Índice
AVISOS
  • Como novidade para o curso 2013-14, a inscrición na ficha xeral será online

  • Pode contactar connosco no mail gestionim@edu.coruna.es ou no teléfono 981902327

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Presentación

Presentación do libro e información sobre o servizo municipal de educación

Resumo

Pdf co resumo de todos os programas, actividades e datas.

Fichas de solicitude xeral e específica

Acceso e descarga das fichas
Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Servizo Municipal de Xuventude Servizo Municipal de Deportes Programas educativos doutros servizos municipais Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Visitas escolares ás Bibliotecas Municipais

Información xeral
Descrición

Con este programa as Bibliotecas Municipais pretenden, desde unha formulación lúdica, achegar aos nenos e profesores ao mundo da biblioteca para coñecer os seus recursos, organización e servizos.

As visitas, planificadas para cursos sucesivos, teñen contidos e formatos axeitados ás distintas idades e permiten unha aproximación paulatina ao que é e ao que ofrece unha biblioteca.

Persoas destinatarias

Alumnado de 2º ciclo de E. Infantil e de 2º, 4º e 6º cursos de E. Primaria de centros educativos do municipio.

EDUCACIÓN PRIMARIA

A oferta para o 1º ciclo de E. Primaria consiste nunha VISITA PARA 2º CURSO. Nesta visita o noso labor centrarase fundamentalmente no traballo do álbum ilustrado e na lectura de imaxes dándolle un certo protagonismo aos contos clásicos da Literatura Infantil.

A visita ten os seguintes obxectivos específicos:

  • Fomentar a lectura de imaxes como destreza ou capacidade
  • Interpretar as ilustracións/imaxes dos textos
  • Identificar o título e o autor nas obras de ficción
  • Identificar o autor e o ilustrador e distinguir as súas diferentes funcións
  • Inventar historias a partir das ilustracións dun libro
  • Fomentar o gusto por ver ou ler os libros

A oferta para 2º ciclo propón VISITAS PARA 4º CURSO. Nelas, alumnado e profesorado, a través dunha proposta participativa, descubrirán que a información pódese presentar en distintos soportes e que é posible atopar aquilo que buscan, utilizando os recursos que ofrecen as bibliotecas.

Os obxectivos específicos para esta visita serán os seguintes:

  • Iniciarse na consulta de catálogos e saber interpretar a información contida neles.
  • Aprender a localizar documentos.
  • Presentar unha selección de títulos en diferentes formatos e chamar a atención cara a determinados temas, autores,...
  • Descubrir que a biblioteca pode dar resposta aos seus intereses persoais.

Para o 3º ciclo, mantense a oferta de VISITAS PARA 6º CURSO, co obxectivo xeral de que o alumnado alcance maior autonomía nas técnicas de procura e uso da información, xa que se atopa na antesala da Educación Secundaria e incrementarase a necesidade de dominar estas habilidades.

Por iso, a visita terá os siguientes obxectivos específicos:

  • Comprender e utilizar o sistema de clasificación e organización da colección.
  • Recoñecer as diferentes fontes de información e instruir na súa correcta utilización.
  • Identificar e saber utilizar as partes do documento que conteñen información complementaria.
  • Coñecer os sistemas de organización gráfica da información.


Condicións do programa
  1. Para participar no programa de Visitas é condición necesaria a asistencia a unha reunión previa de preparación. A non asistencia á devandita reunión implicará a cancelación da visita solicitada.
  2. Unha vez presentada a solicitude, calquera aclaración ou información solicitarase ás coordinadoras do Programa de Visitas no Servizo Municipal de Bibliotecas. Unha vez asignada a visita a unha Biblioteca determinada, os contactos serán coa persoa responsable da mesma nesa biblioteca.
  3. TRANSPORTE: correrá a cargo do centro educativo
Horario

Como norma xeral a duración estimada das visitas non excederá as dúas horas. En función da visita adxudicada comunicarase a duración exacta.

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 11 de setembro ao 11 de outubro.

Ficha de solicitude específica “DESCUBRIR OS LIBROS”

Do 11 de setembro ao 11 de outubro

No caso de que a demanda de visitas exceda os máximos sinalados para cada biblioteca, procederase á adxudicación por rigorosa orde de inscrición.

A asignación dos grupos ás distintas bibliotecas municipais farase tendo en conta a proximidade dos centros participantes a cada unha delas

Máis información

Reunión previa de preparación da visita.

Nestes encontros entre bibliotecarios e mestres explicarase o contido de cada unha das visitas; entregarase o material correspondente; falarase do traballo anterior e/ou posterior na aula e resolverase calquera dúbida ou inconveniente que puidera xurdir.

A devandita reunión desenvolverase na biblioteca que cada mestre/a teña asignada para asistir co seu alumnado.

Centros onde se oferta

As Bibliotecas Municipais que acollerán visitas escolares son:

  • BIBLIOTECA MUNICIPAL ÁGORA: máximo 25 visitas (mércores, xoves e venres)
  • BIBLIOTECA MUNICIPAL CASTRILLÓN: máximo 20 visitas (martes e mércores)
  • BIBLIOTECA MUNICIPAL FORUM METROPOLITANO: máximo 25 visitas (luns e mércores)
  • BIBLIOTECA MUNICIPAL INFANTIL E XUVENIL: máximo 30 visitas (martes, xoves e venres)
  • BIBLIOTECA MUNICIPAL MONTE ALTO: máximo 30 visitas (martes e xoves)
  • BIBLIOTECA MUNICIPAL ROSALES: máximo 15 visitas (martes e mércores)
  • BIBLIOTECA MUNICIPAL SAGRADA FAMILIA: máximo 20 visitas (luns e xoves)
Inscrición
Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 11 de setembro ao 11 de outubro.

Ficha de solicitude específica “DESCUBRIR OS LIBROS”

Do 11 de setembro ao 11 de outubro

No caso de que a demanda de visitas exceda os máximos sinalados para cada biblioteca, procederase á adxudicación por rigorosa orde de inscrición.

A asignación dos grupos ás distintas bibliotecas municipais farase tendo en conta a proximidade dos centros participantes a cada unha delas

Contacto
Información de contacto

COORDINACIÓN:
Servizo Municipal de Bibliotecas
Sede: Casa da Cultura Salvador de Madariaga
R/ Durán Loriga, 10 - 1º. (15003).
Teléfono: 981 18 43 84
Fax: 981 18 43 85
Correo electrónico: smb@coruna.es
Páxina web: www.coruna.es/bibliotecas
Dirección: Isabel Blanco Pardo
Servizos: Coordinación de programas e persoal, xestión administrativa e económica, difusión e novos proxectos.
Horario: De 8 a 21 horas de luns a venres.

Concellaría de Cultura: Ana María Fernández Gómez