Índice
AVISOS
  • Como novidade para o curso 2013-14, a inscrición na ficha xeral será online

  • Pode contactar connosco no mail gestionim@edu.coruna.es ou no teléfono 981902327

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Presentación

Presentación do libro e información sobre o servizo municipal de educación

Resumo

Pdf co resumo de todos os programas, actividades e datas.

Fichas de solicitude xeral e específica

Acceso e descarga das fichas
Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Servizo Municipal de Xuventude Servizo Municipal de Deportes Programas educativos doutros servizos municipais Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Museo Castro de Elviña

Información xeral
Descrición

O castro de Elviña é un característico xacemento amurallado da denominada Cultura Castrexa na súa fase avanzada. A súa superficie estimábase nunhas 2,5 Ha, por o que se formulaba que, se ben estaba lonxe dos maiores castros coñecidos no Noroeste da Península Ibérica (situados polo xeral no norte de Portugal), dentro do seu contexto rexional era un poboado de dimensións apreciables.

Este poboado protohistórico situado entre A Zapateira e Elviña, sobre o val de Feáns e Mesoiro, nun outeiro que domina unha área de suave relevo que aínda conserva as trazas do que foi a paisaxe tradicional de outeiros, valgas, vexetación, camiños, cultivos e arquitectura. Desde o cume do castro contémplase toda a cidade da Coruña nunha amplísima vista.

Está declarado Ben de Interese Cultural (BIC), anteriormente Monumento Histórico Artístico (Decreto 1758 /1962 de 5 de xullo). Desde o ano 1947 leváronse a cabo escavacións arqueolóxicas que continúan na actualidade.

Nas sucesivas escavacións arqueolóxicas realizadas foron aparecendo as diferentes estruturas que conforman o Castro: as murallas cos seus accesos, as construcións domésticas, as áreas artesanais, os sistemas de evacuación de augas.... Ademais recuperáronse restos materiais que, unha vez estudados, aportan datos para o coñecemento da vida no castro e a súa cronoloxía: fragmentos de cerámica que conformaron diferentes recipientes, ánforas, pedras de muíños, fíbulas e outros elementos metálicos así como as pezas de ourivería do conxunto coñecido como o Tesouro de Elviña, que se expoñen no Museo Arqueolóxico e Histórico “Castelo de San Antón”.

Persoas destinatarias

Alumnado E. Primaria, ESO, Bacharelato e FP.

Máximo de 25-30 alumnos por grupo, acompañados do profesorado responsable.

Período de realización

De xaneiro a xuño de 2014, días lectivos de luns a venres, ás 10:00h. e ás 11:45 h.

Condicións do programa

PROGRAMA NO CASTRO DE ELVIÑA: PERCORRENDO O CASTRO: Visita guiada ao Castro de Elviña, cun percorrido polo contorno e interior do recinto, con explicación e observación das súas características.

  • As visitas son guiadas e duran entre 60-90 minutos.
  • A adxudicación das visitas non inclúe servizo de autobús, excepto para os CEIPs da cidade inscritos a través do programa “Coruña Educa".
  • O centro educativo deberá comunicar calquera modificación con 48 horas de antelación
  • As visitas son guiadas por un monitor.
  • Porase á disposición do profesorado, información e unidades didácticas. Nos casos que se solicite, aportarase outra información complementaria.
  • Os visitantes deberán traer roupa e calzado cómodo para poder moverse polo Castro sen dificultade
Horario

Días lectivos de luns a venres, ás 10:00h. e ás 11:45h.

Custo

Todas as visitas son gratuítas e con previa inscrición, excepto para os centros de fóra da cidade que realicen as visitas do Museo fóra do programa "Coruña Educa" que deberán aboar 1,00 € por alumno.

Novidades para este curso

Punto de encontro: os autobuses deberán presentarse na parada do bus no vial do Campus de Elviña ao Campus da Zapateira na Universidade de A Coruña

Material didáctico do programa: (anexos en PDF)

1. Información para o Profesorado.

2. Material para o 1º e 2º ciclo de Primaria:

- Unidade 1: Coñecemos o Castro.

3. Material para o alumnado de 3º ciclo de E. Primaria, ESO, Bacharelato e FP.

- Unidade 2: Situación do Castro e características xerais.

- Unidade 3: Arquitectura do Castro.

- Unidade 4: Do Castro ao Museo (a realizar en combinación coa unidade “Escavamos no Castrexo” do Programa “Un Paseo pola Historia” do Museo Arqueolóxico).

Centros onde se oferta

Todo tipo de centros educativos

Contacto
Información de contacto

A través do programa “Coruña Educa”, segundo as propias características do programa ou no Museo Arqueolóxico e Histórico “Castelo de San Antón”

Teléfono: 981 18 98 50/ Fax: 981 18 98 51

Correo electrónico: arqueovisitas@coruna.es

Contacto visitas: Ana Martínez Arenaz e Montserrat Ferro Torres