Índice
AVISOS
  • Como novidade para o curso 2013-14, a inscrición na ficha xeral será online

  • Pode contactar connosco no mail gestionim@edu.coruna.es ou no teléfono 981902327

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Presentación

Presentación do libro e información sobre o servizo municipal de educación

Resumo

Pdf co resumo de todos os programas, actividades e datas.

Fichas de solicitude xeral e específica

Acceso e descarga das fichas
Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Servizo Municipal de Xuventude Servizo Municipal de Deportes Programas educativos doutros servizos municipais Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Teatro escolar en inglés

Información xeral
Descrición

1,2,3 ACTION ! by theatrical

Aprendendo inglés a través do teatro.

  • Programa para aprender a usar o inglés mentres se preparan en breves representacións con profesores nativos, poñendo en práctica o léxico por medio de sinxelos diálogos en divertidos mini dramas.
  • Método Theatrical: O método theatrical esta baseado no uso intuitivo do idioma. Os alumnos van adquirindo progresivamente o vocabulario e as estructuras gramaticais necesarias para unha comunicación espontánea e natural axeitada a os seus niveis.
    O 100% da clase é oral, apoiándonos no material gráfico deseñado exclusivamente para nós e complementado con técnicas de teatro que fortalecen outras capacidades máis alá do inglés. Todos os profesores son nativos e falan en inglés durante a clase.
    Aprendemos a través da practica: dos xogos, das cancións, da actividade física. Unindo voz e corpo. Poñemos aos nenos en contexto, na escea de teatro do final da clase manexamos todo o vocabulario utilizado durante a sesión nun contexto concreto. Repetimos as esceas de teatro, pois a base de repetir recordamos e interiorizamos o aprendido.
    O vocabulario e a gramática aprendense de xeito natural, directa e intuitiva.
Persoas destinatarias
  • Escolares de 5º e 6º de Primaria.
  • Ratio mínima 10 e máxima 12 participantes
Período de realización

De outubro de 2013 a maio de 2014

Horario

Haberá un grupo por centro que recibirá 2 horas semanais agrupadas nunha soa tarde.

Custo

18€ mensuais

Inscrición alumnos

Ficha de solicitude específica “TEATRO ESCOLAR EN INGLÉS”
Do 23 ao 26 de setembro
As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.
Unha vez comezado o programa, poderá haber novas altas sempre e cando queden prazas vacantes no grupo que se solicita. No caso de non quedar prazas, o solicitante pasará a formar parte dunha listaxe de agarda
As listas de admitidos publicaranse na web educativa (edu.coruna.es) en la primera semana de outubro.

Novidades para este curso

As representacións teatrais participarán na gala final do XXV Certame de Teatro Escolar a celebrar durante o mes de maio no Teatro Rosalía de Castro

Centros onde se oferta
  • Luns: CEIP San Francisco Xabier
  • Martes: CEIP Eusebio da Garda
  • Mércores: CEIP Labaca
  • Xoves: CEIP Concepción Arenal
INFORMACIÓN RELACIONADA Lista de admitidos (53,07 kB)
Inscrición
Inscrición alumnos

Ficha de solicitude específica “TEATRO ESCOLAR EN INGLÉS”
Do 23 ao 26 de setembro
As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.
Unha vez comezado o programa, poderá haber novas altas sempre e cando queden prazas vacantes no grupo que se solicita. No caso de non quedar prazas, o solicitante pasará a formar parte dunha listaxe de agarda
As listas de admitidos publicaranse na web educativa (edu.coruna.es) en la primera semana de outubro.

Contacto
Información de contacto

Ana Botana Pérez
Servicio Municipal de Educación
Tf: 981 184 200 (ext. 12041)

Novas
Novas relacionadas
Representación final do XXV CERTAMEN DE TEATRO ESCOLAR Celebrouse no Teatro rosalía de Castro o xoves 22 de maio desde ás 16:30 hasta as 17:30 horas