Índice
AVISOS
  • Como novidade para o curso 2013-14, a inscrición na ficha xeral será online

  • Pode contactar connosco no mail gestionim@edu.coruna.es ou no teléfono 981902327

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Presentación

Presentación do libro e información sobre o servizo municipal de educación

Resumo

Pdf co resumo de todos os programas, actividades e datas.

Fichas de solicitude xeral e específica

Acceso e descarga das fichas
Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Servizo Municipal de Xuventude Servizo Municipal de Deportes Programas educativos doutros servizos municipais Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Deporte no centro

Información xeral
Descrición

Deporte no Centro é un programa integral de actividades físico-deportivas para o alumnado dos CEIPS, os IES e centros de FP públicos da cidade. As propostas deportivas realizanse en horario extraescolar, nas propias instalacións dos centros e, para eventos e competicións, nas instalacións deportivas municipais.

Persoas destinatarias

Alumnado desde 2º ciclo de Educación Infantil até Educación Secundaria obrigatoria e postobrigatoria dos centros públicos.

  • Nas Escolas Deportivas Municipais: poderán acollerse participantes da contorna do centro, aínda que non estén matriculados nel, sempre que sexa xustificada a súa participación e o Consello Escolar así o aprobe.
  • A ratio mínima para formar grupo será de 10 participantes, a máxima de 20.
Período de realización

Do 1 de outubro de 2013 ao 31 de maio de 2014

Horario

De luns a venres, das 16:00h. ás 18:00h

Periodicidade de dúas horas alternas á semana (entre as 16:00h. e as 18:00h), dunha hora de duración cada sesión. En datas de realización de actividades puntuais (encontros lúdicos, encontros deportivos...) ou competicións e torneos, este horario pódese ver incrementado nunha hora a maiores.

Custo

As familias deberán formalizar a súa participación no programa nas fichas de inscrición que lles facilitarán as ANPAS de cada centro e as cotas quedarán domiciliadas (sen cargo dos gastos bancarios de xestión de recibos) en 2 prazos: até decembro de 2013 e de xaneiro a maio de 2014.

FAMILIAS DE COTA TRIMESTRAL

De outubro a decembro de 2013

  • 1 fillo/a: 13€ por cada actividade
  • 2 fillos/as: 10,40€ por cada actividade e fillo/a
  • 3 fillos/as: 9,10€ por cada actividade e fillo/a
  • Máis de 3 fillos/as: 7,80€ por cada actividade e fillo/a

De xaneiro a maio de 2014*

  • 1 fillo/a: 20€ por cada actividade
  • 2 fillos/as: 16€ por cada actividade e fillo/a
  • 3 fillos/as: 14€ por cada actividade e fillo/a
  • Máis de 3 fillos/as: 12€ por cada actividade e fillo/a

* A partires de xaneiro de 2014, as cotas poderían ser actualizadas en función da subida do IPC correspondente ao ano anterior ou na contía que determine o Servizo Municipal de Educación .

As cotas de inscrición inclúen toda a dotación do equipamento, material e transporte necesario para o desenvolvemento das actividades, así como un seguro de accidentes para os participantes.

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 11 de setembro ao 11 de outubro

Inscrición alumnos

No Local da ANPA de cada centro educativo no que se realice a actividade.

1º PRAZO: Do 3 ao 14 de xuño de 2013

2º PRAZO: Do 9 ao 20 de setembro de 2013

Unha vez comezado o programa, poderá haber novas altas sempre e cando queden prazas vacantes no grupo de idade que se solicita.

Máis información

MODALIDADES DEPORTIVAS

  • Educación Infantil: xogos, xogos rítmicos, prepatinaxe (I) e xogos de taboleiro
  • 1º ciclo de Educación Primaria: EducaDeporte (actividades orientadas ao desenvolvemento das bases psicomotrices para facilitar a práctica deportiva posterior), ritmo, prepatinaxe (II) e prexadrez
  • 2º e 3º ciclo de Educación Primaria: baloncesto (I), fútbol sala (I), tenis (I), balonman(I), minideporte(I), atletismo(I), habilidades de loita(I), golf(I), baile moderno(I), ximnasia rítmica(I), aerobic(I), patinaxe(I), hockey(I), xadrez(I).
  • Propostas para ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior: baloncesto (I), fútbol sala (I), tenis (I), balonman(I), minideporte(I), atletismo(I), habilidades de loita(I), golf(I), baile moderno(I), ximnasia rítmica(I), aerobic(I), patinaxe(I), hockey(I), xadrez(I).
Inscrición
Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 11 de setembro ao 11 de outubro

Inscrición alumnos

No Local da ANPA de cada centro educativo no que se realice a actividade.

1º PRAZO: Do 3 ao 14 de xuño de 2013

2º PRAZO: Do 9 ao 20 de setembro de 2013

Unha vez comezado o programa, poderá haber novas altas sempre e cando queden prazas vacantes no grupo de idade que se solicita.

Contacto
Información de contacto

Patricia Lesta Zas

educacion@coruna.es

Tel. 981 18 42 00

Fax: 981 18 43 70