Lei 17/2006 do 27 de Decembro do libro e da lectura de Galicia

Image

A Consellería de Cultura e Turismo aposta por utilizar unha ferramenta tan importante como é a Lei 17/2006 do 27 de Decembro do libro e da lectura de Galicia e traballar nas obrigas que esta lei recolle.

Dita lei publicada no Diario Oficial de Galicia –DOG-, articúlase en 7 capítulos:

  • Capítulo I: disposicións directivas xenerais, ámbito de aplicación e plans de actuación

  • Capítulo II: medidas que afectan aos diferentes axentes que participan no sector do libro

  • Capítulo III e IV: medidas de promoción e fomento do sector do libro e da lectura

  • Capítulo V: creación do Consello Asesor do Libro

  • Capítulo VI: regulación do Depósito Legal na Comunidade Autónoma de Galicia

  • Capítulo VII: control das edicións e protección dos dereitos de propiedade intelectual

Entre os seus obxectivos, busca entre outras cousas, incrementar los índices de lectura en lingua galega, dado que:

Image

Entre as diversas obrigas que a lei recolle, confíanselle á Administración as tarefas de planificación, información e coordinación arredor do libro e da lectura co fin de favorecer a sociedade galega.

Asemade, tamén se recoñece o carácter estratéxico e prioritario do sector do libro como instrumento para a expresión do dereito á creación, á promoción e á divulgación da cultura, da historia e da lingua de Galicia.

Para a consecución de boa parte do que a Lei 17/2006 do 27 de Decembro persegue, dende a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia prevense a elaboración e aprobación de diversos plans e programas de promoción do libro e de fomento da lectura, que dita Consellería entende que é axeitado incardinar no próximo Ano Santo Xubilar 2010, co obxecto de ensamblar ambas realidades.