Índice
AVISOS
  • O 10 de setembro do 2015 estará dispoñible nesta web toda a información sobre os programas educativos 2015-2016

  • Pode contactar connosco na dirección gestionim@edu.coruna.es ou no teléfono 981902327

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Servizo Municipal de Educación

Condicións de participación, destinatarios, incrición e prazo

Fichas de solicitude xeral e específica

Acceso e descarga das fichas
Programas educativos do SME Servizo Municipal de Xuventude Servizo Municipal de Deportes Programas educativos doutros servizos municipais Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM)

Información xeral
Descrición

As Rede de Escolas Infantís Municipais (REIM) está formada por 8 centros de titularidade municipal, xestionados por empresas concesionarias, que escolarizan a nenos de 0 a 3 anos empadroados no termo municipal, a través dos cales o Concello da Coruña pretende ofrecer ás familias un servizo para a primeira infancia desde unha dobre vertente: educativa e asistencial.

As 8 escolas infantís da rede municipal réxense polas normas recollidas no Regulamento de Organización e Funcionamento da Rede de Escolas Infantís integradas en la Red de Escolas Infantís Municipais do Concello da Coruña (BOP 15 de abril de 2014).

Persoas destinatarias

Nenos e nenas de 0 a 3 anos do Concello da Coruña

Condicións do programa

Requisito de acceso:

  • Ter cumpridos, como mínimo, os 3 meses de idade na data de comezo do curso, e non ter cumpridos os 3 anos a 31 de decembro do 2014

Criterios de prioridade

  • En primeiro lugar, terán preferencia menores empadroados no Concello con algún dos seus proxenitores e/ou representantes legais, con anterioridade ao 1 de xaneiro do ano en que se solicita a praza.
  • En segundo lugar e se existiran vacantes, poderán obter praza menores empadroados no Concello con posterioridade ao 1 de xaneiro do ano no que se solicita a praza.
  • En terceiro lugar e se existiran vacantes, poderán obter praza menores empadroados noutros Concellos, sempre que algún dos seus proxenitores e/ou representantes legais traballe nunha entidad pública ou privada ubicada no termo municipal do Concello.
  • En cuarto lugar e se existiran prazas vacantes, poderán obter praza menores doutros Concellos.

Só se pode solicitar praza nun máximo de 2 Escolas Infantís Municipais. De incumprirse esta norma, o solicitante pasa a ocupar o último lugar da relación de admitidos, independentemente da puntuación obtida.

Custo

Tarifas de atención educativa e servizo de orientación:

TARIFA XERAL: 116 €/mes (Familias con ingresos netos por cápita superiores a 4.377,01 €/ano)

TARIFAS REDUCIDAS:

  • Tarifa A: 49 €/mes (Familias con ingresos netos por cápita inferiores a 2.923 €/ano)
  • Tarifa B: 79 €/mes (Familias con ingresos netos por cápita inferiores a 2.923,01 €/año e 4.377 €/ano)

TARIFAS GRATUITAS, segundo o artigo 27do regulamento:

27.6. No suposto de que unha familia teña máis dun/a menor matriculado/a nalgunha das escolas da REIM, o Concello cubrirá o custo total da praza escolar correspondente ao segundo ou, no seu caso, sucesivos fillos/as.

27.7. O Concello cubrirá o custo total de, polo menos, o 2% das prazas ofertadas en cada escola da REIM. A estas prazas só poderán optar aquelas familias cunha renda anual por unidade familiar inferior ao 100% do IPREM.

  • Tarifa escolares non empadroados na Coruña: 250 €/mes

Cando coincidan varios irmáns no centro, o primeiro aboará a tarifa que lle corresponda e os demáis a inmediatamente inferior.

Outras tarifas complementarias:

  • Comedor:: 70 €/ mes
  • Almorzo: 12 €/mes
  • Merenda: 20 €/mes
  • Ampliación de xornada: 14 €/ mes
Inscrición alumnos

O Servizo Municipal de Educación revisará e publicará, despois de aprobarse en Xunta de goberno Local, os criterios que organizan o proceso de admisión de menores na REIM. Asimesmo, publicará cada ano as instruccións, o calendario e a documentación necesaria para a solicitude de praza.

