Índice
AVISOS
  • O 10 de setembro do 2015 estará dispoñible nesta web toda a información sobre os programas educativos 2015-2016

  • Pode contactar connosco na dirección gestionim@edu.coruna.es ou no teléfono 981902327

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Servizo Municipal de Educación

Condicións de participación, destinatarios, incrición e prazo

Fichas de solicitude xeral e específica

Acceso e descarga das fichas
Programas educativos do SME Servizo Municipal de Xuventude Servizo Municipal de Deportes Programas educativos doutros servizos municipais Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Tarxeta Millenium. Bus-escolar

Información xeral
Descrición

A actual tarxeta de transporte é o CARTÓN MILLENNIUM ESCOLAR.

Para a súa obtención, o solicitante deberá asinar un contrato que se lle facilitará en ventanilla ao presentar a solicitude e documentación. No caso de que o solicitante sexa un menor de idade, a solicitude estará asinada por un responsable (pai, nai ou titor) maior de idade.

A tarxeta Millennium Escolar é gratuíta para os titulares que reúnan os requisitos deste título de transporte. Ten validez anual a partir do momento da concesión, sempre que se manteña empadroado no Concello da Coruña. É de renovación anual, previa solicitude e comprobación dos requisitos esixidos.

O moedeiro poderá cargarse, cun importe mínimo de 5€ e máximo de 60€, en calquera oficina de Nova Galicia Banco a partires do día seguinte á obtención do cartón.

Persoas destinatarias

Persoas empadroadas no Concello da Coruña

Condicións do programa
  • Ter idade comprendida entre 3 e 25 anos.
  • Estar empadroado no Concello da Coruña cunha antigüidade mínima de 6 meses.
  • Estar matriculado en centros homologados pola Consellería competente en materia de educación.
  • Que os estudos cursados teñan 15 ou máis horas lectivas á semana (para a súa xustificación presentarase un certificado do centro en que se cursen os estudos).
  • Cumprir as estipulacións establecidas no réxime económico, é dicir, non superar 40.000 € brutos por unidade familiar, sendo incrementada esta cantidade en 5.000 € por filloa maiores do solicitante. Nos supostos de separación ou divorcio, a renta anual bruta por unidade familiar non poderá superar os 24.000 € incrementándose en 3.000 € por fillo a mayores.
Custo

O moedeiro poderá cargarse, cun importe mínimo de 5€ e máximo de 60€, en calquera oficina de Nova Galicia Banco a partires do día seguinte á obtención do cartón

RÉXIME ECONÓMICO:

A efectos da obtención da tarxeta, a renda familiar calcularase pola agregación dos ingresos de calquera natureza obtidos, por cada un dos membros computables da unidade familiar.

Enténdese, a estes efectos, por unidade familiar:

a) En caso de matrimonio non separado legalmente: A integrada polos cónxuxes e, se os houber:

1. Os fillos menores, con excepción dos que co consentimento dos pais vivan independentemente destes.

2. Os fillos solteiros menores de 25 anos e maiores incapacitados xudicialmente suxeitos a patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

b) En defecto de matrimonio ou nos casos de separación legal: A formada polo pai ou a nai e a totalidade dos fillos que convivan cun ou outra e reúnan os requisitos sinalados para a modalidade anterior.

A determinación dos membros da unidade familiar realizarase atendendo á situación existente o día 31 de decembro.

Inscrición alumnos

A documentación presentarase nas Dependencias da Estación de Autobuses (C/ Cabaleiros, 21) ou nos Rexistros Municipais situados no Palacio Municipal de María Pita, no Forum Metropolitano ou no Centro Sociocultural Ágora, de luns a venres en horario de atención ao cidadán.

DOCUMENTACIÓN

1. Fotocopia da matrícula para o curso 2014-15.

2. Orixinal e fotocopia do DNI ou no seu caso o permiso de residencia, do interesado se é maior de 14 anos e do pai, nai ou titor se é menor de idade.

3. Declaración na que se autoriza ao Concello ao acceso dos datos fiscais necesarios para comprobar o nivel de renda anual (este impreso será entregado directamente en portelo ou poderá ser descargado na páxina web do Concello da Coruña: www.coruna.es).

4. Orixinal e fotocopia da matrícula do centro escolar. Non serán válidas as reservas de prazas ou as solicitudes de matrícula.

Inscrición
Inscrición alumnos

A documentación presentarase nas Dependencias da Estación de Autobuses (C/ Cabaleiros, 21) ou nos Rexistros Municipais situados no Palacio Municipal de María Pita, no Forum Metropolitano ou no Centro Sociocultural Ágora, de luns a venres en horario de atención ao cidadán.

DOCUMENTACIÓN

1. Fotocopia da matrícula para o curso 2014-15.

2. Orixinal e fotocopia do DNI ou no seu caso o permiso de residencia, do interesado se é maior de 14 anos e do pai, nai ou titor se é menor de idade.

3. Declaración na que se autoriza ao Concello ao acceso dos datos fiscais necesarios para comprobar o nivel de renda anual (este impreso será entregado directamente en portelo ou poderá ser descargado na páxina web do Concello da Coruña: www.coruna.es).

4. Orixinal e fotocopia da matrícula do centro escolar. Non serán válidas as reservas de prazas ou as solicitudes de matrícula.

Contacto
Información de contacto

COORDINACIÓN:

Área de Seguridade e Movilidade

Departamento de Movilidade

Sede: Estación de Autobuses (calle Caballeros, 21).

Teléfono: 981 18 98 60 Fax: 981 18 43 14