Índice
AVISOS
  • O 10 de setembro do 2015 estará dispoñible nesta web toda a información sobre os programas educativos 2015-2016

  • Pode contactar connosco na dirección gestionim@edu.coruna.es ou no teléfono 981902327

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Servizo Municipal de Educación

Condicións de participación, destinatarios, incrición e prazo

Fichas de solicitude xeral e específica

Acceso e descarga das fichas
Programas educativos do SME Servizo Municipal de Xuventude Servizo Municipal de Deportes Programas educativos doutros servizos municipais Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

I Torneo de debate escolar

Presentación do primeiro Torneo Municipal de Debate Escolar

Participan 35 equipos integrados por 175 alumnas e alumnos de 15 centros de Educación Secundaria da cidade que terán que debater sobre a cuestión "Determinan os hábitos actuais da xuventude o seu rendemento escolar?"

O concelleiro de Educación, Deportes e Xuventude, Francisco Mourelo, presentou esta mañá o primeiro Torneo Municipal do Debate Escolar, acompañado pola organizadora da iniciativa, Alba Formoso, no que participan 35 equipos integrados por 175 alumnas e alumnos que estudan ESO e Bacharelato en 15 centros de educación Secundaria da cidade: os colexios Compañía de María, Maristas Cristo Rey, Padres Franciscanos, LiceoL a Paz, Montegrande, Santo Domingo, Esclavas del Sagrado Corazón de Jesús, Fogar de Santa Margarita, Rías Altas, a Grande Obra de Atocha, San Juan Bosco Salesianos, Peñarredonda; e os institutos Monte das Moas, Menéndez Pidal Zalaeta e Eusebio da Guarda.

Presentación debate escolar
O concelleiro de Educación, Francisco Mourelo, xunto á organizadora do primeiro Torneo Municipal do Debate Escolar, Alba Formoso

"Esta iniciativa pioneira na Coruña cumpre infinidade de obxectivos educativos. Obxectivos como mellorar a lectura comprensiva por medio da análise da información; aprender a escoitar e ser asertivo; expresar oralmente e de forma adecuada o pensamento propio; practicar a capacidade argumentativa; adquirir fluidez oral e comunicación non verbal; traballar en equipo; e adquirir valores como o respecto e a tolerancia ante a discrepancia de ideas", destacou Mourelo.

Neste sentido, o concelleiro explicou a dinámica do torneo que xirará arredor da pregunta "Determinan os hábitos actuais da xuventude o seu rendemento escolar?", cuestión á que farán fronte cada un dos grupos. Neste sentido, cada centro estará representado por un, dous ou ata tres equipos, formados por catro alumnos, podendo dispoñer dun quinto membro responsable da documentación que axude e fundamente a intervención dos oradores do seu equipo. Cada participante será libre de debater en calquera dos idiomas oficiais, galego ou castelán.

"A intención do título do debate é o de provocar nos alumnos unha mentalidade autocrítica respecto do seu comportamento académico, máis aló das críticas clásicas sobre a eficacia do sistema educativo ou a motivación ou non dos profesores; á vez que reflexionan sobre o que realmente poñen da súa parte para obter os resultados que obteñen", explicou Mourelo.

O concelleiro indicou que cada equipo investigará e preparará dúas propostas: unha a favor e outra en contra; e, antes de comezar o debate, sortearase a proposta que defenderá cada equipo. Todos os debates serán arbitrados e avaliados por xuíces expertos. Estes actuarán como moderadores valorando a intervención dos equipos cos seguintes criterios:

  • Estrutura da comunicación oral.
  • Procura e análise de información.
  • Selección de fontes de información e de evidencias nas que se basea o razoamento.
  • Modulación da voz, dicción e vocabulario.
  • Uso de xestos, miradas e dominio do espazo.
  • Elaboración de argumentos relevantes e rigorosos co tema.
  • Capacidade e rapidez para o enfrontamento dialéctico.
  • Traballo en equipo.

Respecto ao desenvolvemento dos torneos, organizaranse da seguinte maneira:

- Fase preliminar, que se desenvolverá no CIFP Paseo das Pontes, os días 20 e 23 de febreiro, de 15.30 a 20.00 horas. Constará de varias roldas, onde os equipos intervirán en debates eliminatorios. Finalizadas esta fase, os equipos ordenaranse segundo a puntuación obtida, clasificándose para a fase final os equipos coa puntuación máis alta.

- A fase final desenvolverase o día 24 de febreiro. Constará dunha primeira rolda cos cuartos de final e semifinais que se desenvolverán en horario de mañá (de 9:00h a 14:00h) no CIFP Paseo das Pontes. “A final realizarase no Ágora, onde se enfrontarán os dous equipos finalistas cun xuíz de excepción: Manuel Campo Vidal, moderador histórico do primeiro debate televisado que impartirá unha conferencia sobre oratoria ás persoas asistentes ao acto mentres o xurado delibera o veredicto final”, destacou o concelleiro. A final levarase a cabo desde as 16:30h.

"Este torneo -continuou- é a oitava acción lingüística do programa educativo municipal Coruña Linguas e ten como obxectivo prioritario organizar o debate público entre os estudantes de secundaria coruñeses para que adquiran e practiquen unha capacidade dialéctica e argumentativa, así como unha serie de competencias estratéxicas tanto en galego como en castelán, que lles ensinen a convencer pola demostración obxectiva de ideas e non pola especulación e a demagoxia".

O concelleiro de educación explicou que, durante o primeiro trimestre deste curso escolar, impartiuse no Ágora formación aos profesores de cada un dos centros participantes responsables de cada un dos equipos. Estes profesores actúan como guías e orientadores, ensinando recursos técnicos e preparando cos estudantes a estrutura da súa intervención nos diferentes debates. En total, os alumnos e profesores participantes recibirán, ata o próximo 21 de febreiro, 40 horas de formación presencial e online.

Fonte: www.coruna.es