Índice
AVISOS
  • Como novidade para o curso 2013-14, a inscrición na ficha xeral será online

  • Pode contactar connosco no mail gestionim@edu.coruna.es ou no teléfono 981902327

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Presentación

Presentación do libro e información sobre o servizo municipal de educación

Resumo

Pdf co resumo de todos os programas, actividades e datas.

Fichas de solicitude xeral e específica

Acceso e descarga das fichas
Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Servizo Municipal de Xuventude Servizo Municipal de Deportes Programas educativos doutros servizos municipais Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Museos Científicos

SEDES

CASA DAS CIENCIAS

Organízase en catro salas adicadas a EXPOSICIONS INTERACTIVAS:

  • Na planta baixa están o Péndulo de Foucault, de 14 metros de altura, que mostra a rotación da terra; o quiosco informático Tryscience, con propostas didácticas en conexión con outros museos do mundo; e a Incubadora dos poliños na que cada día se ve a eclosión de 10 ovos de galiña.
  • A Sala de experiencias conta cunha oferta de experiencias interactivas coas que explorar fenómenos relacionados coa luz, o movemento, o magnetismo, a percepción...
  • A sala de exposicións temporais acollerá no curso 2013-2014 a titulada Puro swing. A sala estará chea de péndulos con experiencias como a de subir a unha randeeira moi especial, comprender o segredo do botafumeiro, ou descubrir como funcionaban os reloxos antes de que houbese pilas.
  • Palabras da ciencia, na última planta, é unha exposición que axuda a descubrir e reflexionar sobre as noticias que aparecen nos medios de comunicación con módulos interactivos, viñetas, xogos e outros elementos. Está agrupada en seis ámbitos temáticos titulados: O clima cambia, En busca da enerxía, A tecnoloxía cambia a nosa sociedade, A saúde é o que importa, O inesgotable pulo da ciencia, e Os desafíos da natureza.

PLANETARIO DIXITAL. É unha sala inmersiva con capacidade para 79 persoas, que permite proxectar audiovisuais ou mostrar o ceo de parte do mundo en calquera momento. A oferta inclúe sesións en directo e proxeccións gravadas. Hai programas adaptados a cada idade, mesmo para menores de seis anos.

No curso 2013-2014 estrearase o programa infantil "Bacteria mutante", no que dúas estrelas que falan do grande e do pequeno descobren nun planeta perdido unha minúscula bacteria que é distinta a todas as demais.

Nesta sala ofrécense ademáis as seguintes actividades para segundo ciclo de Primaria e Secundaria:

  • Astronomía en directo. Unha sesión de planetario que comeza cunha explicación dos aspectos máis notables do ceo no día da visita, adaptada á idade dos alumnos. A continuación, o planetarista invítaos a compartir as súas dúbidas e curiosidades nunha conversación ilustrada con todos os recursos visuais do planetario dixital.

OUTROS SERVIZOS: Na Casa das Ciencias os grupos escolares contan con unha consigna.

DOMUS

Está situada na Enseada do Orzán. Conta con case 200 módulos relacionados coa anatomía, inteligencia humana, fisioloxía, xenética, evolución, e outros aspectos que definen ao ser humano como individuo e como especie.

EXPOSICIÖNS

Xogo de neuronas. Pezas da intelixencia humana. Unha rede de neuronas que se construíu coa participación de centos de escolares galegos, un xogo de coordinación que pon a proba as capacidades motoras, unha mesa colaboradora para dar renda solta á capacidade artística, un espazo para relaxarse e gañar unha partida de pimpón mental, un interactivo que mostra o interior do cerebro humano con tecnoloxía de realidade aumentada e moitas outras experiencias dan como resultado unha exposición para explorar a combinación única de intelixencias que caracteriza cada persoa.

TALLERES NA DOMUS:

  • Laboratorio aberto.

Un espazo para vestir a bata de laboratorio, poñerse os lentes de seguridade e manexar os instrumentos que utilizan os científicos no seu día a día, dende micropipetas a centrifugadoras, pasando por axitadores, básculas, tubos e moito máis.

Ofrécese un experimento para cada nivel de ensino:

1. Educación Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos

  • A revolución biotecnolóxica. O alumno transfórmase en biotecnólogo e participa na busca dunha diana para o tratamento contra a aterosclerosis.
  • Como se desenvolven os fármacos? Para participar na síntese dun novo fármaco que se está a investigar para o Parkinson.
  • Investiga a vacina da malaria. Identifica o mellor candidato a vacina.