Abrirase un período de RESERVA DE PRAZA para os menores escolarizados na rede que terán dereito a esa reserva sempre que estén ao día no pago das tarifas. Unha vez finalizado este proceso abrirase o prazo de presentación de solicitudes de NOVO INGRESO.

Centros onde se oferta

ESCOLA INFANTIL

UNIDADES E PRAZAS

HORARIO

E.I.M. A CARACOLA

(Zona Novo Mesoiro)

R/ Illas Cíes, s/n. 15190 A Coruña

Tlf: 881 89 51 76

E-mail: eicaracola@edu.coruna.es

http://periodicos.edu.coruna.es/eimacaracola/

6 UNIDADES:

· 0-1 anos: 16 prazas (2 unid.)

· 1-2 anos: 26 prazas (2 unid.)

· 2-3 anos: 40 prazas (2 unid.)

82 prazas/6 unidades

· Secretaría: de luns a venres de 9:15 a 13:15 h e venres de 14:00 a 16:00 h.

· Apertura e peche: de 8:00 a 16:00 h.

· Horario escolar: de 9:00 a 15:00 h.

E.I.M. ARELA

(Zona 2ª fase Elviña)

Avda. de Oleiros, s/n.

15008 A Coruña

Tlf e Fax: 981 23 77 17

E-mail: eiarela@edu.coruna.es

· 0-1 anos: 16 prazas (2 unid.)

· 1-2 anos: 39 prazas (3 unid.)

· 2-3 anos: 60 prazas (3 unid.)

115 prazas/8 unidades

· Secretaría: luns a xoves, de 10:30 a 13:30 h. e de 15:00 a 16:00 h. Venres de 10:30 a 13:30 h.

· Apertura e peche: de 8:00 a 16:00 h

· Horario escolar: de 10:00 a 16:00 h.

E.I.M. CARRICANTA

(Zona Castrillón)

R/ José María Hernánsaez, s/n. 15009 A Coruña

Tlf e Fax: 981 17 03 06

E-mail: eicarricanta@edu.coruna.es

· 0-1 anos: 16 prazas (2 unid.)

· 1-2 anos: 39 prazas (3 unid.)

· 2-3 anos: 60 prazas (3 unid.)

115 prazas/8 unidades

· Secretaría: luns a venres de 9:30 a 13:30 h. e xoves de 15:00 a 17:00 h.

· Apertura e peche: de 7:45 a 17:00 ou 18:00 h. (*)

· Horario escolar: de 9:00 a 15:00 h.

E.I.M. LOS ROSALES

(Zona Rosales)

R/ Alfonso Rodríguez Castelao, s/n. 15011 A Coruña

Tlf: 881 89 64 13. Fax: 881 87 95 86

E-mail: eirosales@edu.coruna.es

· 0-1anos: 24 prazas (3 unid.)

· 1-2 anos: 39 prazas (3 unid.)

· 2-3 anos: 60 prazas (3 unid.)

123 prazas/9 unidades

· Secretaría: de luns a venres de 10:00 a 13:00 h. e de 15:00 a 17:00 h.

· Apertura e peche: de 7:30 a 17:00 h.

· Horario escolar: de 9:00 a 15:00 h.

E.I.M. LUIS SEOANE

(Zona Monte Alto)

C/ Vixía, s/n. 15002 A Coruña

Tlf: 981 21 10 37. Fax: 981 21 18 38

E-mail: eilseoane@edu.coruna.es

· 0-1 anos: 8 prazas (1 unid.)

· 1-2 anos: 39 prazas (3 unid.)

· 2-3 años: 40 prazas (2 unid.)

87 prazas/6 unidades

· Secretaría: de luns a venres de 10:00 a 12:00 h. e de 15:00 a 16:00 ou 17:00 h.

· Apertura e peche: de 7:30 a 16:00 ou 17:00 h.

· Horario escolar: de 9:00 a 15:00 h.

