Índice
AVISOS
  • Como novidade para o curso 2013-14, a inscrición na ficha xeral será online

  • Pode contactar connosco no mail gestionim@edu.coruna.es ou no teléfono 981902327

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Presentación

Presentación do libro e información sobre o servizo municipal de educación

Resumo

Pdf co resumo de todos os programas, actividades e datas.

Fichas de solicitude xeral e específica

Acceso e descarga das fichas
Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Servizo Municipal de Xuventude Servizo Municipal de Deportes Programas educativos doutros servizos municipais Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Educación Ambiental

Información xeral
Descrición

A COMUNIDADE EDUCATIVA.
A introdución da Educación Ambiental (EA) no sistema educativo abórdase desde unha perspectiva transversal, a fin de que impregne todas as áreas do currículo desde os primeiros niveis. Ha de ter en conta:

  • que os obxectivos sexan asumidos por toda a comunidade educativa: profesorado, alumnado, pais/nais e administración.
  • que os contidos do currículo teñan que ver coa experiencia e vivencias cotiás do alumno, presentándoos á luz da súa experiencia vital e agrupándoos ao redor de eixes significativos.

O PAPEL DA ADMINISTRACIÓN LOCAL.
Desde a administración local, o reto consiste en ofertar un conxunto integrado de recursos destinados especificamente aos centros de ensino para desenvolver aqueles obxectivos que nos seus Proxectos Educativos expóñense no marco da EA. Por tal motivo, o labor do Servizo Municipal de Medio Ambiente é dobre:

  • Por unha banda, brindar unha ferramenta educativa de primeira orde aos centros educativos da cidade.
  • Por outra, impulsar o esforzo de converter a todos os cidadáns en copartícipes na xeración do sistema de uso e xestión de recursos ambientalmente eficientes.

Co Programa de Educación Ambiental que se expón desde o Concello da Coruña establécese un estreito vínculo entre as actuacións de xestión municipal e o coñecemento que delas teña a comunidade escolar e, por extensión, a poboación en xeral, así como unha mellora da participación directa nos temas que se expoñen.

Persoas destinatarias

Centros educativos do Concello da Coruña .

Grupos de alumnos/as e profesores/as de E. Infantil (4 e 5 anos), E. Primaria, E. Secundaria Obrigatoria e E. Especial (segundo programa).

Condicións do programa
  • Nº máximo de alumnos por grupo: 25/30
  • A asignación dos grupos farase tendo en conta a orde de inscrición.
  • Non inclúe servizo de transporte, que correrá por conta do centro educativo.
Inscrición alumnos
Máis información

METODOLOXÍA: En cada centro actuarase en dúas xornadas diferentes:

  • Xornada 1: proxección dun audiovisual e obradoiro ou actividade en aula para reforzar os contidos e cambios de actitude. Avaliación.
  • Xornada 2: xornada de visita guiada ou itinerario interpretativo.

Nalgúns programas invertirase a orde da visita e o obradoiro.

MATERIAL DE APOIO.
Como soporte das actividades, o material de apoio serve para realizar un traballo complementario tanto na aula como nas saídas ao exterior.
Os manuais do profesor e do alumno para cada un dos programas pódense descargar da páxina web: http://www.coruna.es/medioambiente/

  • Manual do alumno: ofrecerá contidos relativos a cada programa e fichas de traballo para o seguemento das rutas. Baseado en información gráfica facilmente asimilable.
  • Manual do profesor: cumpre fundamentalmente dúas funcións: ofrecer información suplementaria ao educador para poder solucionar as dúbidas dos alumnos e ser un complemento ás actividades guiadas con alternativas para traballo na aula.
Inscrición
Inscrición alumnos
Contacto
Información de contacto

COORDINACIÓN:
Servizo de Medio Ambiente e Sanidade
Sede: r/ Pedro Ferrer s/n – Edificio Casa da Agua 5ª planta (15011)
Teléfono: 981 18 43 15
Fax: 881 87 42 95
Páxina web: www.coruna.es/medioambiente/
Coordinador: Guillermo Leira Nogales, Xefe de Sección de Calidade Ambiental
Concelleiro Delegado de Medio Ambiente e Sanidade: Enrique Luis de Salvador Sánchez