Índice
AVISOS
  • Como novidade para o curso 2013-14, a inscrición na ficha xeral será online

  • Pode contactar connosco no mail gestionim@edu.coruna.es ou no teléfono 981902327

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Presentación

Presentación do libro e información sobre o servizo municipal de educación

Resumo

Pdf co resumo de todos os programas, actividades e datas.

Fichas de solicitude xeral e específica

Acceso e descarga das fichas
Programas educativos do Servizo Municipal de Educación Servizo Municipal de Xuventude Servizo Municipal de Deportes Programas educativos doutros servizos municipais Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

Arquivo municipal

Información xeral
Descrición

O Arquivo Municipal pódese definir como o centro no que se xestionan, reúnen, custodian e difunden fondos documentais públicos, privados e coleccións referidos á Coruña en particular, e a Galicia en xeral (séculos XI ao XXI). A súa finalidade é servir como testemuña e información á administración, aos cidadáns en defensa dos seus dereitos e deberes, aos investigadores como fonte documental para o estudo da historia, e á cultura en xeral.

O fondo público de maior importancia é o do propio Concello da Coruña. Trátase dos documentos producidos e recibidos polo Concello no transcurso da súa xestión ao longo do tempo, destacando as subseccións seguintes:
Concello/Pleno; Alcaldía; Obras e Urbanismo; Abastos e Consumo; Sanidade e Asistencia Social; Educación; Cultura, Intervención,... comprendidas, cronoloxicamente, desde o s. XIII ata metade do s. XX.

O Arquivo Municipal coruñés configúrase coma un sistema integrado por diferentes niveis -arquivos de xestión, administrativo e histórico- a través do cal transfírese a documentación, nun proceso fluído, cumprindo unha serie de normas e uns prazos precisos, desde as oficinas produtoras ata o seu destino final no Arquivo Histórico.

Un Arquivo, organizado e descrito, garante unha administración transparente.

1. FONDOS:

Públicos:
Concello da Coruña (s. XIII- XXI).
Concello de Santa Mª de Oza (s.XIX-XX).
Xunta do Reino de Galicia (s. XVI- XIX).
Real Audiencia (s. XVI- XIX).

Privados:
Individuos: Alvariño González (s. XX- XXI); Bugallal e Marchesi (s. XIX- XX); Casabella López (s. XX-XXI); Castillo López (s. XIX-XX); Delicado Marañón (s.XIX-XXI); Ferrer Sanz (s. XX); Gaos Berea (s. XX); González López (s.XX); Linares Rivas (s. XIX-XX);López López (XX- XXI); Martínez Quiroga (s. XVI-XVIII); Rey Escariz (s. XIX- XX); Mariño Ortega (s. XIX- XX); Villar Martelo (s. XX); Tenreiro Rodríguez/Tenreiro Brochón (s.XX).

Asociacións: Confrarías (s.XV-XVIII), Xunta de defensa de 1893, Asamblea local da Cruz Vermella (s. XX); Ateneo da Coruña Curros Enríquez (s. XX); Xunta Técnico–Mixta do Aeroporto (s. XX).

Familias: Bermúdez de Castro (s. XVI- XX); Devesa Juega, M. T. (s.XIX-XX), Acha Patiño (s. XVIII-XIX).

Empresas: Fábrica de Mistos (s. XX); Molina e Co. (s. XIX- XX); Teatro Rosalía Castro (s. XX); Compañía Pérez Lebrón /González Villamil (s. XVIII); Diligencias Poniente de España (s. XIX); Martínez-Barbeito Construcións (s. XX); Fotografía Pacheco (s. XX), Sastreria Iglesias (XX-XXI).

2. COLECCIÓNS

Carteis e programas taurinos (s. XIX- XXI).

Carteis de festas, exposicións, ... (s. XIX-XXI).

Estampas de Galicia Carlos Martínez-Barbeito (s .XVII- XX).
Fotografías da Coruña (s. XIX- XXI).
Galegos Ilustres : Emilia Pardo Bazán, Rosalía de Castro, Manuel Murguía,... (s. XIX- XX).
Postais da Coruña (s. XIX- XXI)

Postais publicitarias ( s. XX- XXI).

Documentos antigos Martínez Salazar (s.XI- XIX).

Impresos: bandos, manifestos, avisos, ... (XVIII-XX).


Inventario Xeral de Fondose catálogos no caso de varias series documentais do fondo do Concello da Coruña e dalgunhas coleccións.

SERVIZOS:

  • CONSULTA DE DOCUMENTOS en sala.
  • INFORMACIÓN oral e escrita.
  • BIBLIOTECA AUXILIAR ESPECIALIZADA en arquivística, dereito administrativo, historia de Galicia e da Coruña. Consulta en sala
  • ORGANIZACIÓN DE MOSTRAS E EXPOSICIÓNS relacionadas co Patrimonio documental
  • VISITAS DE PROFESORES - ALUMNADO DE BACHARELATO E OUTROS COLECTIVOS (concertadas con antelación)
  • Páxina web: www.coruna.es/archivomunicipal
  • Acceso a descrición de fondos a través de http://arquivosdegalicia.xunta.es/portal



Horario

Horario: De luns a venres, de 8 a 14:30 h. (inverno)
De luns a venres, de 8 a 13:30 h. (verán).

Contacto
Información de contacto

ARQUIVO MUNICIPAL

Sede: Casa da Cultura Salvador de Madariaga
R/ Durán Loriga, 10- 3º. (15003)
Teléfono: 981 184 394
Fax: 981 184 395
Correo electrónico: arquivo@coruna.es


Arquiveira: María de la O Suárez Rodríguez
Técnicos de Arquivos:
Mª Xesús García López

Mª Cristina Sánchez Quinteiro

Tenente de Alcalde responsable da Area de Servicios Sociais, Cultura, Deporte e Educación: Ana Mª Fernández Gómez