Índice
AVISOS
  • Como novidade para o curso 2013-14, a inscrición na ficha xeral será online

  • Pode contactar connosco no mail gestionim@edu.coruna.es ou no teléfono 981902327

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Presentación

Presentación do libro e información sobre o servizo municipal de educación

Resumo

Pdf co resumo de todos os programas, actividades e datas.

Fichas de solicitude xeral e específica

Acceso e descarga das fichas
Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Servizo Municipal de Xuventude Servizo Municipal de Deportes Programas educativos doutros servizos municipais Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Asesorías especializadas de información xuvenil

Información xeral
Descrición
  1. ASESORÍA EDUCATIVO-PROFESIONAL: Información e asesoramento sobre procesos vinculados coa Educación Infantil, Primaria, Secundaria, Formación Profesional, Universidade, ensinanzas non reguladas, educación de adultos, certificados de profesionalidade, bolsas, cursos, exames, oposicións, programas europeos de mobilidade, etc.
  2. ASESORIA DE VIVENDA: Esta asesoría especializada ten como finalidade orientar, asesorar e facilitarlles o acceso a vivenda aos mozos e mozas, a través de servizos gratuítos de información e asesoramento xurídico sobre todas aquelas cuestións relativas ao acceso á vivenda.
    1. INFORMACIÓN XERAL SOBRE ACCESO Á VIVENDA: orientacións sobre alugueiro e compra, modelos de contratos de aluguer, compravenda...
    2. ASESORÍA XURÍDICA ESPECIALIZADA EN VIVENDA.
    • Información sobre as axudas e subvencións relacionadas coa vivenda ofrecidas polas distintas Administracións Públicas.
    • Información sobre trámites a seguir para alugar e comprar unha vivenda
    • Asesoramento sobre conflitos relacionados con estes contratos, ou sobre cuestións relativas aos dereitos e obrigacións dos asinantes.

    Horario: de luns a xoves de 17:00h a 20:00h. Servizos presenciais, por teléfono e a través do correo bvj@coruña.es

  3. SERVIZO DE INFORMACIÓN SOBRE TURISMO E MOBILIDADE XUVENIL:

DESCRICIÓN: trátase dun servizo de información e asesoramento sobre mobilidade xuvenil, para que a mocidade poida deseñar e planificar viaxes á medida de cada presuposto. A información sobre a que se asesora é a seguinte: rutas e itinerarios, transportes, aloxamentos, ,carnés espécificos para a mocidade, descontos, viaxar e traballar, turismo solidario, organizacións e cooperación internacional, cursos de idiomas no estranxeiro, turismo activo…

Non só se realizan consultas asistidas, senón que tamén se difúnde información a través do material documental e bibliográfico que compón a Viaxeteca do CMIX (planos, mapas, folletos, dossieres de autoconsulta e préstamo a domicilio de guías turísticas)

Durante os meses de xuño a setembro de 2013, e coincidindo co verán, o servizo de información de turismo xuvenil reforzarse cunha campaña de difusión do mesmo.A través da campaña “Móvete 2013” desenvólvense diversas actividades complementarias de temática turística onde, transversalmente, trabállanse ámbitos como o da creatividade xuvenil. As actividades realizadas son as seguintes:

  • Sorteo de dous billetes InterRail , grazas a un convenio firmado con Renfe Viajeros
  • Curso de fotografía de viaxes
  • X Concurso de fotografía de viaxes “Viaxarte”
  • Exposición das fotografías presentadas e publicación dun catálogo coas fotografías premiadas
  • I Encontro Viaxeiro
Persoas destinatarias

Horario

De luns a xoves, de 17:00h. a 20:00h.

Servizos: presenciais, por teléfono e a través de bvj@coruna.es