Índice
AVISOS
  • Como novidade para o curso 2013-14, a inscrición na ficha xeral será online

  • Pode contactar connosco no mail gestionim@edu.coruna.es ou no teléfono 981902327

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Presentación

Presentación do libro e información sobre o servizo municipal de educación

Resumo

Pdf co resumo de todos os programas, actividades e datas.

Fichas de solicitude xeral e específica

Acceso e descarga das fichas
Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Servizo Municipal de Xuventude Servizo Municipal de Deportes Programas educativos doutros servizos municipais Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Fórum Metropolitano

Información xeral
Descrición

O Fórum Metropolitano é un CENTRO DE SERVIZOS INTEGRADOS no que se encontran situadas unidades que prestan servizos culturais e educativos (biblioteca, cines, auditorio, Centro de información xuvenil...) xunto con espazos que prestan servizos de carácter autónomo (centro de actividades sociais), e servizos administrativos.

O centro é un equipamento municipal para a xestión administrativa, a acción cultural e social, con incidencia no ámbito sociocultural e cun carácter polivalente que integra unha pluralidade de servizos que buscan cubrir necesidades de individuos, familias e grupos sociais da súa zona de influencia (colectivos do barrio) e da cidade, en xeral, facilitando a convivencia e interacción de persoas de diferente formación, afeccións e intereses (integrador da diversidade) e propiciando a cooperación de asociacións e axentes interesados nunha mesma dinámica (integrador do tecido social).

PROGRAMA DE LECER CULTURAL E SOCIAL

Este programa xestionouse os últimos anos grazas a un convenio de colaboración con Radio ECCA Fundación para a educación de adultos.

  • Obxectivos:
    • Dar alternativas para o tempo libre dos cidadáns levando a cabo actividades que permitan o desenvolvemento de distintas habilidades que sirvan para a adquisición de capacidades e que lles resulten gratificantes e enriquecedoras.
    • Promover valores de educación cívica establecendo espazos e momentos de relación social, fomentando a integración das persoas desde un programa formativo e desenvolvendo estratexias para unha mellor convivencia.
    • Utilizar a cidade e os seus recursos como referencia e recurso de formación permanente da cidadanía, co obxecto de converter a cidade e o medio urbano como elementos de onde parten centros de interese permanentes.
    • Potenciar a demanda da cidadanía na oferta de lecer e educación permanente, a través de actividades puntuais que mostren o valor da proposta formativa do Fórum.
    • Fomentar a sociabilidade das persoas, potenciando as relacións entre os participantes e evitando, na medida do posible, a formación de grupos uniformes de idade, sexo, etc.

Descrición:

O programa está constituído por talleres, clubs, círculos, campamentos e outras actividades puntuais.

1. TALLERES:

  • Abordan unha diversidade de contidos. Desenvólvense en dous ciclos:
    • Programa de outono, de setembro a decembro.
    • Programa de primavera, de febreiro a maio.
  • Dentro de cada ciclo a duración dos talleres é variable e están dirixidos por un profesional especialista.

- Destinatarios: a oferta vai dirixida ás persoas empadroadas no municipio con carácter preferente.

- Condicións de participación:

  • Débese realizar unha inscrición para cada ciclo.
  • Cada persoa só se pode inscribir ao mesmo tempo nun máximo de dous talleres (nas outras actividades non hai límite). Se quedan prazas sen cubrir nalgún taller, poderán acceder a elas todos os interesados, aínda que xa teñan cuberto a cota anterior.
  • As prazas vanse adxudicando por sorteo.

2. CLUBS

- Destinatarios: están constituídos por persoas, sen límite de idade e interesadas nun mesmo tema ou que teñen unha mesma afección e queren desenvolvela.

- Condicións de participación:

  • Fórmanse tras petición dos interesados e unha vez designada unha persoa voluntaria que asumirá tarefas de coordinación e dinamización dentro do grupo.
  • Unha vez constituído un club, as persoas interesadas en integrarse nel deberán cubrir unha solicitude e esperar a que existan prazas dispoñibles.

3. CÍRCULOS:

- Destinatarios: están constituídos por persoas, sen límite de idade e interesadas nun mesmo tema ou que teñen unha mesma afección e queren desenvolvela dirixidas baixo a dirección dun especialista profesional con carácter de voluntariado.

- Condicións de participación:

  • Débese realizar a inscrición no círculo.
  • As prazas vanse adxudicando por orde de solicitude.

4. ACTIVIDADES PUNTUAIS

Son propostas específicas sobre temáticas concretas, festividades de relevancia ou tradición ou con motivo da clausura do programa, cun carácter aberto para a cidadanía e procurando o protagonismo das persoas inscritas na organización. Co fin de ofrecer momentos de recreación puntuais ao longo da tempada e de que se coñeza a oferta e a dinámica do centro, ademais de potenciar a relación entre os participantes do programa de lecer.

Contacto
Información de contacto

FÓRUM METROPOLITANO

Sede: r/ Río Monelos, 1 (15006)

Teléfono: 981 184 293

Fax: 981 184 295

Correo electrónico: forum@coruna.es

Directora: Begoña Llamosas

Correo electrónico: forum@coruna.es

Animadora sociocultural: Laura Cedrón Puente

Correo electrónico: forumocio@coruna.es