Identificación
Curiosidades sobre o poeta do Courel
A continuación ofrécense unha serie de curiosidades sobre o autor plasmadas nun amplo abano de fotografías da súa propia vida como da súa faceta de gravador e diversos vídeos sobre actos conmemorativos que o longo dos seus 69 anos, distintas asociacións e institucións lle foron concedendo.
Galerías de fotografías e gravados.
Dos soños teimosos: Recóllense 12 imaxes que mostran a Uxío polas diferentes etapas da vida –nenez, adolescencia e madurez– así como en intres importantes da súa vida. |
Gravados de Uxío Novoneyra: Preséntanse 32 imaxes de gravados diversos que mostran a outra faceta e sensibilidade do ilustre poeta, da cal apenas se ten información. |
Uxío Novoneyra I: Móstranse 8 imaxes nos que Uxío traballa e recolle lascas de pedra a man. |
Uxío Novoneyra II: Amósanse 5 imaxes, que retratan a Uxío en soidade e fronte a placa conmemorativa de “o Couto” o 18 de maio de 1996. |
Uxío Novoneyra III: Por último retratase en 7 imaxes a Uxío cavilando en soidade. |
Vídeos.
Novoneyra en Baracaldo: Homenaxe diante da placa colocada pola Asociación Cultural Rosalía Castro e o Fato Cultural Daniel Castelao na casa onde viviu –Ramón Cabanillas, no número 26 da rúa dos Fueros de Baracaldo– o día 19 de maio de 1991. |
Uxío Novoneyra 25 Aniversario Grándola vila morena 1997: Uxío, recita a, canción composta por José Manuel Cerqueira Afonso dos Santos, denominada Grândola Vila Morena a cal se usou como sinal para o inicio da Revolución de los Claveis de Portugal o 25 de abril de 1974. |
Uxío Novoneyra, Letras Galegas 1998 Vilaxoán de Arousa: Novoneyra recitando no día das Letras Galegas de 1998 no Fogar do Pescador de Vilaxoán de Arousa. Coidase que foi o derradeiro recital antes do seu falecemento. |
Enterro de Castelao en Bonaval ano 1984: Desde tódolos puntos cardinais, chegan testemuños de condolencia, incluído o de Uxío Novoneyra o cal se atopa presente no seu enterro. |
Ver máis ›› Accede á un amplo repertorio de vídeos dispoñibles en YouTube, sobre a figura deste polifacético poeta galego.