A REIM é unha rede integrada por escolas infantís de titularidade municipal, xestionadas por concesionarias, que escolarizan a menores de 0 a 3 anos empadroados, preferentemente, no termo municipal do concello da Coruña.

Na actualidade a REIM está constituída por 9 centros:

  • A. Orzán
  • Arela
  • A Caracola
  • Carmen Cervigón
  • Carricanta
  • Os Cativos
  • Luís Seoane
  • Monte Alto
  • Os Rosales
  • A. Orzán
  • Arela
  • Caracola
  • C. Cervigón
  • Carricanta
  • Cativos
  • Luís Seoane
  • Monte Alto
  • Rosales

Menús

Na escola dámoslle moita importancia á alimentación e á educación nutricional. Contamos cun menú nutricionalmente completo e equilibrado, que intenta cubrir os déficits máis comúns na alimentación infantil. Combinamos ingredientes tradicionalmente presentes nos menús infantís con outros menos consumidos pero nutricionalmente moi valiosos. Utilizamos aceite de oliva virxe extra, cereais integrais, hortalizas e verduras de tempada e de sobremesa, froita e iogur natural.

Igual que ata agora, os alimentos elabóranse na cociña da escola e non utilizamos produtos procesados.

Dispoñemos dun menú apto para celíacos e adaptamos o xeral a posibles alerxias ou intolerancias alimentarias.

O menú está distribuído da seguinte maneira:

  • Luns: o ingrediente principal será o ovo.
  • Martes: exclusivamente proteína vexetal (a base de cereal máis legumes).
  • Mércores: peixe.
  • Xoves: carne.
  • Venres: peixe.