Índice
AVISOS
  • Como novidade para o curso 2013-14, a inscrición na ficha xeral será online

  • Pode contactar connosco no mail gestionim@edu.coruna.es ou no teléfono 981902327

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Presentación

Presentación do libro e información sobre o servizo municipal de educación

Resumo

Pdf co resumo de todos os programas, actividades e datas.

Fichas de solicitude xeral e específica

Acceso e descarga das fichas
Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Servizo Municipal de Xuventude Servizo Municipal de Deportes Programas educativos doutros servizos municipais Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

A ruta da auga na Coruña

Información xeral
Descrición

A auga é un dos principais recursos para a vida e o seu abastecemento e uso é vital para o funcionamento de calquera fogar, industria ou servizo. O circuíto xeral da auga nunha cidade desenvólvese desde a súa captación até a súa depuración final antes de ser vertida, pasando pola súa canalización, potabilización, distribución, etc. De forma habitual os usuarios obviamos este proceso e apenas prestamos atención a todo este ciclo, excepto cando carecemos de auga. Como utilizamos este recurso? Que consecuencias se prodúcen coas nosas actitudes?

OBXECTIVOS DO PROGRAMA:

  • Recoñecer e valorar a importancia da auga como un recurso imprescindible, tanto a nivel vital como no sistema urbano actual.

  • Orientar as actitudes do uso da auga cara a outras que fomenten o aforro, o seu uso máis racional e ecolóxico.

  • Investigar, seguir e recoñecer a ruta que segue a auga que se utiliza na cidade, desde a súa captación até a súa devolución ao ciclo natural.

Persoas destinatarias

Alumnado de 2º e 3er ciclos de E. Primaria e de E. Especial.

Período de realización

De outubro de 2013 a xuño de 2014

Novidades para este curso

Máis información

DESCRICIÓN:

O Programa desenvólvese en tres sesións diferentes:

  • Audiovisual interactivo: Proxección comentada na aula con coloquio. Duración aproximada: 60 minutos. A elixir entre: a) “A Ruta da auga na Coruña”. b) “Auga a medida”. c) “O río Mero”
  • Actividades na aula. Duración aproximada: 60 minutos. Neste caso, poderase elixir entre: a) Gran xogo “A auga na Coruña”, b) Obradoiro de experimentación “Experimentos coa auga”, c) Obradoiro de investigación “Entrevistas co Mero"
  • Visita guiada. Duración aproximada: 90-120 minutos. A elixir entre: a) “Encoro de Abegondo-Cecebre”. b) “Planta potabilizadora da Telva”. c) “De expedición polo río Mero”.

A ruta da auga na Coruña

Destinatarios

2º e 3er ciclos de E. Primaria e de E. Especial

Duración

Idade preferente

Actividades

Audiovisual

(a elixir un)

A Ruta da auga na Coruña

60 min

2º e 3er ciclo E.P.

Auga a medida

60 min

3er ciclo E.P.

O río Mero

60 min

2º e 3er ciclo E.P.

Actividade na Aula

(a elixir unha)

Gran xogo “A auga na Coruña”

60 min

2º e 3er ciclo E.P.

Obradoiro de experimentación “Experimentos coa auga”

60 min

3er ciclo E.P.

Obradoiro de investigación: “Entrevistas co Mero”

60 min

2º e 3er ciclo E.P.

Visita guiada

(a elixir unha)

Encoro de Abegondo-Cecebre

90 min

2º e 3er ciclo E.P.

Planta potabilizadora da Telva

90 min

3er ciclo E.P.

De expedición polo río Mero

120 min

2º e 3er ciclo E.P.

Material de Apoio

Manual do Profesor

Manual do Alumno

Secuenciación preferente

De outubro a xuño