Índice
AVISOS
  • O 10 de setembro do 2015 estará dispoñible nesta web toda a información sobre os programas educativos 2015-2016

  • Pode contactar connosco na dirección gestionim@edu.coruna.es ou no teléfono 981902327

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Servizo Municipal de Educación

Condicións de participación, destinatarios, incrición e prazo

Fichas de solicitude xeral e específica

Acceso e descarga das fichas
Programas educativos do SME Servizo Municipal de Xuventude Servizo Municipal de Deportes Programas educativos doutros servizos municipais Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Rutas Urbanas Animadas

Información xeral
Descrición

Percorridos a pé pola cidade para escolares desde os tres até os oito anos, co obxecto de que coñezan a súa cidade á vez que adquiren valores e actitudes cívicas.

  • Ruta 2 e 3 anos. UN XARDÍN DE SENSACIÓNS* (Xardíns de Méndez Núñez _ zona reloxo floral) *

[*Ruta pendente de moficación para o curso 2014/2015]

Temática: Unha aproximación aos espazos verdes da cidade a través dos elementos da natureza

Competencias: Coñecemento e interacción co mundo físico. Lingüística

  • Ruta 4 anos. HISTORIAS DE MARÍA PITA (Praza de María Pita)

Temática: Un espazo histórico-cultural no que poder vivenciar e recrear o feito histórico da batalla de Mª Pita.

Competencias: Social e cidadá. Lingüística

  • Ruta 5 anos. UN MUSEO AO AIRE LIBRE (Xardíns Méndez Núñez _ zona monumento Curros Enríquez)

Temática: Unha zona dos xardíns de Méndez Núñez que permite profundizar na arte de observar, de escoitar, de construir e de comparar.

Competencias: Cultural e artística. Linguística

  • Ruta 1º EP. XARDÍN DE SAN CARLOS: MEMORIAS DUNHA BATALLA (Xardín de San Carlos e Museo Histórico Militar)

Temática: Un espazo singular no que conxugar natureza e historia a través dos elementos que compoñen o lugar.

Competencias: Coñecemento e interacción co mundo físico. Social e cidadana. Linguística

  • Ruta 2º EP. TESOUROS DE MARÍA PITA (Praza de María Pita)

Temática: coñecer con máis detalle a praza de María Pita e os segredos que esconde unha das zoas máis emblemáticas da cidade.

Competencias: Competencia social e cidadana. Competencia matemática. Linguística

Persoas destinatarias

Alumnado do último curso das escolas infantis municipais (3º EI).

Alumnado de Educación Infantil e do primeiro ciclo de Educación Primaria dos CEIP do concello.

Período de realización

O programa das Rutas Urbanas Animadas realizarase durante os meses de marzo a maio de 2015.

Condicións do programa
  • Necesidade da presencia do persoal docente co grupo e do persoal de apoio no desenvolvemento da ruta.
  • O nº máximo de acompañantes será dun titor/a por grupo-clase, e a maiores un acompañante por cada escolar con NEE (se o centro o considera necesario)
  • As rutas poderán anularse debido ás inclemencias do tempo. No caso de anulación, asignarase outra data de realización. No caso de non ser posible devolverase a cota.
  • No caso de que a demanda de rutas exceda os máximos sinalados para cada unha delas, procederase á adxudicación por rigorosa orde de inscrición.

Horario

Dúas sesións diarias cunha duración aproximada de 80 minutos:

  • de 10:00 a 11:20 h.
  • de 11:30 a 12:50 h.

Custo

1,50 € por alumno/a.

Unha vez confirmadas as rutas e elaborado o calendario definitivo notificarase o prazo e modo de ingreso da cota.

Inscrición centros
Inscrición
Inscrición centros
Contacto
Información de contacto

Susana Vara Bilbao
educacion@coruna.es

Tel. 981 18 42 00 ext. 12047
Fax: 981 18 43 7