Índice
AVISOS
  • Como novidade para o curso 2013-14, a inscrición na ficha xeral será online

  • Pode contactar connosco no mail gestionim@edu.coruna.es ou no teléfono 981902327

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Presentación

Presentación do libro e información sobre o servizo municipal de educación

Resumo

Pdf co resumo de todos os programas, actividades e datas.

Fichas de solicitude xeral e específica

Acceso e descarga das fichas
Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Servizo Municipal de Xuventude Servizo Municipal de Deportes Programas educativos doutros servizos municipais Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Asesoramento de iniciativas xuvenís/ Caixa de recursos

Información xeral
Descrición

Levarase a cabo un asesoramento continuo a través do fomento e apoio de asociacións, grupos non formais, e iniciativas individuais, dando soporte ás accións realizadas pola mocidade ou que teñan un interese xuvenil.

Tamén se da información e asesoramento sobre creación e funcionamiento de asociacións, así como das axudas e subvencións establecidas en ese ámbito.

Persoas destinatarias

Asociacións xuvenís, iniciativas individuais, grupos non formais...

Máis información

Caixa de recursos

No CMIX, existe unha caixa de recursos para actividades sen ánimo de lucro a disposición de todas as asociacións, colectivos non formais, clubes, federacións, centros educativos e outros colectivos, vinculadas dalgún xeito coa mocidade, ou que realicen actividades de interese xuvenil.
Condicións do programa

  • RECURSOS DISPOÑIBLES: actualmente, na Caixa de Recursos pódense solicitar os seguintes materiais:
    • Cámaras dixitais
    • Videocámaras dixitais
    • Gravadora dixital
    • Megáfono portátil
    • Radio cd (con entrada de audio e de usb)
    • Cadea (con entrada de audio e de usb)
    • Equipos de megafonía/amplificación
    • Micrófonos e pés de micro
    • DVD
    • Canóns proxectores
    • Ordenadores portátiles
    • Pantallas portátiles para proxeccións
    • rípode de control remoto
  • CONDICIÓNS DE PRÉSTAMO:

Solicitude: Estes materiais pídense recollendo e cubrindo as solicitudes no Centro Municipal de Información Xuvenil e entregándoas no mesmo centro.
O prazo de solicitude de materiais non poderá ser inferior a tres días nin superior a seis meses.
O material non poderá ser solicitado para máis dunha semana, sen posibilidade de prórroga.
En caso de precisar o recurso por máis tempo, será necesario achegar un proxecto coa solicitude que permita determinar a dispoñibilidade nas datas que se soliciten.