Índice
AVISOS
  • Como novidade para o curso 2013-14, a inscrición na ficha xeral será online

  • Pode contactar connosco no mail gestionim@edu.coruna.es ou no teléfono 981902327

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Presentación

Presentación do libro e información sobre o servizo municipal de educación

Resumo

Pdf co resumo de todos os programas, actividades e datas.

Fichas de solicitude xeral e específica

Acceso e descarga das fichas
Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Servizo Municipal de Xuventude Servizo Municipal de Deportes Programas educativos doutros servizos municipais Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Programa municipal de traballo con familias

DESCRICIÓN

Promover a autonomía familiar, o desenvolvemento integral de todos os seus membros e a súa participación activa como protagonistas do seu cambio, a partir dun proceso de construción compartido coas familias, os/as profesionais e os axentes da comunidade.

OBXECTIVOS

1. Ofrecer apoio socioeducativo integral ás familias, como marco de referencia onde se desenvolven as persoas, promovendo a adquisición de competencias e habilidades para o correcto desenvolvemento das súas funcións parentales e educativas.

1.1. Identificar e rexistrar as competencias, fortalezas e debilidades de cada membro da unidade familiar.

1.2. Revisar a asignación de funcións de cada membro da unidade familiar dentro do sistema. Consensuar as modificacións necesarias.

1.3. Realizar o proxecto socioeducativo familiar, con contidos diferenciados para cada membro da familia que o precise.

1.4. Aplicar os recursos dos que dispoñemos, para previr e atender situacións familiares de vulnerabilidade e/ou risco social.

2. Fomentar a autonomía e a integración no ámbito de todas as familias garantindo o respecto aos seus dereitos. Previr e atender situacións de vulnerabilidade e risco social con especial atención aos menores de idade.

2.1. Identificar coa familia os recursos comunitarios que poidan dar cobertura ás súas necesidades.

2.2. Elaborar conxuntamente estratexias de acceso e utilización dos recursos comunitarios.

3. Promover a creación de recursos comunitarios de apoio e axuda mutua ás familias

3.1. Facilitar espazos de encontro e apoio profesional para familias sobre temas de educación, habilidades sociais, saúde, etc.

3.2. Crear un grupo profesional de debate e formación no que se acheguen, de xeito continuado, novas vías de actuación.

DESTINATARIAS DO PROGRAMA

Todas as familias que acoden aos servizos sociais comunitarios básicos, con atención prioritaria a aquelas que se encontren en situación de maior vulnerabilidade.

Dentro das situacións de vulnerabilidade darase prioridade a aquelas familias con:
. Menores e/ou adolescentes en situación de risco.
. Disfuncións, nas que un ou varios dos seus membros padecen problemas de saúde mental, minusvalidez, toxicomanía etc.
. Pouco arraigamento na cidade e carencia de redes familiares e sociais de apoio, inmigrantes, etc.

Tamén son destinatarios deste proxecto: a comunidade en xeral e, dentro desta, as entidades e profesionais cunha vinculación directa ou indirecta ao traballo con familias (sistema sanitario, educativo, xurídico, asociativo, laboral, servizos especializados...).

CONTACTO

Coordinadora: Concepción Bonome Veleiro

Técnica asignada ao programa: Lourdes Salinas Buján

Teléfono: 981 18 98 71, Ext. 33318 Fax: 981 18 43 75

Correo electrónico: c.bonome@coruna.es ; l.salinas@coruna.es

ÍNDICE