Índice
AVISOS
  • Como novidade para o curso 2013-14, a inscrición na ficha xeral será online

  • Pode contactar connosco no mail gestionim@edu.coruna.es ou no teléfono 981902327

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Presentación

Presentación do libro e información sobre o servizo municipal de educación

Resumo

Pdf co resumo de todos os programas, actividades e datas.

Fichas de solicitude xeral e específica

Acceso e descarga das fichas
Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Servizo Municipal de Xuventude Servizo Municipal de Deportes Programas educativos doutros servizos municipais Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Educa saúde

Información xeral
Descrición

Programa de prevención e formación que aborda a saúde dunha forma integral, creando e ensinando hábitos de vida saudable desde a infancia.

Desenvólvese en tres ámbitos fundamentais: físico, psicolóxico e relacional. O programa inclúe tamén ás familias como axente determinante na transmisión destas condutas.

Persoas destinatarias

Alumnado de educación infantil (0 a 6 anos), educación primaria, educación secundaria e educación especial así como ás súas familias.

Período de realización

Curso escolar 2013-2014

Horario

Mañás de 09:00h. a 14:00h. horas no centro educativo cunha duración de hora e media por sesión e grupo de alumnos.

Tardes de 16:00h. a 17:30h. horas dirixido ás familias. As que teñan que vir cos seus fillos ou fillas poden deixalos nos obradoiros emocionais nos que tamén se desenvolverán actividades de educación para a saúde.

Custo

Gratuíto

Inscrición centros

Os centros educativos participarán no programa dacordo co Servizo Municipal de Educación e previa aprobación do Consello Escolar e inclusión na Programación Xeral Anual.

Inscrición alumnado

Non se precisa.

Centros onde se oferta

O segundo trimestre do curso, desde o 10 de febreiro ata o 30 de abril de 2014, o programa realizarase nos seguintes centros:

  • CEIP San Francisco Javier
  • CEIP Eusebio da Guarda
  • CEIP Labaca
  • CEIP Sal Lence

E nas escolas infantís municipais:

  • Monte Alto
  • Luis Seoane

O terceiro trimestre do curso, o programa realizarase no seguintes centros:

  • CEE María Mariño
  • CEE Nosa Señora do Rosario
  • CEE Nosa Señora de Lourdes
Inscrición
Inscrición centros

Os centros educativos participarán no programa dacordo co Servizo Municipal de Educación e previa aprobación do Consello Escolar e inclusión na Programación Xeral Anual.

Inscrición alumnado

Non se precisa.

Contacto
Información de contacto

Ana Botana Pérez

educacion@coruna.es

Tel. 981 18 42 00 ext. 12041

Fax: 981 18 43 70