Índice
AVISOS
  • Como novidade para o curso 2013-14, a inscrición na ficha xeral será online

  • Pode contactar connosco no mail gestionim@edu.coruna.es ou no teléfono 981902327

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Presentación

Presentación do libro e información sobre o servizo municipal de educación

Resumo

Pdf co resumo de todos os programas, actividades e datas.

Fichas de solicitude xeral e específica

Acceso e descarga das fichas
Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Servizo Municipal de Xuventude Servizo Municipal de Deportes Programas educativos doutros servizos municipais Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Residuos urbanos na Coruña

Información xeral
Descrición

O tratamento dos Residuos Urbanos, un servizo obrigatorio que han de prestar os municipios con poboación superior aos 5.000 habitantes, constitúe un dos principais retos para as corporacións locais. Nos últimos anos, a forma de xestionar os refugallos cambiou de forma significativa, orientándose neste momento cara á reciclaxe e o aproveitamento enerxético, de conformidade coas directrices europeas. Esta materia, o Concello da Coruña coa xestión integral dos seus residuos na planta de Nostián onde prima a reciclaxe e a compostaxe da materia orgánica, dándolle un novo valor a todo o que nos sobra. Para o éxito dunha xestión baseada na separación en orixe e na recollida selectiva, é fundamental a participación de toda a poboación. A información e a formación deben ser un labor prioritario. Esa é a función do programa de educación ambiental.

OBXECTIVOS DO PROGRAMA:

  • Profundar cos participantes no actual Plan de Tratamento de Residuos Urbanos da Coruña.
  • Informar das diferentes alternativas existentes para a eliminación e o tratamento dos residuos urbanos, as súas vantaxes e desvantaxes.

  • Modificar as actitudes persoais en busca dunha mellora dos comportamentos ante os residuos.
  • Motivar á poboación escolar para que participe activamente no plan de tratamento desde a recollida selectiva e a separación en orixe.

Persoas destinatarias

Alumnado de 3er ciclo de E. Primaria, 1º e 2º de E.S.O. e E. Especial

Período de realización

De outubro de 2013 a abril de 2014.

Máis información

DESCRICIÓN:

O Programa desenvólvese en tres sesións diferentes:

  • Audiovisual interactivo. Proxección comentada na aula con coloquio. Duración aproximada: 60 minutos. A elixir entre: a) “O valor dos residuos”. b) “Os residuos na Coruña”.
  • Actividades na aula. Duración aproximada: 60 minutos. Neste caso, poderase elixir entre: a) Xogo de simulación “O destino dos residuos”. b) Obradoiro de investigación “Exame aos plásticos”. c) Xogo “Separa e gana”. d) Xogamos a reciclar
  • Visita guiada. Duración aproximada: 90 minutos. A elixir entre: a) Planta de Tratamento de Residuos de Nostián. b) Parque de Bens (vertedoiro selado). c) Punto limpo (60 min).

Os Residuos Urbanos na Coruña

Destinatarios

3er ciclo de E. Primaria, 1º e 2º de E.S.O. e E. Especial.

Duración

Idade preferente

Actividades

Audiovisual

(a elixir un)

O valor dos residuos

60 min

3er ciclo E.P.

Os residuos na Coruña

60 min

1º e 2º E.S.O.

Actividade na Aula

(a elixir unha)

Xogamos a reciclar

60 min

3er ciclo E.P.

Xogo “Separa e gana”

60 min

3er ciclo E.P.

Obradoiro de investigación “Exame aos plásticos

60 min

1º e 2º E.S.O.

Xogo de simulación “O destino dos residuos

60 min

1º e 2º E.S.O.

Visita guiada

(a elixir unha)

Planta de Tratamento de Residuos Nostián

90 min

1º e 2º E.S.O.

Parque de Bens (vertedoiro selado)

60 min

1º e 2º E.S.O.

Punto Limpio

60 min

3er ciclo E.P.

Material de Apoio

Manual do Profesor

Manual do Alumno

Secuenciación preferente

De outubro a abril