Índice
AVISOS
  • Como novidade para o curso 2013-14, a inscrición na ficha xeral será online

  • Pode contactar connosco no mail gestionim@edu.coruna.es ou no teléfono 981902327

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Presentación

Presentación do libro e información sobre o servizo municipal de educación

Resumo

Pdf co resumo de todos os programas, actividades e datas.

Fichas de solicitude xeral e específica

Acceso e descarga das fichas
Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Servizo Municipal de Xuventude Servizo Municipal de Deportes Programas educativos doutros servizos municipais Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Proxecto QVO. Obradoiro para escolares con altas capacidades intelectuais

Información xeral
Descrición

Programa para alumnado diagnosticado con altas capacidades intelectuais

Persoas destinatarias

Alumnado de 3º a 6º de primaria. No caso de vacantes valorarase a inclusión de alumnado de 1º e 2º da ESO.

As persoas solicitantes deberán:

  • Estar matriculados nalgún centro educativo do Concello da Coruña. No caso de vacantes admitiranse alumnado doutros concellos.
  • Estar diagnosticado como alumnado de altas capacidades polo Equipo de Orientación Específico da Consellería de Educación, ainda que a coordinación e o equipo docente valorará outra documentación acreditativa.

Período de realización

Do 17 de outubro ao 15 de maio

Horario

Xoves de 18:30h a 20:30h

Custo

40€/mes

Inscrición alumnado

Importante: A data de inscrición para este obradoiro remata o día 25 e non o 27 como os demáis obradoiros de Coruña Diversidade.

Do día 11 ó 25 de setembro do 2013, a través da ficha online específica

A admisión no obradoiro será por orde de chegada. Prazas limitadas

Máis información

INTRODUCIÓN
O proxecto QVO son seis caras que se unen para formar un todo. Unha sen as demais non ten sentido, isto é o que sucede cos traballos artísticos baseados no traballo en equipo, sexa cine, teatro, música.... Deste xeito a analoxía está clara, a suma de varias caras que forman o equipo traballan de modo integral e con harmonía para dar lugar ao proxecto QVO.
Chamándolle así queremos achegar a realidade das altas capacidades desde un esquema aberto, flexible e rompedor.
A construción creativa, potenciar a capacidade de canalización e desbloqueos por medio das artes e ciencias é o modo de forxar unha base para o noso proxecto. Unha base que sexa dinámica e multidisciplinar, nun contexto cambiante aínda que sólido.
Nun mundo académico lineal queremos vivir e sentir diferentes parcelas de aprendizaxe. A formulación educativa é secuencial, programada e “monocromática” así pois é difícil permitir vivencias educativas creativas e reforzadoras do pensamento lateral, por iso consideramos fundamental que as nenas e nenos, especialmente os de altas capacidades, teñan oportunidade de demostrar as súas habilidades, ideas, as súas interpretacións da realidade, observar desde onde reciben a información da sociedade na que viven.

I. OBXECTIVOS

  • Aprender a traballar e respectar o traballo en equipo
  • Coñecer e desenvolver a empatía
  • Conectar todas as disciplinas nun punto común no que todos participen
  • Canalizar enerxías por medio do traballo artístico
  • Potenciar a creatividade e a imaxinación
  • Asumir a diferenciación en positivo como individuo
  • Fortalecer a autoestima


II. ACTIVIDADES
Adaptación dun Musical con obxectivos psicoeducativos:
1. Adaptación e redacción do guión
2. Elaboración, deseño e construción da escenografía
3. Deseño de vestuario, bocetos e estudo de materiais
4. Fotografía para cartelería, creación de personaxes, extensión do movemento por medio da imaxe, digitalización dos decorados
5. Creación de ambientes e espazos
6. Composición musical, instrumentación e grabación
7. Recreación de hábitats naturais e ecosistemas, anatomía e zoología animal
8. Traballo audiovisual, rodaje e montaxe
9. Representación en vivo

III. METODOLOXÍA

  • Todas as nenas e nenos participantes serán protagonistas e terán roles significativos no proxecto.
  • Se parte dunha metodoloxía aberta, flexible e dinámica.
  • Espazos compartidos entre os profesores do QVO as nenas e os nenos
  • Haberá partes que seguirán un proceso de ensino-aprendizaxe interactivo e grupal, con explicacións puntuales do persoal docente dos diferentes departamentos.
  • A metodoloxía será moi participativa, con construción activa de coñecementos e de procesos.

En canto ao tema específicamente interpretativo utilizaranse como base métodos e modelos como Stanislavski, Peter Brook, Meyerhold, Grotowski e Strasberg.
Coas familias manteranse reunións conxuntas (mínimo 2) para informar da marcha do proxecto e ofrecerase atención individualizada para problemas concretos.

IV. AVALIACIÓN

  • Realizarase un proceso de avaliación continua ao longo do desenvolvemento do proxecto do que se informará puntualmente ás familias.
  • Haberá dous momentos puntuales de avaliación obxectiva, na metade do proxecto e ao finalizar o mesmo.

Finalmente realizaranse tres enquisas: familias, nenas/os e persoal docente responsable do proxecto.
Ao finalizar o Proxecto entregarase a cada familia un informe individual da súa filla ou fillo, así como un diploma acreditativo da asistencia.

Centros onde se oferta

Aberto a todos os centros educativos

LUGAR DE IMPARTICIÓN

O obradoiro impartirase na DOMUS

Inscrición
Inscrición alumnado

Importante: A data de inscrición para este obradoiro remata o día 25 e non o 27 como os demáis obradoiros de Coruña Diversidade.

Do día 11 ó 25 de setembro do 2013, a través da ficha online específica

A admisión no obradoiro será por orde de chegada. Prazas limitadas

Contacto
Información de contacto

Ana Botana Pérez

educacion@coruna.es

Tel. 981 18 42 00

Fax: 981 18 43 70