2010, Ano do Libro e da Lectura en Galicia
Consciente do valor estratéxico do libro como instrumento para a expresión, promoción e a divulgación da cultura, da historia e da lingua da nosa terra, a Xunta de Galicia acordou declarar o ano 2010 como Ano do Libro e da Lectura e invita a todos os galegos a participar nos distintos actos que se están a realizar nesta conmemoración.
Como experiencia pioneira ante a previsión en anos vindeiros, por parte da Xunta de Galicia, de promocionar outras áreas da cultura - artes escénicas, música...-, o goberno galego declarou mediante o Decreto 369/2009, do 23 de xullo, o ano 2010 como Ano do Libro e a Lectura de Galicia.
Incardínanse deste xeito, os programas de actuación e as medidas de promoción do libro e fomento da lectura do Goberno galego, dentro do próximo Ano Xacobeo, que tantos millóns de persoas achega á nosa Comunidade. Con esta iniciativa a Consellería de Cultura e Turismo pretende definitivamente mobilizar todas as organizacións galegas, o sector do libro, os representantes editoriais e demais axentes implicados a favor do fomento da lectura.
Dado que se inicia un ano especial para o mundo da lectura -para axentes, mediadores e lectores- no que se persegue unha acción de maior proxección que ofreza unha forte presenza do libro en toda a nosa Comunidade e un estímulo á lectura máis palpable entre todos os galegos, en consonancia coa celebración do Ano Xubilar, dende a Web educativa do Concello da Coruña, tentamos contribuír a súa difusión e ampliar así a súa visibilidade, tanto na propia Comunidade Autónoma coma nos distintos ámbitos de cultura nos que nos inserimos.
Neste eido, preséntase o seguinte monográfico, estruturado en cinco seccións:
Lei 17/2006 do 27 de Decembro do libro e da lectura de Galicia: coa finalidade de dar a coñecer os aspectos fundamentais que se desenvolven na lei, que sustenta esta iniciativa pioneira do goberno galego.
Recursos educativos en prol da lectura: onde se destacan diversos programas de promoción do libro fomento da lectura e a escrita na nosa Comunidade Autónoma vinculados directamente co eido da lectura na nosa lingua.
Imaxina connosco: espazo no que poderás compartir a túa experiencia lectora co resto da comunidade educativa, detallando os teus escritores e títulos preferidos así coma cales son os tipos de libros que máis che interesan.
¿Ti les? Eu, leo...: soe dicirse que a xuventude actual non le. Nós, non estamos dacordo e queremos demostralo a través dos resultados dunha breve enquisa pechada de cinco ítems sobre as preferencias lectoras dos xoves, demostrando así que nós, tamén lemos!.
Ligazóns de interese: recóllense diversos vínculos cos sitios existentes con material e información en prol do fomento e animación á lectura: Entes galegos vinculados co fomento da lectura, Programas de difusión e animación á lectura e principais Feiras do libro de Galicia previstas para este ano 2010, a través dos cales, desexamos que o libro chegue ao público e o público se achegue ao libro.
-
Lei 17/2006 do 27 de Decembro do libro e da lectura de Galicia
A Consellería de Cultura e Turismo aposta por utilizar unha ferramenta tan importante como é a Lei 17/2006 do 27 de Decembro do libro e da lectura de Galicia e traballar nas obrigas que esta lei recolle.
-
Recursos educativos en prol da lectura
Recursos educativos sobre programas de promoción do libro e fomento da lectura na nosa Comunidade Autónoma, coa finalidade de que resulten de utilidade para o resto da comunidade educativa.
-
Imaxina connosco: O meu libro preferido é...
Espazo no que poderás compartir a túa experiencia lectora co resto da comunidade educativa, detallando os teus escritores e títulos preferidos así coma cales son os tipos de libros que máis che interesan. -
¿Ti les? Eu ,leo...
Breve enquisa pechada de cinco ítems sobre as preferencias lectoras dos xoves, demostrando así que nós, tamén lemos! -
Ligazóns de interese
Diversos vínculos cos sitios existentes con material e información en prol do fomento e animación á lectura a través dos cales. Que o libro chegue ao público e o público se achegue ao libro!