Índice
AVISOS
  • Como novidade para o curso 2013-14, a inscrición na ficha xeral será online

  • Pode contactar connosco no mail gestionim@edu.coruna.es ou no teléfono 981902327

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Presentación

Presentación do libro e información sobre o servizo municipal de educación

Resumo

Pdf co resumo de todos os programas, actividades e datas.

Fichas de solicitude xeral e específica

Acceso e descarga das fichas
Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Servizo Municipal de Xuventude Servizo Municipal de Deportes Programas educativos doutros servizos municipais Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Obradoiro multimedia de comunicación

Información xeral
Descrición

Programa integrado por obradoiros de prensa escrita, elaboración de blogs e programas de radio en lingua galega e castelá coa colaboración de Canle/Voz.

O obxectivo é potenciar a comprensión e a expresión escrita e oral nas dúas linguas cooficiais, adquirir novas habilidades comunicativas e fomentar o espírito crítico por medio da elaboración dun xornal, dun blog e dun programa de radio.

Cada taller rematará cunha exposición pública do produto final, polo menos, ante a comunidade educativa do centro onde se realicen.

Persoas destinatarias

Escolares matriculados nos centros educativos sostidos con fondos públicos do Concello da Coruña que estean cursando 5º e 6º de E.P.

Período de realización

Do 14 de outubro de 2013 ao 30 de maio de 2014

Horario

Cada grupo recibirá tres horas semanais en horario lectivo. A distribución e organización dos grupos farase de acordo cos centros.

Custo

Gratuíto

Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 11 de setembro ao 11 de outubro.

Novidades para este curso

Acreditación:

Acreditación da formación recibida por parte do Concello, previa solicitude dos escolares participantes.

Centros onde se oferta
  • CEIP Manuel Murguía
  • CEIP Sanjurjo de Carricarte
  • CEIP Alborada
  • CEIP Montel Touzet
Inscrición
Inscrición centros

Ficha de solicitude xeral

Do 11 de setembro ao 11 de outubro.

Contacto
Información de contacto

Alfonso Queijo

educación@coruna.es

Tel. 981 18 42 00, ext. 12114

Fax: 981 18 43 70