Índice
AVISOS
  • Como novidade para o curso 2013-14, a inscrición na ficha xeral será online

  • Pode contactar connosco no mail gestionim@edu.coruna.es ou no teléfono 981902327

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Presentación

Presentación do libro e información sobre o servizo municipal de educación

Resumo

Pdf co resumo de todos os programas, actividades e datas.

Fichas de solicitude xeral e específica

Acceso e descarga das fichas
Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Servizo Municipal de Xuventude Servizo Municipal de Deportes Programas educativos doutros servizos municipais Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Espazo de iniciativas xuvenís EIX

Información xeral
Descrición

Espazo de Iniciativas Xuvenís da Concellaría de Educación, Deportes e Xuventude está diseñado para que a xuventude teña espazos axeitados en que desenvolver propostas, proxectos ou iniciativas desde e para as mozas e mozos cos recursos necesarios.

Na dinámica de funcionamento do EIX, ademais de proporcionar un espazo coordinado, dinamizado e controlado, preténdense ofrecer accións formativas, creativas, xuntanzas, posibilidade expositiva... así como reforzar sinerxias non só entre usuarios e usuarias do espazo, senón tamén con proxectos similares e con eventos para a xuventude no ámbito local.

O equipamento conta dúas salas de usos múltiples a modo de espazos comúns, abertos, dinámicos e polivalentes dotados con WI-FI e dous puntos de consulta en internet así como dun taboleiro de información xuvenil. Ademais, conta con mobiliario móbil e multiusos, proxector e pantalla, megafonía e equipo de son… o que reforza a idea de espazo polivalente proporcionando cabida a unha tipoloxía variada de propostas.

Persoas destinatarias

Xuventude, entre 12 a 30 anos, a título individual ou en forma de colectivo non formal, asociación xuveníl, cultura… e entidades prestadoras de servizos á mocidade.

Condicións do programa

Na actualidade, o EIX acolle desde programas de actividades de ocio saudable durante a fin de semana ata accións de formación complementaria para a xuventude.

Enmarcanse neste espazo unha parte importante dos programas municipais de Coruña Diversidade, así como charlas e conferencias con temática e interese para a xuventude que se veñen realizando con carácter puntual por parte de organismos públicos e entidades do tecido asociativo da cidade con intenso traballo no ámbito xuvenil.

Contacto
Información de contacto

Patricia Lesta Zas

educacion@coruna.es

Tel. 981 18 42 00

Fax: 981 18 43 70

EIX