Índice
AVISOS
  • Como novidade para o curso 2013-14, a inscrición na ficha xeral será online

  • Pode contactar connosco no mail gestionim@edu.coruna.es ou no teléfono 981902327

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Presentación

Presentación do libro e información sobre o servizo municipal de educación

Resumo

Pdf co resumo de todos os programas, actividades e datas.

Fichas de solicitude xeral e específica

Acceso e descarga das fichas
Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Servizo Municipal de Xuventude Servizo Municipal de Deportes Programas educativos doutros servizos municipais Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Libro Dixital 2013-2014

Presentación

PRESENTACIÓN DO CONCELLEIRO

O programa educativo "Coruña Educa 2013-14", que hoxe presentamos ante a comunidade educativa, persoas, profesionais e entidades colaboradoras, inicia o seu segundo curso escolar completo con importantes novidades.
Unha boa práctica que non se sustenta nunha sólida fundamentación, non é unha boa práctica. En consecuencia, Coruña Educa é un Proxecto Educativo de Cidade baseado nas competencias crave do Documento 20/20 da Unión Europea.
Trátase dun traballo aberto, flexible, participativo e en constante renovación, que ten como estratexia o deseño, desde unha perspectiva integradora, innovadora e interdisciplinar, dunha estrutura educativa a desenvolver nos centros de infantil, primaria e secundaria da cidade, en horario complementario e extraescolar.
Sendo fieis aos seus obxectivos, expomos programas e accións educativas que se inspiran nos principios da inclusión, igualdade e cohesión social, buscando a excelencia na súa realización por medio da avaliación sistemática e participativa dos diferentes axentes sociais que interveñen neles.

En consecuencia, o Programa de Ocio Educativo desenvolvido o curso pasado en 21 Ceips amplíase con dous centros máis de educación especial: Ntro. Señora do Rosario e Ntro. Señora de Lourdes.
O programa Coruña Diversidade oferta dous novos talleres específicos para alumnado con dislexia e para alumnado con autismo, que se engaden aos xa existentes para alumnado con hiperactividade e de altas capacidades.
O programa de Educación para a Saúde seguirá tendo tres ámbitos de intervención estratéxica:

  • Educa Saúde cos seus 5.987 escolares, 18 Ceips e 5 Eims, ampliarase este curso aos Institutos de Ensino Secundario, cuns contidos renovados como son a adicción ás redes sociais, a anorexia e a bulimia.
  • Nos Xogos Escolares, onde participaron na súa primeira edición máis de 1.000 deportistas de Primaria e Secundaria pertencentes a 94 equipos de 33 centros educativos, seguirá ampliándo con máis deportes dando preferencia ao alumnado que non practica deporte habitualmente, ao deporte feminino e ao alumnado discapacitado.
  • Deporte no Centro, desenvolvido en 20 centros, con 17 actividades deportivas e unha participación superior aos 1.800 alumnos, ampliarase con máis Ceips, Institutos e Centros de educación especial.

O programa para a aprendizaxe das Linguas Estranxeiras así como as accións de innovación e dinamización lingüística, serán outras das nosas prioridades:

  • Ampliaremos ás nosas Escolas Infantís Municipais a práctica do Inglés e manteremos nos 18 centros de Primaria e Secundaria a oferta de idiomas orientados á certificación dos niveis do Marco Común Europeo de Referencia das Linguas.
  • Poremos en marcha 4 novas accións de innovación e dinamización lingüística, consistentes en incentivar a participación do alumnado de todas as idades en concursos literarios de relato curto e poesía, de debate e blogs no ámbito escolar.

O programa "Coruña de Aventura" adquire un deseño máis actualizado con novas rutas e itinerarios para alumnado de todas as etapas educativas.
Por primeira vez, titulados en FP superior en centros da nosa cidade, poderán realizar prácticas en empresas europeas do Reino Unido, Austria e Italia por medio das Bolsas Europa FP- Proxecto Acore.
O valor da solidariedade e da cidadanía activa seguirá representado polos programas de "Coruña Comunica" con 1.390 alumnos participantes no curso pasado de 13 centros do Concello.
Por último e en colaboración co servizo de extinción de incendios e salvamento, alumnado e profesorado da nosa cidade aprenderán a previr situacións de risco por medio do desenvolvemento e práctica dun plan de autoprotección, prevención e seguridade nos centros.
As cifras falan por si soas cando analizamos os datos do "Coruña Educa 2012/13": 34.565 inscricións de alumnado de todas as etapas que participaron nos diferentes programas e accións educativas.

En definitiva, unha cifra de participación que supón para a nosa concellaría, unha enorme responsabilidade social ademais dun formidable reto para superar neste curso que está a piques de comezar.

Pero esta cifra tamén supón o apoio e a confirmación do desenvolvemento deste ambicioso proxecto educativo de cidade por medio do cal o Concello se comprometeu co desenvolvemento intelectual, moral, persoal e comunitario dos seus cidadáns.
Este compromiso realizámolo complementando o currículo formal do centro, e integrando o currículo informal do ámbito familiar co non formal que se adquire nun contexto social máis amplo que é o da nosa cidade.

Por iso, entendemos que é imprescindible seguir garantindo unha participación efectiva aos axentes sociais para que demostren o seu potencial educador e creativo: aos centros, familias, Federacións de Anpas, persoas, profesionais e entidades colaboradoras que nos están axudando a crear, ampliar e mellorar o Coruña Educa curso a curso.

É, debe ser, por encima de calquera consideración política ou ideolóxica, un verdadeiro traballo en equipo. Un traballo de todos e para todos.

CONCELLEIRO DE EDUCACIÓN, DEPORTES E XUVENTUDE

INFORMACIÓN RELACIONADA Servizo Municipal de Educación