A REIM é unha rede integrada por escolas infantís de titularidade municipal, xestionadas por concesionarias, que escolarizan a menores de 0 a 3 anos empadroados, preferentemente, no termo municipal do concello da Coruña.

Na actualidade a REIM está constituída por 9 centros:

  • A. Orzán
  • Arela
  • A Caracola
  • Carmen Cervigón
  • Carricanta
  • Os Cativos
  • Luís Seoane
  • Monte Alto
  • Os Rosales
  • A. Orzán
  • Arela
  • Caracola
  • C. Cervigón
  • Carricanta
  • Cativos
  • Luís Seoane
  • Monte Alto
  • Rosales

Menús

Desde o noso comedor tentamos impulsar o coñecemento de todo tipo de cociñas e produtos, apostando por un produto de proximidade, e na medida do posible ecolóxico, optamos por VI&VA Delicatessen como empresa encargada da elaboración e servizo de comedor.

Primeira empresa de comida transportada en quente que utiliza produto ecolóxico ou de proximidade.

É a encargada dos comedores de CEIP Zalaeta, CEIP Sanjurjo de Carricarte, CEIP Juana de Veiga (Oleiros) e IES Menéndez Pidal.

O seu proxecto baséase en suplir a falta de cociñas propias nos colexios e por tanto non ter mais opción que o cátering tan deostado. Apostando por cociñar no horario no que se elaboran as comidas nos colexios que dispoñen de cociña e transportándoa inmediatamente en potas termo ou colector isotermo.

Dita empresa implementa o consumo de verduras e vexetais, aposta polas elaboracións respectuosas co produto, á vez que introduce innovadoras técnicas de cociña.

O noso principal empeño é satisfacer aos nosos comensais, os máis críticos, por ese motivo no comezo da súa alimentación cada alimento elabórase por separado para respectar os seus tempos de cocción e evitar a perda de nutrientes.

En ningunha das elaboracións utilízanse produtos refinados, non se ofrecen alimentos fritos e cada un dos ingredientes do prato leva unha técnica diferente para conseguir que os nenos descubran diferentes texturas.

VI&VA é empresa colaboradora da asociación "5 ao día" que impulsa o consumo de 5 pezas de froitas e hortalizas ao día, por este motivo todas as elaboracións diarias levan como mínimo 4 verduras diferentes.

Os lácteos e carnes que compoñen os menús son de certificación ecolóxica e as froitas e hortalizas que non conseguimos ecolóxicas, son de proximidade; consideramos fundamental o fomento da dieta atlántica que por situación xeográfica é a que nos corresponde, abastecéndonos da horta, gandería e mar da nosa comunidade.

A escola é o fogar dos nosos nenos durante moitas horas e moitos días, comemos en familia. Somos unha familia grande.