Índice
AVISOS
  • Como novidade para o curso 2013-14, a inscrición na ficha xeral será online

  • Pode contactar connosco no mail gestionim@edu.coruna.es ou no teléfono 981902327

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Presentación

Presentación do libro e información sobre o servizo municipal de educación

Resumo

Pdf co resumo de todos os programas, actividades e datas.

Fichas de solicitude xeral e específica

Acceso e descarga das fichas
Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Servizo Municipal de Xuventude Servizo Municipal de Deportes Programas educativos doutros servizos municipais Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Ensaios Xerais Abertos

Información xeral
Descrición

O alumnado asiste a unha das partes dos ensaios xerais da OSG que se celebran o mesmo día ou o día anterior ao concerto da programación de tempada da OSG, no Palacio da Ópera.
Para preparar as audicións que os alumnos van poder escoitar, a OSG elabora unha Guía didáctica con información e actividades de todos os programas ofertados. Esta guía didáctica non se editará en papel, estará colgada na web da OSG e remitirase aos centros participantes mediante email.

Persoas destinatarias

Os ensaios xerais abertos están ofertados ao alumnado de ESO e Bacharelato.

Prazas limitadas máximo, 500 alumnos

Período de realización

O calendario de ensaios xerais programados para este curso farase público o 10 de setembro na web www.sinfonicagalicia.com

Horario

Levaranse a cabo ás 11:30h.

Dado que esta actividade se encadra dentro da actividade profesional habitual da Orquestra Sinfónica de Galicia, o horario de inicio da actividade pode verse atrasado (ata un máximo de 30 minutos) en función das necesidades musicais da agrupación.
A duración estimada destes ensaios é de 50 minutos

Custo

Esta actividade é totalmente gratuíta para os grupos escolares. .

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Ficha de solicitude específica 'Son futuro'

Do 11 de setembro ao 11 de outubro de 2013.

Máis información

ADXUDICACIÓN.

  • A adxudicación dos concertos realizarase segundo os criterios fixados polo Servizo Municipal de Educación e o Departamento Didáctico da OSG e a limitación de aforamento.
  • Unha vez adxudicados os concertos comunicaranse aos centros mediante correo electrónico.
  • A adxudicación dos concertos, o calendario dos mesmos así como a comunicación de calquera incidencia ou aclaración unha vez comezado o programa corresponde ao Departamento Didáctico da OSG.

DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA:

  • É obrigatoria a confirmación por escrito (mediante correo electrónico ou fax) con polo menos 72 horas de antelación da presenza ou ausencia en cada un dos concertos adxudicados ao Departamento Didáctico da OSG.
  • O servizo de transporte correrá a cargo de cada centro docente.
  • O acceso ás salas de concertos realizarase por orde de chegada. Cada centro deberá comunicar a sua chegada ao persoal de seguridade ou no seu defecto ao persoal da OSG ubicado no acceso á sala.
  • As horas sinaladas son as de comezo do espectáculo polo que o alumnado deberá estar sentado na sala correspondente con antelación suficiente. Recoméndase a chegada dos grupos de alumnos, con polo menos, 20 minutos de antelación. Non se permitirá o acceso á sala unha vez iniciado o concerto.
Inscrición
Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Ficha de solicitude específica 'Son futuro'

Do 11 de setembro ao 11 de outubro de 2013.

Contacto
Información de contacto

COORDINACIÓN:Consorcio para a Promoción da Música
Departamento Didáctico.
Palacio da Opera.
Glorieta de América, 3. CP. 15004
Teléfono: 981 25 20 21
Fax: 981 27 74 99
Enderezo electrónico: didacticos@sinfonicadegalicia.com
Páxina web: www.sinfonicadegalicia.com