E.I.M. MONTE ALTO

(Zona Monte Alto)

R/ Forcarey, s/n. 15002 A Coruña

Tlf: 981 20 12 23

E-mail: eimontealto@edu.coruna.es

http://periodicos.edu.coruna.es/montealto/

· 0-1 anos: 8 prazas (1 unid.)

· 1-2 anos: 13 prazas (1 unid.)

· 2-3 anos: 20 prazas (1 unid.)

41 prazas/3 unidades

· Secretaría: luns a venres de 8:30 a 10:00 h, e mércores de 15:00 a 17:00 h.

· Apertura e peche: de 7:45 a 16:00 ou 17:00 h. (*)

· Horario escolar: de 9:00 a 15:00 h.

E.I.M. OS CATIVOS

(Zona Palavea)

R/ Río de Quintás, s/n.

15009 A Coruña

Tlf: 981 29 69 95

E-mail: eioscativos@edu.coruna.es

· 0-1 anos: 8 prazas (1 unid.)

· 1-2 anos: 39 prazas (3 unid.)

· 2-3 anos: 40 prazas (2 unid.)

87 prazas/6 unidades

· Secretaría: de luns a venres, de 8:00 a 12:00 h e de 14:30 a 17:00 h.

· Apertura e peche: de 7:30 a 17:00 h. ou 18:00 h. (*)

· Horario escolar: de 8:00 a 14:00 h. ou de 9:00 a 15:00 h.

ESCOLA INFANTIL CARMEN CERVIGÓN (I.B.S. Padre Rubinos)

(Zona Labañou)

Avda. Labañou, 10-baixo. 15011 A Coruña

Tlf: 981 26 02 92. Fax: 981 14 11 46

e-mail: eiccervigon@gmail.com

Web: www.padrerubinos.org

· 0-1 anos: 16 prazas (2 unid.)

· 1-2 anos: 39 prazas (3 unid.)

· 2-3 anos: 40 prazas (2 unid.)

95 prazas/7 unidades

· Secretaría :de luns a venres de 9:30 a 13:00 h. e de 15:00 a 17:00 h..

· Apertura e peche: de 7:45 a 18:00 ou 19:00 h.

· Horario escolar : de 9:00 a 15:00 h.

E.I.M. AGRA DO ORZAN

(próxima ao CEIP Raquel Camacho)

Travesía Antonio Pedreira Ríos con esquina Alcalde Liaño Flores s/n.
- Tlf fixo: 881924236
- Tlf móbil: 603 749 804

· 0-1 anos: 16 prazas (2 unid.)

· 1-2 anos: 26 prazas (2 unid.)

· 2-3 anos: 40 prazas (2 unid.)

82 prazas/6 unidades

· Secretaría: luns a venres de 9:00 a 14:00 h en período de solicitudes tamén os mércores de 15:00 a 17:00h

· Apertura do centro: de 8:00 a 16:00 h.

· Horario escolar: de 9:00 a 15:00 h.

· Servizos mínimos de vacacións: de 8:00 a 15:00 h.

(*)O horario de apertura e peche poderá ser modificado cunha demanda igual ou superior ao 25% das familias con menores matriculados na escola.

TOTAL PRAZAS 0-3 ANOS: 827

Inscrición
Inscrición alumnos

O Servizo Municipal de Educación revisará e publicará, despois de aprobarse en Xunta de goberno Local, os criterios que organizan o proceso de admisión de menores na REIM. Asimesmo, publicará cada ano as instruccións, o calendario e a documentación necesaria para a solicitude de praza.

Abrirase un período de RESERVA DE PRAZA para os menores escolarizados na rede que terán dereito a esa reserva sempre que estén ao día no pago das tarifas. Unha vez finalizado este proceso abrirase o prazo de presentación de solicitudes de NOVO INGRESO.

Contacto
Información de contacto

COORDINACIÓN

Servizo Municipal de Educación

Coordinadora: Ana Botana Pérez

educacion@coruna.es

Teléfono: 981 184 200

Fax: 981 184 397