Índice
AVISOS
  • Como novidade para o curso 2013-14, a inscrición na ficha xeral será online

  • Pode contactar connosco no mail gestionim@edu.coruna.es ou no teléfono 981902327

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Presentación

Presentación do libro e información sobre o servizo municipal de educación

Resumo

Pdf co resumo de todos os programas, actividades e datas.

Fichas de solicitude xeral e específica

Acceso e descarga das fichas
Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Servizo Municipal de Xuventude Servizo Municipal de Deportes Programas educativos doutros servizos municipais Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Museo arqueolóxico e histórico "Castelo de San Antón"

Información xeral
Descrición

O Museo Arqueolóxico está en plena transformación. As novas formulacións do Patio de Armas e da planta baixa da Casa do Gobernador vense acompañadas por novos programas didácticos dirixidos especificamente ao público escolar. Ademais de manterse as tradicionais visitas xerais ao Museo ou ao Castro de Elviña, ofértanse outras actividades para as que será preceptiva a previa preparación entre o profesorado e o persoal técnico do Museo, singularmente para os obradoiros didácticos.

PROGRAMAS NO MUSEO ARQUEOLÓXICO:

1.1. UN PASEO POLA HISTORIA

O Museo Arqueolóxico e Histórico permite facer diferentes tipos de percorridos polas súas salas: un percorrido xeral que abrangue as seccións de Arqueoloxía e Historia, ou ben uns percorridos máis específicos pola sección de Historia da cidade da Coruña e do propio Castelo de San Antón, ou pola sección de Arqueoloxía. A parte de arqueoloxía está subdividida en diferentes apartados: a Prehistoria, os Castros e a Romanización. Un percorrido que nos permite coñecer mellor o noso pasado a partir dos restos materiais dos nosos antepasados saberemos un pouco máis de como vivían, qué comían, ou cómo se relacionan, os homes e mulleres da Prehistoria, da época castrexa e na época da romanización, grazas ás ferramentas e útiles cotidianos e de traballo atopados nas escavación arqueolóxicas da cidade de A Coruña e ao longo da provincia e da comunidade galega.

1.2. DESCUBRINDO A ARQUEOLOXÍA: OBRADOIRO DIDÁCTICO.

Ofértanse un obradoiro práctico, que será dirixido polo persoal do museo: “O Gabinete Arqueolóxico”. Este obradoiro achega aos alumnos o traballo dos arqueólogos, amosándose o proceso levado a cabo tanto na escavación (catas, escavación, extracción de materiais, clasificación dos mesmos...) coma o posterior traballo no museo cos materiais (investigación, catalogación, fotografado). Nesta actividade traballarase cos materias de maneira directa: cás ferramentas de traballo empregadas na escavación e no museo, e con diferentes pezas arqueolóxicas, tanto orixinais como con reprodución de diferente épocas.

Persoas destinatarias

  • Alumnos de 2º ciclo de E. Infantil, E. Primaria, ESO, Bacharelato e FP de todo tipo de centros (públicos, concertados e privados)

  • Máximo: de 25-30 alumnos por grupo, acompañados do profesorado responsable.
  • Coa posibilidade de simultanear 2 grupos.
Período de realización

As visitas farense de marzo a xuño de 2014, en días lectivos de martes a venres

Condicións do programa

Pódense facer diferentes tipos de visitas ás salas do museo, segundo sexan as necesidades do alumnado, adaptándose ao nivel educativo requirido polo grupo.

  • As visitas son guiadas e duran aproximadamente 60 minutos.
  • A adxudicación das visitas non inclúe servizo de autobús, excepto para os CEIPs da cidade inscritos a través do programa “Coruña Educa”
  • O centro educativo deberá comunicar calquera modificación con 48 horas de antelación.
  • As visitas son guiadas por un monitor.
  • Entregarase ao profesorado información e unidades didácticas. Nos casos que se solicite, porase á súa disposición outra información complementaria.
Horario

De martes a venres en horario de mañá: de 10:00h. a 14:00h.

Custo

Todas as visitas son gratuítas e con previa inscrición, excepto para os centros de fora da cidade que realicen as visitas do Museo fora do programa "Coruña Educa" que deberán aboar 1,00 € por alumno.

Novidades para este curso

Ofértase unha visita pensada para o 2º ciclo de E. Infantil, 1º e 2º ciclos de E. Primaria, baixo o título: “SOMOS ARQUEÓLOGOS”. Logo dunha breve explicación das salas e de entrar en contacto co mundo da arqueoloxía, os rapaces farán unha actividade práctica, modo de xogo de pistas que consta dunha serie de tarxetas nas que se reproducen imaxes de fragmentos ou pezas das expostas nas vitrinas de arqueoloxía. Os Alumnos deberán localizalas e descubrir o enigma que agochan.

Contacto
Información de contacto

A través do programa “Coruña Educa”, segundo as propias características do programa (ENLACE) ou directamente no Museo Arqueolóxico e Histórico “Castelo de San Antón”

Teléfono: 981 18 98 50/ Fax: 981 18 98 51

Correo electrónico: museo.arqueoloxico@coruna.es

Horario xeral de apertura ao público:

De martes a sábado: de 10:00 a 19:30 h. (até as 21:00 h. nos meses de xullo e agosto).

Domingos e festivos: de 10:00 a 14:30 h. (até as 15:00 h. nos meses de xullo e agosto).

Luns: pechado ao público.

Contacto visitas: Ana Martínez Arenaz e Montserrat Ferro Torres