Índice
AVISOS
  • Como novidade para o curso 2013-14, a inscrición na ficha xeral será online

  • Pode contactar connosco no mail gestionim@edu.coruna.es ou no teléfono 981902327

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Presentación

Presentación do libro e información sobre o servizo municipal de educación

Resumo

Pdf co resumo de todos os programas, actividades e datas.

Fichas de solicitude xeral e específica

Acceso e descarga das fichas
Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Servizo Municipal de Xuventude Servizo Municipal de Deportes Programas educativos doutros servizos municipais Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Programa Inicia

Información xeral
Descrición

Programa de difusión e ensino do espírito empresarial ao alumnado de Formación Profesional e Ensinos Especiais con apoio e asistencia ao profesorado de Empresa e Iniciativa Emprendedora, mediante a utilización dun software de simulación empresarial e premios ás mellores iniciativas emprendedoras. Os mellores proxectos poderán ser presentados nunha Feira de Ideas Empresariais.

Para o desenvolvemento deste programa cóntase coa colaboración de Bic Galicia.

OBXECTIVOS:

  • Desenvolver as capacidades emprendedoras do alumnado dos Centros de Formación Profesional e Ensinos especiais da cidade da Coruña
  • Fomento e difusión da cultura emprendedora nos Centros de Formación Profesional e Ensinos Especiais
Persoas destinatarias

Alumnado de ciclos superiores de Formación Profesional e Ensinos Especiais de centros públicos da cidade e centros privados cos que se subscriba convenio.

Período de realización
  • Outubro - Novembro: Período de información ao profesorado dos centros seleccionados e coordinación, organización e seguimento do programa.
  • Novembro 2013 - Marzo 2014: Desenvolvemento do programa.
  • 1ª quincena de Abril 2014: feira de ideas.
Condicións do programa

CONTIDOS

O programa articúlase a través dun itinerario flexible onde se poderá coordinar co profesorado a súa formación docente na aula coas sesións Inicia:

  • Sesión 1: Presentación do programa, Ideas Empresariais e Estudo de Mercado (1 hora e media) Tutorización de proxectos (15 minutos/proxecto)
  • Sesión 2: Viabilidade económico-financeira co simulador empresarial (1 hora e media) Tutorización de proxectos (15 minutos/proxecto)
  • Sesión 3: Obradoiro teórico-práctico de presentación de proxectos empresariais.

METODOLOXÍA:

Unha vez solicitada a inclusión no programa, procédese á formación do alumnado coa formación teórica-práctica, apoiada no persoal de plan de empresa, o simulador empresarial e as titorías personalizadas. Todo iso de cara á elaboración de proxectos empresariais que poderán ser presentados nunha Feira de Ideas Empresariais onde se premiarán as mellores iniciativas emprendedoras. De maneira transversal, o alumnado recibirá un obradoiro con nocións básicas sobre presentación de proxectos.

Horario

Adaptación do horario das materias ao horario de cada Centro Educativo que participe

Custo

Gratuíto

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 11 de setembro ao 11 de outubro.

Ficha de solicitude específica “Programa INICIA”

Do 11 de setembro ao 11 de outubro

Centros onde se oferta

Centros que impartan ciclos superiores de Formación Profesional e Ensinos Especiais de centros públicos da cidade e centros privados cos que se subscriba convenio y que estean dentro do termo municipal

Inscrición
Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 11 de setembro ao 11 de outubro.

Ficha de solicitude específica “Programa INICIA”

Do 11 de setembro ao 11 de outubro

Contacto Novas
Novas relacionadas
04/11/13 Preséntase un novo curso do programa Inicia Un total de 414 estudantes coruñeses participan na iniciativa que anima á mocidade a deseñar os seus plans empresariais