Índice
AVISOS
  • Como novidade para o curso 2013-14, a inscrición na ficha xeral será online

  • Pode contactar connosco no mail gestionim@edu.coruna.es ou no teléfono 981902327

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Presentación

Presentación do libro e información sobre o servizo municipal de educación

Resumo

Pdf co resumo de todos os programas, actividades e datas.

Fichas de solicitude xeral e específica

Acceso e descarga das fichas
Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Servizo Municipal de Xuventude Servizo Municipal de Deportes Programas educativos doutros servizos municipais Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Xogos escolares

Información xeral
Descrición

Son torneos deportivos dirixidos ao alumnado desde 2º de Educación Primaria até Bacharelato e FP (medio e superior) de centros educativos da cidade.

Teñen como obxectivo xeral incluír a competición como parte da formación e do desenvolvemento deportivo e persoal do alumnado. O carácter de apertura que presentan os xogos, ao dirixirse aos/ás rapaces/as dos diferentes centros docentes da cidade en xeral, posibilita que calquera alumno/a (do rango de idades marcadas), federado/a ou non, poda participar nos diferentes torneos.

Persoas destinatarias

XOGOS ESCOLARES EN EDUCACIÓN PRIMARIA

Nesta etapa educativa, os Xogos estarán integrados por modalidades deportivas adaptadas e estruturadas para as diferentes idades dos/as participantes en dúas categorías mixtas.

CATEGORÍAS

  • BENXAMÍN: escolares matriculados en 2º, 3º e 4º
  • ALEVÍN: escolares matriculados en 5º e 6º

MODALIDADES DEPORTIVAS

  • II Torneo escolar de baloncesto
  • II Torneo escolar de balonmán
  • II Torneo escolar de xadrez
  • I Torneo escolar de voleibol (só alevín)
  • I Torneo escolar de waterpolo (só alevín)

XOGOS ESCOLARES NA EDUCACIÓN SECUNDARIA

Nestas etapas educativas, os Xogos estarán integrados por modalidades deportivas adaptadas e estruturadas para as diferentes idades dos participantes

CATEGORÍAS

  • CATEGORÍA A: ESO
  • CATEGORÍA B: BACHARELATO E CICLOS FORMATIVOS

MODALIDADES DEPORTIVAS

  • II Torneo Municipal de baloncesto (masculino)
  • II Torneo Municipal de baloncesto (feminino)
  • II Torneo Municipal de balonmán (masculino)
  • II Torneo Municipal de fútbol 11 (masculino)
  • II Torneo Municipal de fútbol 7 (feminino)
  • I Torneo Municipal de voleibol
  • I Torneo Municipal de softball
  • I Torneo Municipal de waterpolo
  • I Torneo Municipal de fútbol sala
Período de realización

De novembro de 2013 a maio de 2014

Horario
  • Para Educación Primaria: Os Xogos Escolares terán lugar un día á semana en horario de 18:00h. a 20:00h.
  • Para Educación Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos: Os Xogos Escolares terán lugar un día á semana en horario de 15:00h. a 18:00h.
Custo
  • Os Xogos Escolares son gratuítos para os/as participantes.
  • A inscrición nos Xogos implica estar cuberto por un seguro de accidente, a dotación do equipamento, material e, no caso dos CEIPS públicos da cidade, o transporte gratuíto de ida e volta ao centro educativo de orixe e acompañamento o día da competición.
  • Para os grupos formados fóra do Programa de Escolas Municipais habilitarase persoal responsable para cada grupo inscrito nos Xogos
Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 11 de setembro ao 11 de outubro

Inscrición alumnos
  • Datas de Inscrición: Do 30 de setembro ao 25 de outubro de 2013 (*)
  • Formulario de solicitude: as persoas interesadas poderán descargar o formulario de inscrición na paxína web www.coruna.es/deportes. Deberase cumprimentar a folla de inscrición para cada un dos equipos, e unha folla individual para cada un dos compoñentes, agás no caso do xadrez, donde só será necesaria a folla individual..
  • Lugar de inscrición: no local da ANPA de cada centro educativo ou a través do enderezo electrónico deportes@coruna.es. Nos centros que non teñan Escolas Deportivas Municipais, no caso de constituírse grupos para participar nos xogos, deberán notificalo ao Servizo Municipal de Deportes a través do enderezo electrónico: deportes@coruna.es

(*)Unha vez comezado o programa, poderá haber novas altas sempre e cando queden prazas vacantes no torneo elixido e no tramo de idade que lle corresponda ás persoas solicitantes, e sexa posible organizativamente

Cada centro o Anpa poderá inscribir tantos equipos como compre, cumprindo cos números máximos e mínimos establecidos.

Inscrición

Contacto
Información de contacto

Patricia Lesta Zas

educacion@coruna.es

Tel. 981 18 42 00

Fax: 981 18 43 70

Novas
Novas relacionadas
Gala final "II Xogos Escolares" O Teatro Rosalía encheuse de pequenos deportistas que recibiron nesta Gala un merecido homenaxe tras o seu paso polos "II Xogos Escolares"