxe(II), hockey(II), xadrez(II).
Entidades colaboradoras

Federación Provincial de Anpas de Centros Públicos

C/ Orzán, 21

C.P. 15002

ocio@fedapascoruna.org

INFORMACIÓN RELACIONADA Díptico Deporte no Centro (3,56 MB)
Inscrición
Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 10 de setembro ao 10 de outubro

Inscrición alumnado

No Local da ANPA de cada centro educativo no que se realice a actividade.

1º PRAZO: Do 2 ao 13 de xuño de 2014

2º PRAZO: Do 10 ao 19 de setembro de 2014

A ratio mínima para formar grupo será de 10 e a máxima será de 20 participantes a partir do cal abrirase unha listaxe de agarda.

Para formalizar a inscrición Deporte no Centro deberase entregar a ficha de inscrición debidamente cumprimentada e abonar a cota trimestral correspondente á modalidade de participación solicitada. Unha vez comezado o programa, poderá haber novas altas sempre e cando queden prazas vacantes no grupo de idade que se solicita. As solicitudes faranse na AMPA do propio centro educativo.

Contacto
Información de contacto

Patricia Lesta Zas

educacion@coruna.es

Tel. 981 18 42 00

Fax: 981 18 43 70