Índice
AVISOS
  • O 10 de setembro do 2015 estará dispoñible nesta web toda a información sobre os programas educativos 2015-2016

  • Pode contactar connosco na dirección gestionim@edu.coruna.es ou no teléfono 981902327

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Servizo Municipal de Educación

Condicións de participación, destinatarios, incrición e prazo

Fichas de solicitude xeral e específica

Acceso e descarga das fichas
Programas educativos do SME Servizo Municipal de Xuventude Servizo Municipal de Deportes Programas educativos doutros servizos municipais Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Educa saúde

Información xeral
Descrición

Programa de prevención e formación que aborda a saúde dunha forma integral, creando e ensinando hábitos de vida saudable desde a infancia.

Desenvólvese en tres ámbitos fundamentais: físico, psicolóxico e relacional. O programa inclúe tamén ás familias como axente determinante na transmisión destas condutas.

Impartirase tamén nos centros de educación secundaria desenvolvéndose os contidos en catro bloques:

  • Trastornos de conduta alimentaria. Fálase de alimentación saudable, mitos sobre a alimentación, os diferentes referentes de beleza ao longo dos anos e, finalmente, danse unha serie de indicativos que poderían detectar o inicio de trastornos relacionados coa alimentación.
  • Violencia e a súa prevención. Sobre o respecto e empatía cara ao outro, os celos nas relacións amorosas e condutas e comportamentos que son a antesala dalgún tipo de violencia como a violencia de xénero ou o bulling.
  • Novas tecnoloxías. Neste bloque trátanse aspectos como o uso das Tics, os riscos e beneficios da súa utilización. Céntrase no sexting, o grooming e o ciberbulling, ofrecendo aos participantes consellos sobre o correcto uso das novas tecnoloxías e redes sociais, así como as consecuencias da súa mala utilización.
  • Educación afectivo-sexual. Tratarase cos alumnos e alumnas conceptos básicos en canto a fisioloxía, diferentes tipos de relacións sexuais, anticoncepción, enfermidades de transmisión sexual ou mitos ao redor da sexualidade.

Persoas destinatarias

Alumnado de educación infantil (0 a 6 anos), educación primaria, educación secundaria (12 a 18 anos) e educación especial así como ás súas familias.

Período de realización

Curso escolar 2014-2015

Horario

Mañás de 09:00h. a 14:00h. horas no centro educativo cunha duración de hora e media por sesión e grupo.

Tardes de 16:00h. a 17:30h. horas dirixido ás familias. As que teñan que vir cos seus fillos ou fillas poden deixalos nos obradoiros emocionais nos que tamén se desenvolverán actividades de educación para a saúde.

Custo

Gratuíto

Inscrición centros

Os centros educativos participarán no programa dacordo co Servizo Municipal de Educación e previa aprobación do Consello Escolar e inclusión na Programación Xeral Anual.

Inscrición alumnos

Non se precisa.

Centros onde se oferta

O programa realizarase nos seguintes centros:

  • CEIP Concepción Arenal
  • Colexio Fogar de Santa Margarida
  • Colexio A Grande obra de Atocha
  • CEIP José Cornide Saavedra

E nas escolas infantís municipais:

  • EIM Los Rosales
  • EI Carmen Cervigón
  • EIM Carricanta
  • EIM Arela

E nos centros de secundaria:

  • Monelos
  • Urbano Lugrís
  • Sardiñeira
  • Monte das Moas
  • Escravas
  • San José de Calasanz

Inscrición
Inscrición centros

Os centros educativos participarán no programa dacordo co Servizo Municipal de Educación e previa aprobación do Consello Escolar e inclusión na Programación Xeral Anual.

Inscrición alumnos

Non se precisa.

Contacto
Información de contacto

Ana Botana Pérez

educacion@coruna.es

Tel. 981 18 42 00

Fax: 981 18 43 70