2. Educación Primaria

ExploraDomus Escola
A cociña, o baño... un laboratorio de ciencia? Si! Un taller para explorar a ciencia do máis cotián.
Información e reservas dos talleres do Laboratorio Aberto: chamando ao teléfono 981 189 840, ou escribindo a domus@casaciencias.org

Magnavisión 3D

A partir do segundo trimestre deste curso estrearase unha nova película, “Lendas do vó”, unha invitación a descubrir os fitos da aeronáutica. A película explora a relación entre o vó na natureza, o diseño dos avións, a súa construción e a tecnoloxía que se atopa detrás.

OUTROS SERVIZOS: na Domus os grupos escolares contan cunha consigna e un recinto no que poden comer. Aínda que hai máquinas expendedoras de bocadillos e bebidas frías e quentes, a instalación está pensada para que os grupos tomen a comida que eles mesmos traian. A capacidade deste comedor é de 80 a 90 persoas.

AQUARIUM FINISTERRAE

Situado nas proximidades da Torre de Hércules. O seu obxectivo é a educación sobre a vida mariña, e fomentar actitudes positivas cara á conservación do medio.

Está organizado en varias SALAS E ESPAZOS ABERTOS:

  • Na sala Maremagnum preséntase a vida mariña da costa galega mediante un centenar de acuarios e módulos interactivos. Destacan especialmente a OceanoSfera, que conta cun sistema de proxección especial para mostrar os fenómenos oceanográficos que suceden a nivel global; e a Charca das caricias, un taller no que os escolares poden tocar seres vivos mariños e realizar actividades e experimentos guiados por un educador.
  • A Zona-i é un espazo de deseño innovador destinado a recibir, reflexionar e levar a cabo actividades relacionadas coa actualidade científica. É especialmente útil para a materia de bacharelato "Ciencias para o mundo contemporáneo" pola forma de tratar os contidos.
  • A Sala Isabel Castelo está adicada de forma monográfica a exposicións temporais de fotografía de natureza.
  • Sala Humboldt, de exposicións temporais.A partir do segundo trimestre do curso escolar presentarase unha nova exposición temporal na sala Humboldt, dedicada nesta ocasión á Acuicultura.
  • Os peixes de maior tamaño viven na piscina que rodea o Nautilus. É o fogar de Gastón, un tiburón touro de tres metros de lonxitude e máis de 100 quilos de peso. Esta sala, completamente rodeada de auga, conta cunha recreación do Gabinete do capitán Nemo.
  • A Terraza exterior é un espazo de observación e descanso que conta con módulos ao aire libre.
  • No Piscinarium vive unha colonia de focas atlánticas. Coincidindo co momento da súa alimentación, móstranse curiosidades sobre esta especie.
  • Seguindo o paseo polos espazos exteriores, encontramos o xardín botánico, onde se poden ver gran cantidade de plantas do litoral galego.

Actividades para escolares NO AQUARIUM

1. Educación Primaria

  • Visitas guiadas. Un educador acompaña os alumnos nun percorrido temático polos diferentes espazos do Aquarium.

2. Educación Secundaria

  • Talleres na Charca das Caricias. Utilizando vídeos, instrumentos científicos e recursos dixitais, un educador presenta aspectos curiosos da bioloxía dos peixes e invertebrados mariños do Aquarium.

3. Bacharelato

  • Charlas na Zona-i. Científicos da Universidade da Coruña expoñen en directo os últimos resultados dos seus proxectos de investigación.

4. Todos os niveis educativos

  • OceanoSfera. Un proxector esférico no que se simulan fenómenos naturais que suceden a escala global. Neste curso proxectaranse programas sobre o efecto do quentamento global e a importancia da auga para a vida no noso planeta.
  • Alimentación de focas. Coincidindo co momento en que se dá de comer ás focas, os educadores do Aquarium imparten charlas sobre as características destes mamíferos mariños e sobre o adestramento veterinario que reciben.
  • Falando con peixes. Luns, mércores e venres ás 12 horas. Unha actividade na que os alumnos poden falar en directo cun acuarista que se mergulla no tanque do Nautilus. Nestas charlas trátanse cuestións sobre a bioloxía, acuarioloxía, conservación e mantemento biolóxico da fauna do Nautilus e, sobre todo, respóndese ás preguntas dos estudantes.
  • Visitas á zona técnica. Visitas guiadas para grupos de 10-15 alumnos aos laboratorios, salas de filtración e corentena do Aquarium.

OUTROS SERVIZOS: no recinto hai unha tenda de recordos e unha cafetaría con restaurante que ofrece comidas para grupos escolares (teléfono 981 217 682).


ÍNDICE