Índice
AVISOS
  • Como novidade para o curso 2013-14, a inscrición na ficha xeral será online

  • Pode contactar connosco no mail gestionim@edu.coruna.es ou no teléfono 981902327

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Presentación

Presentación do libro e información sobre o servizo municipal de educación

Resumo

Pdf co resumo de todos os programas, actividades e datas.

Fichas de solicitude xeral e específica

Acceso e descarga das fichas
Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Servizo Municipal de Xuventude Servizo Municipal de Deportes Programas educativos doutros servizos municipais Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Coruña Tics

Páxina Web educativa municipal

A páxina web educativa municipal sirve de nexo de comunicación entre todos os centros, como fondo de documentación didáctica e de canal de difusión de información educativa, lúdica e cultural. O obxectivo da nosa páxina é ampliar e reforzar o contacto entre persoal docente, alumnado, equipos directivos, centros de ensinanza e institucións.
A Web Educativa do Concello da Coruña é un paso firme e decidido cara á integración plena do mundo virtual na información do servizo educativo do concello.

A través das distintas sección da Web Educativa Municipal, o Concello da Coruña ofrece aos usuarios diferentes contidos e servizos:

EN PORTADA:

· Novas dos Programa Educativos Municipais: Sección de novas relacionadas coas actividades organizadas polo propio Concello e dirixidas á comunidade escolar.
· Actualidade: Axenda de actividades de carácter educativo organizadas por outras entidades e institucións e anuncio de distintas axudas, bolsas e concursos relacionados coa docencia e a actividade escolar.
· Boletín de novas: Coa subscrición das novas do portal a través do boletín electrónico poderase recibir no correo electrónico periodicamente as novidades do eido educativo da cidade.
· Sección multimedia: Aplicacións multimedia con uso combinado de vídeos e imaxes onde é posible visitar os distintos traballos e actividades que o alumnado leva a cabo nos programas educativos organizados pola Concellaría.
· Acceso directo aos centros escolares: Pódese acceder ás webs dos distintos centros da cidade.
· Sección específica para as escolas infantís: As actividades levadas a cabo nos distintos centros REIM así como toda a información relativa as escolas infantís poderanse atopar neste apartado específico.
· Sección específica para os Programas Educativos: Toda a información dos Programas Educativos do Concello será continuamente actualizada nesta sección.
· Calendario de actividades: Calendario de eventos onde se pode consultar todas as actividades interesantes que se poden facer na cidade
· Acceso Directo ao Libro Dixital: O Libro Dixital recopila toda a información relacionada cos programas educativos que desde a Concellaría se levarán a cabo no curso 2013-2014 organizada a través dun índice claro e accesible
· Banners coas novidades do momento: Na cabeceira da páxina poderemos acceder a través de banners feitos cun coidado deseño, a todas aquelas actividades relevantes do momento.

OUTRAS SECCIÓNS EN MENÚ:

· Representantes Municipais: Nesta sección poderase atopar toda a información útil para os representantes municipais nos Consellos Escolares así como a distinta lexislación existente neste ámbito.
· Recursos: Ademais da lexislación educativa actualizada, pódense atopar recursos didácticos para utilizar na aula ou as edicións dos periódicos escolares elaborados polos centros.