Índice
AVISOS
  • Como novidade para o curso 2013-14, a inscrición na ficha xeral será online

  • Pode contactar connosco no mail gestionim@edu.coruna.es ou no teléfono 981902327

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Presentación

Presentación do libro e información sobre o servizo municipal de educación

Resumo

Pdf co resumo de todos os programas, actividades e datas.

Fichas de solicitude xeral e específica

Acceso e descarga das fichas
Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Servizo Municipal de Xuventude Servizo Municipal de Deportes Programas educativos doutros servizos municipais Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Servizo Municipal de Xuventude

PRESENTACIÓN

O Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña establece como obxectivos principais:

  1. Proporcionar ás mozas e mozos da cidade, fundamentalmente de entre 14 e 30 anos, a información necesaria para lograr a súa participación activa e responsable na sociedade.
  2. Posibilitar a igualdade de oportunidades e facilitar a transición á vida adulta.
  3. Ser un catalizador de intereses e demandas da xuventude coruñesa.
  4. Convertirse en observatorio permanente dos intereses, necesidades e iniciativas dos mozos, podendo extraer conclusións de interese para a planificación de accións das diversas entidades municipais.

O equipo do CMIX está composto por: un coordinador, 4 informadoras xuvenís, e unha operaria informática. Este equipo é permanente ao longo de todo o ano.

O CMIX pertence a Rede Galega de Documentación e Información Xuvenil. .Esta rede está regulada en virtude da lei 6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia. (DOG nº 139 do 20 de xullo).

CANLES

  1. INFORMACIÓN E ASESORAMENTO: en persoa, por teléfono, por correo electrónico (cmix@coruna.es) , a través do sitio web www.coruna.es/nex, e nas suas redes sociais Facebook http://www.facebook.com/cmix.coruna , e o Twitter @CMIXcoruna
  2. AUTOINFORMACIÓN: a través de paneis, dossieres, da web www.coruna.es/nex, e de redes sociais
  3. DOCUMENTACIÓN: préstamo domicilio de guías de viaxes, préstamo e consulta en sala, e máis a través do dossier on-line de “Educación” e o “Buscador de Estudos”, actualizado e dispoñible en www.coruna.es/nex

Os fondos da Área de Documentación están referenciados e poden ser consultados a través do catálogo en liña do sistema de Bibliotecas Municipais (www.coruna.es/bibliotecas)

  • Biblioteca: Composta por monografías, dossieres de autoinformación, folletos, directorios de recursos e numeroso material documental en diversos formatos (dípticos, cartaces, material autoeditado…).
  • Hemeroteca: revistas, boletíns informativos.
  • Viaxeteca: Servizo de préstamo a domicilio de guías turísticas para socios das Bibliotecas Municipais da Coruña titulares do Carné Xove, mapas de situación e de estradas, planos das cidades máis importantes, aloxamentos, rutas, deportes alternativos…

EXPEDICIÓN DOS SEGUINTES CARNÉ

  • Carné Xove Euro < 30
  • Carnés de Alberguista
  • Carne Internacional de Estudante
  • Carné Teacher
  • Carné Xove Internacional (FYTO)

PORTAL NEX(NOVO ESPAZO XUVENIL) (www.coruna.es/nex)

Páxina web do Centro Municipal de información Xuvenil que permite, a través dun sinxelo menú, acceder a amplos e diversos contidos de interese para a mocidade : Convocatorias de bolsas, concursos, actividades, exames…Buscador de estudos, información sobre recursos e servizos vinculados á cultura, o deporte, a solidariedade, educación, emprego, vivenda, sexualidade, asociacionismo, tempo libre…

REDES SOCIAIS E BOLETÍNS ELECTRÓNICOS DE INFORMACIÓN

SERVIZO GRATUÍTO DE SUBSCRICIÓNS A TRAVÉS DE SMS E RSS

O CMIX pon a disposición dos cidadáns, un servicio de subscrición á información de máis actualidade a través de SMS ou RSS. Cursos, bolsas, oposicións, concursos…

Sede: FÓRUM METROPOLITANO

R/ Río Monelos, 1 (15006)

Teléfono: 981 184 294

Fax: 981 184 295

Correo electrónico: cmix@coruna.es

Páxina web: www.coruna.es/nex

Horario de atención ao público: de luns a venres, de 10 a 14 e de 17 a 20 h; sábados, de 11 a 14 h

No Verán: de luns a venres, de 10 a 14 e de 17 a 20 h. E en agosto: de luns a venres, de 10 a 14 h

Coordinación: Óscar Castro Vázquez

Concelleiro Delegado de Educación, Deportes y Juventud: José Francisco Mourelo Barreiro

ÍNDICE