Índice
AVISOS
  • Como novidade para o curso 2013-14, a inscrición na ficha xeral será online

  • Pode contactar connosco no mail gestionim@edu.coruna.es ou no teléfono 981902327

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Presentación

Presentación do libro e información sobre o servizo municipal de educación

Resumo

Pdf co resumo de todos os programas, actividades e datas.

Fichas de solicitude xeral e específica

Acceso e descarga das fichas
Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Servizo Municipal de Xuventude Servizo Municipal de Deportes Programas educativos doutros servizos municipais Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Seminarios de motivación para a busca de emprego

Información xeral
Descrición

Son un conxunto de intervencións sistemáticas dirixidas a facilitar o tránsito desde a escola á vida laboral activa, desenvolvidas ao obxecto de posibilitar que os estudantes de FP dos Institutos de Ensino Secundario do municipio, dispoñan da información e o asesoramento necesario para acurtar os tempos entre a finalización dos estudos e a incorporación ao emprego.

O servizo ofrecido é unificado, global e accesible, pensado e deseñado especialmente para a poboación obxectivo e ofrece a esta poboación, información que permita superar o desfase, e polo tanto corrixa o descoñecemento existente en como optimizar a incorporación á vida laboral.

"HABILIDADES SOCIAIS PARA O EMPREGO"
Descrición: Seminario que intenta incidir na vertente persoal da orientación, traballando contidos tales como: definición de obxectivo profesional, como planificar o proxecto persoal de cara ao emprego, tóma de decisións así como a motivación e as habilidades sociais para o emprego.Duración: máximo 2 horas.

"FERRAMENTAS PARA A PROCURA DE EMPREGO"
Descrición: Neste Seminario dáse unha visión xeral ao alumnado das distintas técnicas e ferramentas de procura de emprego, e das fases que leva consigo un proceso de selección de persoal.
Formulado como un Obradoiro de traballo, sitúase o alumnado ante situacións reais de procura de emprego, fundamentalmente a través de anuncios de prensa seleccionados en función dos seus perfís formativos. En pequenos grupos trabállase con eles/elas a elaboración da "carta de presentación" e o "currículo vitae", en contestación aos anuncios ou ben por autocandidatura.Duración: máximo 2 horas

“FERRAMENTAS DIXITAIS. WEB 2.0 NA PROCURA DE EMPREGO"
Descrición: Seminario de introdución ás tecnoloxías da información (email, buscadores, ?) e a importancia do seu uso na procura de emprego, asi como dos recursos existentes e a súa utilización. Faise fincapé nas redes sociais e profesionais. Duración: máximo 2 horas

"A ENTREVISTA DE TRABALLO"
Descrición:. Formulado como un Obradoiro de Traballo, explícase os distintos tipos de "entrevista de traballo" que existen e realízanse simulacions na aula. Duración: máximo 2 horas

“SENSIBILIZACIÓN EN MATERIA DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES E NON DISCRIMINACIÓN NO EIDO LABORAL”

Descrición: O seu principal obxectivo é informar e sensibilizar ao alumnado achega das desigualdades existentes no ámbito laboral, en sentido amplo: de xénero, culturais, por calquera tipo de discapacidade, promovendo ademais, a elección da traxectoria profesional en función das capacidades e competencias individuais e en ausencia de estereotipos, facilitando a eliminación da segregación horizontal por razón de xénero e contribuíndo ao desenvolvemento da sociedade, a través do acceso en condicións de igualdade ao mercado laboral.

Por outra banda, esta acción permitirá tomar conciencia da problemática de certos colectivos socialmente marxinados ou con maior risco de exclusión, para ampliar coñecementos e eliminar prexuizos, que conduzan a condutas integradoras

Duración: máximo 2 horas

Persoas destinatarias

Alumnado de ciclos formativos de FP e de ensinos de réxime especial de centros públicos do Concello

Período de realización

De xaneiro a xuño de 2014

Condicións do programa

O número de alumnos será dun mínimo de 15 e un máximo de 25. O centro procurará que os grupos sexan o máis homoxéneos posibles e se organícen preferentemente por especialidades.
O Centro Educativo encargarase de:

  • Xestionar as prescricións e confeccionar a listaxe definitiva de asistentes para remitilo ao Servizo Municipal de Emprego.
  • Presenza dun profesor/a durante a impartición do Seminario.
  • Publicitar entre o alumnado o seminario e o calendario previsto.
  • Achegar a aula ou local con cadeiras e mesas para os asistentes.
  • Dispoñer durante o seminario, para uso do profesorado, de medios audiovisuais tales como retroproxector ou canón de video e pantalla
Horario

A petición do Centro de ensino

Custo

Gratuíto

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 11 de setembro ao 11 de outubro.

Ficha de solicitude específica “Seminario de motivación para a busca de emprego”

Do 11 de setembro ao 11 de outubro

Centros onde se oferta

IES do municipio con ciclos formativos de FP e de ensinos de réxime especial de centros públicos do Concello

Inscrición
Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 11 de setembro ao 11 de outubro.

Ficha de solicitude específica “Seminario de motivación para a busca de emprego”

Do 11 de setembro ao 11 de outubro

Contacto
Información de contacto

Servizo Municipal de Emprego
Sede: Estrada dos Fortes 16 e r/ Simón Bolívar s/n. Los Rosales (As Roseiras) (15011)
Teléfono:981184399 Fax: 981 18 43 98
Páxina web: www.coruna.es/emprego
Coordinadora: Ana Colino
Correo electrónico: a.colino@coruna.es
Tenente Alcalde Responsable do Area de Emprego e Empresa: Mª Luisa Cid Castro