Índice
AVISOS
  • El plazo de solicitud para las principales actividades estará abierto del 11 al 30 de septiembre de 2017.

SERVIZO MUNICIPAL DE EDUCACIÓN
Concello da A Coruña
Casa Paredes
Avda. da Marina 18
2º e 3º andar
15001 A Coruña
educacion@coruna.es
Teléfono: 981 18 42 00

SOPORTE TÉCNICO
gestionim@edu.coruna.es
Teléfono: 981 90 23 27

Programas educativos del Servicio Municipal de Educación Programas educativos de otros servicios municipales
Centros educativos de titularidad municipal Otros recursos municipales de interés educativo Otras entidades con interés educativo

Fórum Metropolitano

Información general
Descripción

O Fórum Metropolitano é un CENTRO DE SERVIZOS INTEGRADOS no que se atopan situadas unidades que prestan servizos culturais e educativos (biblioteca, cinemas, auditorio, Centro de información xuvenil...) xunto con espazos que prestan servizos de carácter autónomo (centro de actividades sociais), e servizos administrativos.

O centro é un equipamento municipal para a xestión administrativa, a acción cultural e social, con incidente no ámbito sociocultural e cun carácter polivalente que integra unha pluralidade de servizos que buscan cubrir necesidades de individuos, familias e grupos sociais da súa zona de influencia (colectivos do barrio) e da cidade, en xeral, facilitando a convivencia e interacción de persoas de diferente formación, afeccións e intereses (integrador da diversidade) e propiciando a cooperación de asociacións e axentes interesados nunha mesma dinámica (integrador do tecido social).

PROGRAMA DE LECER CULTURAL E SOCIAL

Obxectivos:

  • Dar alternativas para o tempo libre dos cidadáns levando a cabo actividades que permitan o desenvolvemento de distintas habilidades que sirvan para a adquisición de capacidades e que lles resulten gratificantes e enriquecedoras.
  • Promover valores de educación cívica establecendo espazos e momentos de relación social, fomentando a integración das persoas desde un programa formativo e desenvolvendo estratexias para unha mellor convivencia.
  • Utilizar a cidade e os seus recursos como referencia e recurso de formación permanente da cidadanía, co obxecto de converter a cidade e o medio urbano como elementos de onde parten centros de interese permanentes.
  • Potenciar a demanda da cidadanía na oferta de lecer e educación permanente, a través de actividades puntuais que mostren o valor da proposta formativa do Fórum.
  • Fomentar a sociabilidade das persoas, potenciando as relacións entre os participantes e evitando, na medida do posible, a formación de grupos uniformes de idade, sexo, etc.

O programa está constituído por talleres, clubs, círculos, campamentos e outras actividades puntuais.

Nos mais de vinte anos de existencia o Fórum mantén o seu compromiso cas artes ecénicas garantido alo menos unha vez ao mes a posibilidade de asistir a espectáculos teartais de gran calidade .

Durante o mes de setembro ten lugar no Forum Metropolitano FORUMÁXICO, espectáculos de maxia dirixidos a público familiar, nos que nenos e non tan nenos poderán gozar de comedia, drama, teatro ... pero sempre coa maxia como protagonista. Unha proposta que combina distintos tipos de maxia dando por resultado espectáculos ideal para todos os públicos, ideales para o familiar, propostas para ollar e degustar

Todo Público, a programación para maiores de 3 anos, cunha completa selección de espectáculos para iniciar as nenas e os nenos en mundos creativos, para internarse en imaxinativos territorios para a sensibilidade, a memoria emotiva, o adestramento afectivo e a descuberta da beleza e a arte. Una oferta para público familiar no fin de semana e para centros educativos en horario lectivo con mais de 11.000 asistentes anuais.

Sen numerar e a programación escénica para adultos, complementaria do Ciclo Principal do Teatro Rosalía Castro, que permite vivir o teatro do xeito más próximo, grandes traballos en pequeno formato cos que gozarmos de excelentes propostas teatrais nun ambiente case íntimo.

Complementase cunha oferta en horario lectivo para estudantes de secundaria e bacharelato.

Esta programación realizase gracias a la colaboración del AGADIC pois moitos dos espectáculos contan coa axuda da REDE GALEGA

Falando a boca chea, un festival de narración oral que ten como escenario distintos espazos do Fórum. Pretende achegar a xente á narración oral e a través dela abordar todas as cuestións que teñen que ver co individuo como parte da sociedade.

Esta programación profesional compleméntase cos espectáculos e propostas de entidades e grupos afeccionados aos que se lles cede o auditorio.

Cinema no Fórum

Temos dúa salas de cinema (Fernando Rey e Marilyn Monroe) con programación estable de xoves a sábado de setembro a xuño, é unha programación articulada en ciclos mensuais en versión orixinal subtitulada que se complementa no mes de xuño con CINENTERRAZA

Contacto
Información de contacto

FÓRUM METROPOLITANO

Sede: r/ Río Monelos, 1 (15006)

Teléfono: 981 184 293

Fax: 981 184 295

Correo electrónico: forum@coruna.es

Directora: Begoña Llamosas

Correo electrónico: forum@coruna.es

Animadora sociocultural: Laura Cedrón Puente

Correo electrónico: forumocio@coruna.es