Índice
AVISOS
  • O 10 de setembro do 2015 estará dispoñible nesta web toda a información sobre os programas educativos 2015-2016

  • Pode contactar connosco na dirección gestionim@edu.coruna.es ou no teléfono 981902327

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Servizo Municipal de Educación

Condicións de participación, destinatarios, incrición e prazo

Fichas de solicitude xeral e específica

Acceso e descarga das fichas
Programas educativos do SME Servizo Municipal de Xuventude Servizo Municipal de Deportes Programas educativos doutros servizos municipais Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

O teatro das emocións

Información xeral
Descrición

O teatro das emocións pretende ser un espazo no que se traballe, a través do teatro, as habilidades sociais, comunicativas e emocionais dos nenos e nenas con Trastorno del Espectro Autista (TEA) nun contexto inclusivo.

O obradoiro realízase coa colaboración de ASPANAES (Asociación de Pais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista da Coruña).

Persoas destinatarias

Dirixido a escolares de primaria e especialmente aqueles con Trastorno do Espectro Autista (TEA).

Prazas limitadas.

Período de realización

Desde o 6 de outubro de 2014 ata o 27 de maio de 2015.

Condicións do programa

As solicitudes se valorarán en función da adecuación do programa ás súas necesidades e as prazas dispoñibles, dando preferencia aos residentes no Concello da Coruña. Requírese a presentación de diagnóstico.

Horario

O obradoiro impartirase no Espazo de Iniciativas Xuvenís (EIX) na rúa Matadero, 68 – baixo (A Coruña).

Luns e mércores de 18:15 a 19:30 horas.

Custo

40 €/mes

Inscrición alumnos

Ficha de solicitude específica

Do 10 ao 30 de setembro de 2014

Enviar o documento do diagnóstico ao correo electrónico: oteatrodasemocions@gmail.com

Máis información

OBXECTIVOS

  1. Compartir e gozar da actividade de teatro, aprendendo tamén entre todos, habilidades sociais e emocionais nun contexto inclusivo.
  2. Favorecer e mellorar as capacidades de comunicación interpersoal.
  3. Coñecemento doutros nenos e nenas doutras escolas.
  4. Xerar e potenciar habilidades de autonomía e independencia.

CONTIDOS

  1. Expresión corporal e psicomotricidade.
  2. Xogos de creatividade, de danza e ritmo
  3. Escenificación ligada a improvisación (que impliquen contacto físico …)
  4. Roles (animais, persoas …), Mimo
  5. Representación do proxecto ao final do curso

METODOLOXÍA

  1. Adaptada ás diferentes idades e necesidades dos escolares, cun enfoque activo participativo e lúdico.
  2. A idea final é unha representación na que se vexa o traballo feito no curso.

RECURSOS

  1. Equipo docente formado por un profesor de teatro con experiencia en persoas con Diversidade Funcional e unha maestra especialista en audición e linguaxe e con experiencia en TEA e ocio.
  2. Recursos materiais adaptados ao alumnado participante.

AVALIACIÓN

Mediante reunións e enquisas ás familias.

Centros onde se oferta

Aberto a todos os centros educativos.

Inscrición
Inscrición alumnos

Ficha de solicitude específica

Do 10 ao 30 de setembro de 2014

Enviar o documento do diagnóstico ao correo electrónico: oteatrodasemocions@gmail.com

Contacto
Información de contacto

Ana Botana Pérez

www.edu.coruna.es

educacion@coruna.es

Tel. 981 18 42 00

Fax: 981 18 43 70