Índice
AVISOS
  • O 10 de setembro do 2015 estará dispoñible nesta web toda a información sobre os programas educativos 2015-2016

  • Pode contactar connosco na dirección gestionim@edu.coruna.es ou no teléfono 981902327

SERVICIO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Ayuntamiento de A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
www.edu.coruna.es

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Servizo Municipal de Educación

Condicións de participación, destinatarios, incrición e prazo

Fichas de solicitude xeral e específica

Acceso e descarga das fichas
Programas educativos do SME Servizo Municipal de Xuventude Servizo Municipal de Deportes Programas educativos doutros servizos municipais Centros educativos de titularidade municipal Outros recursos municipais de interese educativo Outras entidades con interese educativo

NOCTURNIA. Programa de Ocio Saudable

Información xeral
Descrición

O programa de ocio saudable NOCTURNIA, que ofrece a Concellaría de Educación, Deportes e Xuventude concibe un novo uso do chamado tempo libre, entendido como “unha vivencia gratuita e enriquecedora que sempre está contextualizada e relacionada cos nosos valores”.

Será un fin deste programa fomentar propostas de lecer participativo, socioeducativo, de carácter lúdico e aberto nas que poder aproveitar o potencial educativo do ocio para:

  • Xerar procesos lúdico educativos que favorezan o desenvolvemento persoal dos mozos e mozas.
  • Favorecer o achegamento a novas propostas artísticas, deportivas, formativas, etc… co fin de espertar novos intereses e aficións
  • Fomentar o uso e a optimización dos recursos municipais e equipamientos urbanos.
  • Favorecer a implicación e involucración do tecido asociativo da cidade, así como, das entidades de ámbito sociocultural.

O programa preséntase, durante o ano, en tres edicións durante 10 meses, nas que se ofertan arredor de 4.000 prazas en actividades multidisciplinares gratuitas para a xuventude.

Durante os meses previos á realización do programa, realízanse convocatorias dirixidas a colectivos, entidades e ao público en xeral a través das distintas canles de comunicación do Servizo Municipal de Xuventude, para que participen na elaboración e deseño da proposta, xerando así un proxecto global de paticipación xuvenil.

As actividades propostas artellan os catro eixos nos que xira o programa: ámbito deportivo, o artístico-cultural, o formativo-tecnolóxico e o lúdico-recreativo.

Persoas destinatarias

O programa Ocio Saudable Nocturnia vai dirixido a mozos entre 12 e 30 anos.

Nas últimas edicións hai unha vontade de desenvolver e reforzar actividades dirixidas específicamente ao tramo que vai desde os 12 aos 17 anos, nas que o modelo de lecer nocturno non está consolidado, dando prioridade á educación para o ocio e creando un abanico de posibilidades que lles permita nun futuro diversificar as súas opcións e contar con máis alternativas para o seu tempo libre. Estas actividades concéntranse en horarios máis tempranos ou diurnos, tratando de conxugalas co seu público obxectivo.

Período de realización

Nocturnia consta de tres edicións repartidas ao longo do ano na forma que se expón a continuación:

1ª Edición: de febreiro a xuño

2ª Edición: de xullo a agosto

3ª Edición: de outubro a decembro

Horario

As actividades de Nocturnia desenvolvense durante a fin de semana, en horario de tarde / noite.

Custo

O coste é gratuito para as persoas participantes inscritas previamente nas actividades.

Inscrición alumnado

Cada edición do programa conta co seu proceso específico de inscrición.

Para as actividades de cada fin de semana, a inscrición é semanal e realizase a través da web www.coruna.es/nex, no apartado do programa.

No programa de cada edición aparecerá indicado o prazo de inscrición en cada actividade. A inscrición permanecerá aberta das 12.00 h do día indicado no que se abre a inscrición, até o día sinalado no folleto ás 12.00 h ou até esgotar prazas

Novidades para este curso

Máis información

Toda a información do programa pode atoparse en diferentes medios e formatos facilitando o acceso a información a todas as persoas destinatarias.

Información soporte 2.0

Web de información: www.coruna.es/nex

Facebook: Nocturnia Coruña

Twitter: @NocturniaCoruña

Información soporte físico

A cartelería e folletos do programa está dispoñible en:

  • Centro Municipal de Información Xuvenil
  • Espazo de Iniciativas Xuvenís
  • Ágora Centro Sociocultural
  • Forum Metropolitano
  • Rede de Centros Cívicos Municipais
  • Rede de Bibliotecas Municipais
  • Palacio dos Deportes de Riazor
  • Cidade Deportiva da Torre de Hércules
  • Rede de instalacións Deportivas Municipais
  • Centros de Educación Secundaria Obligatoria
  • Centros de Formación Profesional
  • Universidade da Coruña
Centros onde se oferta

As actividades realízanse en diferentes espazos segundo a súa natureza, co fin de achegar a todos os barrios da cidade as diferentes propostas enmarcadas en nocturnia. Algún dos espazos nos que se desenvolven as actividiades son:

  • Espazo de Iniciativas Xuvenís
  • Ágora Centro Sociocultural
  • Fórum Metropolitano
  • Palacio dos Deportes de Riazor
  • Cidade Deportiva de Riazor
  • Polideportiva San Francisco Xabier
  • Polideportiva Novo Mesoiro
  • Centro Cívico Os Rosales
  • Centro Cívico San Pedro de Visma
  • Biblioteca Infantil e Xuvenil
  • AC Manicómicos (espazo)
  • Almacabra (espazo)
  • Praia do Orzán
  • Praia de Oza
  • Espazo urbanos_Cidade Vella
  • Espazos urbanos_parque de Santa Margarita

Entidades colaboradoras

Algunhas das entidades que veñen de colaborar na última edición de Nocturnia son:

Asociación Xuvenil Draco

Asociación Movemento Xove

Asociación Galega de Jugger

Asociación Coruñesa de Skaters

Asociación Cultural Manicómicos

Asociación Cultural Scénica

Asociación Deportiva e Cultural Alquimia

Asociación Cultural Brumas Estigias

Asociación Polbo Ultimate

Scouts Ahadi

Colectivo Precicla

Sociedade Deportiva As Xubias

Colectivo Zumba Galicia

Club de Aikido Mancontro

Colectivo Los Duguis Impro

Centro Quérote+

Cruz Vermella Xuventude

Inscrición
Inscrición alumnado

Cada edición do programa conta co seu proceso específico de inscrición.

Para as actividades de cada fin de semana, a inscrición é semanal e realizase a través da web www.coruna.es/nex, no apartado do programa.

No programa de cada edición aparecerá indicado o prazo de inscrición en cada actividade. A inscrición permanecerá aberta das 12.00 h do día indicado no que se abre a inscrición, até o día sinalado no folleto ás 12.00 h ou até esgotar prazas

Contacto
Información de contacto

Patricia Lesta Zas

juventud@coruna.es

Tel. 981. 184. 200

Para o envío de preguntas, suxestións e propostas, habilítase o seguinte enderezo electrónico:

nocturniacoruna@gmail.com