Índice
AVISOS
  • Como novidade para o curso 2013-14, a inscrición na ficha xeral será online

  • Pode contactar connosco no mail gestionim@edu.coruna.es ou no teléfono 981902327

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Presentación

Presentación do libro e información sobre o servizo municipal de educación

Resumo

Pdf co resumo de todos os programas, actividades e datas.

Fichas de solicitude xeral e específica

Acceso e descarga das fichas
Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Servizo Municipal de Xuventude Servizo Municipal de Deportes Programas educativos doutros servizos municipais Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

XXII Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional (XOUP)

Información xeral
Descrición

Xornadas onde se informa e orienta ao alumnado de educación secundaria sobre a oferta de estudos universitarios, formación profesional e outros estudos non regulados, así como das saídas profesionais ao seu remate.

Persoas destinatarias

Alumnado de ESO, FP e Bacharelato. Poderán acudir outras persoas interesadas se existen prazas dispoñibles.

Período de realización
  • Visitas aos centros de FP do 24 ao 27 de marzo e 2 de abril.
  • Mesa de estudos superiores de deseño, 26 de marzo

Condicións do programa

ESTUDOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL E SUPERIORES DE DESEÑO:

Visitas guiadas ás instalacións e charlas informativas sobre o sistema de acceso, o contido e as saídas profesionais dos ciclos formativos.

o Visitas aos centros de FP do 24 ao 27 de marzo e 2 de abril.

o Mesa de estudos superiores de deseño, 26 de marzo

ESTUDOS UNIVERSITARIOS:

A semana do 7 ao 11 de abril no CUR (Centro Universitario de Riazor), celebraranse diversas mesas informativas sobre os graos universitarios que se imparten nas universidades galegas.

o Semana do 7 ao 11 de abril no CUR - Centro Universitario de Riazor

SEDE

Centro Universitarios de Riazor (CUR)

R/ Almirante Lángara, s/n Tel.

Coordenadas GPS: 43° 22' 9.0114'' N 8° 25' 12.2154'' W

Custo

Gratuíto, aínda que para asistir ás mesas informativas e ás visitas aos centros de FP, é imprescindible a presentación da credencial correspondente.

Inscrición centros

A ficha estará aberta para os centros do concello da Coruña do 10 ao 20 de marzo e para os demais centros do 14 ao 20 de marzo.

As solicitudes fanse a través do centro educativo. O profesor debe de cubrir a ficha de solicitude específica “XOUP 2014” da páxina web educativa municipal (www.edu.coruna.es).

Ficha de solicitude específica “XOUP 2013-14”

As persoas interesadas en acudir que non estean inscritas nun centro educativo poden facer a solicitude no Centro Municipal de Información Xuvenil - CMIX

Novidades para este curso

Este curso, as credenciais para as visitas a centros de FP descargaranse online na propia ficha de solicitude.

Entidades colaboradoras

As Universidades da Coruña, Santiago e Vigo; Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX) e o Servizo de Asesoramento e Promoción do Estudante (SAPE).

Inscrición
Inscrición centros

A ficha estará aberta para os centros do concello da Coruña do 10 ao 20 de marzo e para os demais centros do 14 ao 20 de marzo.

As solicitudes fanse a través do centro educativo. O profesor debe de cubrir a ficha de solicitude específica “XOUP 2014” da páxina web educativa municipal (www.edu.coruna.es).

Ficha de solicitude específica “XOUP 2013-14”

As persoas interesadas en acudir que non estean inscritas nun centro educativo poden facer a solicitude no Centro Municipal de Información Xuvenil - CMIX

Contacto
Información de contacto

Susana Vara Bilbao

educacion@coruna.es

Tel. 981 18 42 00 ext. 12047

Fax: 981 18 43 70