Índice
AVISOS
  • Como novidade para o curso 2013-14, a inscrición na ficha xeral será online

  • Pode contactar connosco no mail gestionim@edu.coruna.es ou no teléfono 981902327

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Presentación

Presentación do libro e información sobre o servizo municipal de educación

Resumo

Pdf co resumo de todos os programas, actividades e datas.

Fichas de solicitude xeral e específica

Acceso e descarga das fichas
Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Servizo Municipal de Xuventude Servizo Municipal de Deportes Programas educativos doutros servizos municipais Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Concertos Didácticos

Información xeral
Descrición

FINALIDADE E OBXECTIVOS
A intención do programa “Son Futuro” é ofrecer un plan de formación musical didáctico e progresivo para que o alumnado asista a concertos con programas musicais adaptados, e que (estes) lles vaian acompañando durante todo o seu proceso evolutivo e formativo.

  • Achegar a música aos públicos escolares, enriquecendo a súa formación a través de concertos programados especialmente para eles, mediante a aplicación das pautas de traballo previstas nas guías didácticas.
  • Axudar ao alumnado asistente ao concerto a conseguir unha audición comprensiva, activa e participativa.
  • Achegar aos escolares ao coñecemento da música, estimulando a satisfacción pola audición en directo, así como promover a atención, a apreciación das actividades artísticas e o recoñecemento do silencio e da actitude relaxada como elemento fundamental para unha boa escoita.
  • Presentar aos docentes e discentes recursos que axuden á consecución dunha auténtica expresión musical favorecendo unha comunicación máis rica cos demais, utilizando de xeito creativo as diferentes posibilidades de comunicación e expresión artística.
  • Potenciar o respecto entre as persoas e contribuír á comprensión da interculturalidade mediante a difusión dun repertorio musical amplo e variado.

Para lograr con éxito todas estas formulacións é necesario implicar a tres colectivos.

  • Os músicos que ofrecen o espectáculo (OSG, Banda Municipal de Música de A Coruña e diversas agrupacións musicais))
  • O formado polo alumnado que asiste aos concertos
  • O colectivo do profesorado.

Sábese que durante o concerto tanto os músicos como o presentador están ofrecendo pautas de formación musical cara ao público, pero, é tamén certo, que o aproveitamento destas pautas vai depender do traballo que delas se poida facer previa e/ou posteriormente no aula.

MATERIAL DIDÁCTICO DE APOIO

Todos os concertos didácticos se apoian nunha Guía Didáctica para o profesorado, elaboradas por un equipo de especialistas en educación musical.
Nas guías didácticas recóllese a información do concerto: programa musical, temática, formación musical, información dos compositores e autores das obras a interpretar así como diversas propostas didácticas que complementan a asistencia ao concerto para poder preparar o mesmo previamente no aula así como complementalo posteriormente.

As guías didácticas non se editarán en papel; con todo remitiranse por correo electrónico con antelación ao concerto adxudicado aos centros participantes e estarán colgadas nas páxinas web da OSG e na web educativa municipal. Rógase aos coordinadores de cada centro estean atentos aos seus enderezos electrónicos e ás páxinas web.


Persoas destinatarias

Alumnado de centros docentes de ensino non universitario.

Período de realización

O calendario de concertos programados para este curso farase público o 10 de setembro na web www.sinfonicadegalicia.com

Horario

Cada espectáculo terá dúas sesións diarias de martes a venres, ás 10.30h e ás 12.00h. A duración media será de 50 minutos.

Custo

ABONO DE ENTRADAS.

Este curso o alumnado deberá aboar o importe das entradas para cada un dos Concertos Didácticos aos que asistan:

  • 2,00 € para todos os concertos.

O profesorado acompañante de cada grupo terá entrada gratuíta.
É imprescindible que se especifique o número de alumnos e profesores asistentes ao concerto.

Unha vez adxudicadas as prazas aos centros educativos indicarase o prazo no que realizar o abono de entradas mediante transferencia bancaria ou ingreso en conta. En caso de non aboarse o importe das entradas na data establecida as prazas adxudicaranse a outros centros e grupos en listaxe de agarda.

Unha vez efectuado o pago das entradas NON SE DEVOLVERÁ O IMPORTE DAS MESMAS, só se efectuará en caso de anulación do espectáculo por parte da OSG.
As prazas para cada concerto didáctico son estritamente as que se solicitaron e pago. En caso de asistir con máis alumnos das prazas adxudicadas non se permitirá o acceso dos mesmos. En caso de asistir ao concerto con menor número de alumnos das prazas adxudicadas e aboadas non se efectuará a devolución do importe desas prazas.

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 11 de setembro ao 11 de outubro

Ficha de solicitude específica “SON FUTURO”

Do 11 de setembro ao 11 de outubro

Máis información

ADXUDICACIÓN.

  • A adxudicación dos concertos realizarase segundo os criterios fixados polo Servizo Municipal de Educación e o Departamento Didáctico da OSG e a limitación de aforamento.
  • Unha vez adxudicados os concertos comunicaranse aos centros mediante correo electrónico.
  • A adxudicación dos concertos, o calendario dos mesmos así como a comunicación de calquera incidencia ou aclaración unha vez comezado o programa corresponde ao Departamento Didáctico da OSG.

DESENVOLVEMENTO DO PROGRAMA:

  • É obrigatoria a confirmación por escrito (mediante correo electrónico ou fax) con polo menos 72 horas de antelación da presenza ou ausencia en cada un dos concertos adxudicados ao Departamento Didáctico da OSG.
  • O servizo de transporte correrá a cargo de cada centro docente.
  • O acceso ás salas de concertos realizarase por orde de chegada. Cada centro deberá comunicar a sua chegada ao persoal de seguridade ou no seu defecto ao persoal da OSG ubicado no acceso á sala.
  • As horas sinaladas son as de comezo do espectáculo polo que o alumnado deberá estar sentado na sala correspondente con antelación suficiente. Recoméndase a chegada dos grupos de alumnos, con polo menos, 20 minutos de antelación. Non se permitirá o acceso á sala unha vez iniciado o concerto.
Inscrición
Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 11 de setembro ao 11 de outubro

Ficha de solicitude específica “SON FUTURO”

Do 11 de setembro ao 11 de outubro

Contacto
Información de contacto

COORDINACIÓN:Consorcio para a Promoción da Música

Departamento Didáctico.

Palacio da Opera.

Glorieta de América, 3. CP. 15004

Teléfono: 981 25 20 21

Fax: 981 27 74 99

Enderezo electrónico: didacticos@sinfonicadegalicia.com

Páxina web: www.sinfonicadegalicia.com