Índice
AVISOS
  • Como novidade para o curso 2013-14, a inscrición na ficha xeral será online

  • Pode contactar connosco no mail gestionim@edu.coruna.es ou no teléfono 981902327

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Presentación

Presentación do libro e información sobre o servizo municipal de educación

Resumo

Pdf co resumo de todos os programas, actividades e datas.

Fichas de solicitude xeral e específica

Acceso e descarga das fichas
Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Servizo Municipal de Xuventude Servizo Municipal de Deportes Programas educativos doutros servizos municipais Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

XXV Certame de Teatro Escolar

Información xeral
Descrición

Programa de teatro escolar que se realiza en dúas fases:

  1. Mostra das obras a preparar e representar polos centros educativos do Concello segundo a idade dos/as participantes.
  2. Representación final das obras no Teatro Rosalía de Castro.

Persoas destinatarias

Alumnado integrante dos grupos de teatro de centros educativos do Concello:

Os centros poderán inscribir ao seguinte nº de grupos distribuídos por etapas educativas:

  • Educación infantil e primaria: até tres grupos por centro.
  • Educación secundaria: até dous grupos por centro

A lingua vehicular poderá ser o galego, castelán ou inglés.

Período de realización

A mostra realizarase nos meses de marzo, abril e maio.

A representación final celebrarase o vindeiro 22 de maio no Teatro Rosalía de Castro

Condicións do programa

1. Mostra

  • A representación teatral deberá axustarse, como mínimo e máximo, á seguinte duración:
    • Educación infantil: entre 10 e 20 minutos.
    • Educación primaria: entre 15 e 30 minutos.
    • Educación secundaria: entre 30 e 60 minutos.
  • Cada grupo representará a súa obra no seu centro e noutros dous máis da mesma etapa educativa.

O centro que recibe deberá garantir:

  • A presencia dun responsable do centro durante a representación
  • A atención aos actores e actrices
  • O acondicionamento do espazo
  • A asistencia de alumnado de idades similares
  • A convivencia entre os membros dos grupos

  • O transporte será responsabilidade do Concello.
  • A escenografía non poderá exceder dos 2,15 m. de largo para facilitar o transporte no autobús. No caso de que sexa maior, o seu transporte será responsabilidade do grupo participante.
  • É condición imprescindible a asistencia a unha reunión de coordinación cuxa data, hora e lugar confirmarase na páxina web educativa e comunicarase a cada coordinador.
  • Os grupos de teatro que non asistan a esta reunión non participarán no programa.

2. Representación final

  • Haberá unha representación final dos grupos participantes no Teatro Rosalía.
  • Daránse premios ao mellor grupo teatral nas seguintes categorías:
    • Educación infantil
    • Educación primaria
    • Educación secundaria
  • Os escolares que participen no “Programa de ocio educativo” participarán cunha representación dun grupo de infantil e outro do 1º/2º cursos de primaria
  • Haberá un premio específico para a mellor obra representada en Inglés.

Custo

AXUDA ECONÓMICA:

Unha vez finalizado o programa, o Concello, en función dos grupos participantes, poderá outorgar unha axuda de ata 250,00 € por grupo para gastos de montaxe ou posta en escea.

Non obstante os grupos que participen na representación final obterán a cantidade máxima nesta axuda.

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 11 de setembro ao 11 de outubro

Ficha de solicitude específica "CORUÑA NO TEATRO: CERTAME DE TEATRO ESCOLAR"

Do 27 de xaneiro ao 07 de febreiro

Máis información

A reunión de coordinación celebrarase o 13 de febreiro ás 18:30h. no Fórum Metropolitano.

Inscrición
Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 11 de setembro ao 11 de outubro

Ficha de solicitude específica "CORUÑA NO TEATRO: CERTAME DE TEATRO ESCOLAR"

Do 27 de xaneiro ao 07 de febreiro

Contacto
Información de contacto

Susana Vara Bilbao

educacion@coruna.es

Tel. 981 18 42 00 ext. 12047

Fax: 981 18 43 70

Novas
Novas relacionadas
Representación final do XXV CERTAMEN DE TEATRO ESCOLAR Celebrouse no Teatro rosalía de Castro o xoves 22 de maio desde ás 16:30 hasta as 17:30 horas